Calendario
Info da proba

Ponteareas

31/12/2016 17:30 - 19:00
Regulamento V San Silvestre Solidaria de Ponteareas

REGULAMENTO DA V SAN SILVESTRE SOLIDARIA DE PONTEAREAS e da III SAN SILVESTRE SOLIDARIA INFANTIL 2016

PREVIO Á CARREIRA
Art. 1º.- Todos os participantes polo feito de inscribirse declaran coñecer, entender e aceptar o presente regulamento

Art. 2º.- O Club Taninos Runners Ponteareas, con CIF: G94049871 e o Excelentísimo Concello de Ponteareas ORGANIZAN, o 31 de decembro de 2016, a partires das 16:45 horas a “III San Silvestre Solidaria Infantil” e a “V San Silvestre Solidaria de Ponteareas” sobre un trazado urbano de 5 Km.

Art. 3º.- PARTICIPANTES E CATEGORIAS
Poderán participar todas aquelas persoas, federadas ou non, que o desexen sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos para o efecto pola organización, e cumpran as condicións de participación.

Categorías Establecidas:

A proba absoluta estará aberta a tódolos atletas que teñan cumpridos os 14 anos de idade no día da proba.
Neste ano 2016 celebrarase a III San Silvestre Solidaria Infantil con tres categorías:

- Rapaces e rapazas de 6 e 7 anos cumpridos no día 31 de decembro de 2016, cun percorrido dunha volta ás dúas prazas de Ponteareas, acurtando polo rúa máis ao norte da Praza de Bugallal. Hora inicio: 16:45

- Rapaces e rapazas de 8, 9 e 10 anos cumpridos no día 31 de decembro de 2016, cun percorrido de unha volta as dúas prazas de Ponteareas. Hora inicio: 16:55

- Rapaces e rapazas con 11, 12 e 13 anos cumpridos no día 31 de decembro de 2016, cun percorrido de dúas voltas as dúas prazas de Ponteareas. Hora inicio: 17:05

Art. 4º.- CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN
As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da organización.
O feito de inscribirse implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que se expoñen a continuación:

Cada corredor participa baixo a súa enteira responsabilidade, afirma posuír un nivel de condición física suficiente para afrontar a proba e ter pasado os pertinentes controis médicos de saúde.
A organización non se fai responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a participante.

O/A participante exime de toda responsabilidade á organización que puidese derivarse da súa participación no evento (Ex. perda de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesións, atropelos, agresións...)

Autorízase á organización o uso de calquera imaxe en publicacións, carteis ... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa e por escrito dirixida ao Club Taninos Runners Ponteareas (rúa Oriente 15 – 2º - 36860 Ponteareas)

Non se permitirá a participación de animais nas probas.

A Organización resérvase o dereito a rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións expostos no presente regulamento. No caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflectida neste, estarase ao que dispoña a Organización.

Art. 5º.- INSCRICIÓNS
Farase na PÁXINA WEB: www.taninosponteareas.com dende o día 10 ata o 29 de decembro de 2016 e non se admitirán nin inscricións posteriores nin o mesmo día da proba.

A inscrición será GRATUÍTA
A inscrición na proba é persoal e intransferible.
A inscrición na proba quedará limitada a 750 participantes na proba absoluta.
Para os rapaces limitarase a 250 participantes sumando as tres categorías de idade.

ACCIÓN SOCIAL: Voluntariamente, todos os/as participantes, sexan corredores ou membros da organización e público en xeral, poderán facer unha achega dun produtos alimenticios non perecedoiros, nomeadamente produtos de limpeza e hixiene persoal, e que serán recollidos polo centro de reparto de alimentos da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Ponteareas, na zona de entrega de dorsais.

O DÍA DA PROBA

Art. 6º.- RECOLLIDA DE DORSAIS
Farase na zona de saída, na Praza Maior de Ponteareas, nun lugar habilitado pola organización, entre as 15:30 e as 17:00 do día da proba.
Na mesma zona farase a entrega da bolsa do corredor ao rematar a proba.
Os participantes disporán dun servizo de gardarroupa na zona de saída e meta.

Art. 7º.- PERCORRIDO
As categorías infantís completarán o percorrido:

Saída e chegada na Praza Maior fronte ao edificio da seguridade social, con dirección sur cara a rúa da Esperanza, seguimos pola Praza Bugallal, xiro á esquerda pasando fronte á porta principal da igrexa parroquial para acceder á zona de saída e chegada pola rúa de Oriente.
Rapaces e rapazas de 6 e 7 anos: unha volta acurtada pola rúa da praza de Bugallal que unen a rúa Esperanza coa rúa de Oriente. 16:45 Horas
Rapaces e rapazas de 8, 9 e 10 anos: unha volta. 16:55 Horas
Rapaces e rapazas de 11, 12 e 13 anos: dúas voltas. 17:05 Horas

Categoría absoluta, 14 ou máis anos:

Os corredores completarán 2 voltas ao seguinte circuíto urbano:

Saída e chegada na Praza Maior fronte ao edificio da seguridade social, con dirección sur cara a rúa da Esperanza, xiro á dereita por Morales Hidalgo, xiro á esquerda por Rúa Estrada, xiro a dereita e seguimos pola Praza Bugallal, xiro á dereita por rúa Reveriano Soutullo, xiro á esquerda por rúa Salvaterra, xiro á esquerda por rúa Virxe da Luz, xiro á dereita por Amado Garra, xiro á esquerda por rúa Azorín, xiro á esquerda por Rosalía de Castro, xiro á esquerda para seguir de fronte por rúa Concha Brey, xiro á esquerda pola rúa Virxe dos Remedios, xiro á dereita pola rúa dos mestres, xiro á dereita pola rúa Alfonso Vázquez Fraile, xiro á esquerda pola Rúa Daniel Ojea, xiro á dereita pola rúa Amado Garra, xiro á dereita pola rúa Reveriano Soutullo, xiro esquerda por Avda da Constitución, rúa de Oriente para chegar na segunda volta á Praza Maior

Nº Voltas ao circuíto: 2 Distancia: 5 km aprox.

Horario da saída: 17:30h Avituallamento na Praza Maior ao rematar a proba.

Art. 8º.- SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES
A Organización disporá dun servizo médico formado por un/ha médico, un/ha enfermeiro/a e unha ambulancia, situados na zona de saída e chegada

O Club Taninos Runners Ponteareas dispón dun seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación vixente con número de póliza: 0961270104571, contratado con MAPFRE Seguros.
Así mesmo, todo participante non federado, disporá dun seguro de accidentes, non lesións, soamente para o día da carreira, contratado polo Concello de Ponteareas.

Art. 9º.- DESCUALIFICACIÓNS
O servizo médico da competición, ou o director de carreira, están facultados para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas á organización.

Art. 10º.- PERSOAS NON INSCRITAS
Toda persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade, non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza instaráselle a abandonar o circuíto.
POSTERIOR Á CARREIRA

Art. 11º.- PREMIOS
Polo carácter solidario e non competitivo da proba, non haberá máis premio que o poder correr polas rúas da Nosa Vila o derradeiro día do ano. Non haberá clasificacións, nin podio, nin premios.

Art. 12º.- SERVIZO DE DUCHA
Os participantes disporán dun servizo de ducha no pavillón Álvaro Pino de Ponteareas, aberto ata unha hora despois de finalizar a proba.

Para máis información:
www.taninosponteareas.com
taninosponteareas@gmail.com