Calendario
Info da proba

# GMTA 1 - Río da Fraga

05/02/2017 9:30 - 14:00
Regulamento # GMTA 1: VII Trail Río da Fraga

As inscricións están abertas dende o 2/1/2017 ata o 29/01/2017 en laptime.es

Trátase dunha das poucas probas que leva organizando GMTA dende o seu primeiro ano, xunto co Galiñeiro e o Courel.

Proba atractiva para os recén incorporados ao mundo do trail polo seu perfil sinxelo, unha distancia asequible e un percorrido cheo de auga e ríos que atravesar, que o fan moi divertido.

Como xa é tradicional, a auga será un dos principais alicientes desta proba xa que antes do segundo km xa estaredes todos ben empapados ata a cintura. Despois de cruzar o Barranco do Faro e o Río da Fraga 4 ou 5 veces xa tanto vos dará caer na lama ou mantervos en pé.

Se o que vos gusta é fatarvos a rír e chegar lixados a meta esta é a vosa proba raíña.

O percorrido deste ano non terá mutacións substanciais respecto do que tivo o último ano, así que os datos básicos son:

- Distancia: 20, 5 km.
- 900 m D +

Este ano hai andaina duns 10 km e doada de facer.

Inscricións en Laptime.