Calendario
Info da proba

# GMTA 2 - Galiñeiro

05/03/2017 9:30 - 15:30
Regulamento # GMTA 2: VII Trail Serra do Galiñeiro

O VII Trail Serra do Galiñeiro é outra das probas que nunca fallou nos seis anos que se leva celebrando o circuito GMTA, e promete seguir danto moitas alegrías aos afeccionados ao "trail puro e duro" característico do noso circuito.

Trátase dunha proba cun percorrido que nalgunha ocasión se ten desdoblado en dúas probas e que se caracteriza polas duras e técnicas subidas ó cumio da Serra do Galiñeiro, un cresteo noroeste sueste por toda a serra, algunhas baixadas poderosas e un perfil que non da tregua ó corredor.

Na edición de 2017 volve a contar con dúas distancias, aínda por definir no seu pormenor, que farán as delicias dos afeccionados.

Outra das características é a fermosa paisaxe que rodea ós participantes e as marabillosas vistas da Ria de Vigo e da Baía de Baiona.