Calendario
Info da proba

Vigo-Carreira do Pavo

18/12/2016 10:30 - 12:30
Regulamento REGULAMENTO
1. A Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo, xunto cos clubs de atletismo
da delegación en Vigo da FGA, ca colaboración do Concello de Vigo, organiza o 55º GRAN
PREMIO PEDESTRE DO NADAL (CARREIRA DO PAVO 2016), a disputar o 18 de decembro
en Vigo, baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces.
2. As carreiras disputaranse no circuíto urbano da Praza de Compostela e arredores
detallado en plano adxunto, co seguinte programa:
Distancia
Hora Categoría Anos Nac. Voltas aproximada Cota
10:30 Benxamín / alevín 2008 - 2009 / 2006 - 2007 1 circuíto A 1 km Gratuíta
10:45 Infantil / cadete 2004 - 2005 / 2003 - 2002 2 circuíto A 2 km Gratuíta
11:00 Absoluta (OPCIÓN 5 km) 1 circuíto B 5 km 5 €
Xuvenil 2000 - 2001
Júnior 1998 - 1999
Sen - Vet 1997 e anteriores
11:00 Absoluta (OPCIÓN 10 km) 2 circuíto B 10 km 7 €
Sénior 1997 e anteriores ata veterán
Veteranos/as A 35 - 39 anos cumpridos
Veteranos/as B 40 - 49 anos cumpridos
Veteranos/as C 50 - 59 anos cumpridos
Veteranos/as D 60 ou máis anos cumpridos
12:30 Entrega de premios
NOTA: As carreiras de 5 e 10 km terán saída conxunta, rematando os que elixan 5 km na primeira volta e os
que elixan 10 km na segunda.
3. Poderán participar cantas persoas o desexen estean ou non federadas. Non poderán
participar atletas españois con axuda económica da RFEA nin atletas estranxeiros que
houbesen realizado (durante a presente tempada ou as dúas anteriores) unha marca igual
ou mellor a 900 puntos de táboa IAAF, segundo recolle o artigo 3.4. do Regulamento para
as competicións de Campo a Través, Marcha, Carreiras en estrada e reunións de pista
cuberta e aire libre para competicións autonómicas da RFEA(1). Esta prohibición non afecta
aos atletas que teñan licenza federativa pola FGA.
(1) http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2016/03_reglamento_comp.pdf
Delegación en Vigo
da Federación Galega de Atletismo
Casa do Deporte - oficina 21 ‒ Rúa Fotógrafo Luis Ksado 17 ‒ 36209 Vigo
986 221 500 · Fax 986 441 216 · vigofga@gmail.com
4. Inscrición. O prazo para a inscrición péchase o día 14 de decembro ás 24 horas.
As inscricións farán constar: DNI (xuvenil e maiores), nome e apelidos, data de nacemento,
equipo e nº de licenza no caso de atletas federados.
Formalizaranse en Deportes Athletics (Avenida de Balaídos 2, Vigo). Ou no formulario web
dispoñible en carreirasgalegas.com.
5. Entrega de dorsais. Os atletas participarán cos dorsais con chip incluído que se
entregarán en Deportes Athletics (Avenida de Balaídos 2, Vigo) o sábado 17 de 9:30 a
13 h. Ou ata media hora antes de cada carreira na Secretaría da Competición, situada
no «Mesón Compostela», na mesma Praza de Compostela.
6. Duchas e consigna. Estarán situadas no Real Club Náutico.
7. Establecese un límite de 1 hora e 20 minutos para completar as probas de 5 e 10 km. A
partir de ese momento pecharase o control de chegada e quen permaneza no circuíto o
fará baixo a súa responsabilidade seguindo as normas de circulación.
8. Nas rúas con beirarrúas estas non forman parte do recorrido.
9. Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo
o circuíto da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos persoais
10. Premios. Concederanse trofeos aos tres primeiros clasificados por cada categoría e
sexo establecidas en cada carreira. Establécense ademais os seguintes premios para a
carreira absoluta de 10 km: un pavo á gañadora absoluta e gañador absoluto, así como
os premios en metálico
da carreira masculina:
1º 300 €, 2º 150 €, 3º 100 €
e da carreira feminina:
1ª 300 €, 2ª 150 €, 3ª 100 €
11. Esta proba forma parte do circuíto Cidade de Vigo de Carreiras Populares.
12. As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non más tarde de 30
minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.
13. Todo o non previsto neste regulamente se resolvera de acordo coas normativas da
FGA, RFEA e IAAF vixentes, nese orden.