Calendario
Info da proba

# GMTA 4: II Trail Internacional da Ramboia

16/07/2017 9:00 - 14:00
Regulamento # GMTA 4: II Trail Internacional da Ramboia (Padrenda)

Outra proba con dous percorridos para todos os niveis: distancias aínda por determinar, pero

GMTA repite na provincia de Ourense con esta proba que na súa primeira edición foi elixida por unha gran maioría de participantes como "a mellor do Circuito 2016" xa que cumpríu con creces o que prometía... que era entreter de divertir.

Trátase dun percorrido con reiteradas subidas e baixadas nunha zona famosa pola histórica ramboia (contrabando maiormente nocturno entre España e Portugal) que tanto ben fixo á economía local en momentos críticos da historia como os anos da fame na postguerra.

Como non pode ser doutra forma, non fallará a auga e os terreos técnicos combinados con tramos moi corribles e entretidos, así como unha paisaxe chea do verde que caracteriza a nosa terra.