Calendario
Info da proba

Touro

17/12/2016 16:45 - 18:45
Regulamento IV CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO
DE TOURO
Sábado 17 de Decembro de 2016
Touro
A partir das 16:45 horas
REGULAMENTO
1.- As probas disputaranse na localidade de Touro (A Coruña). A saída e chegada de
cada proba farase na rúa Isabel II, a carón da casa do Concello e o circuíto
correspondente a cada categoría estará debidamente sinalizado.
2.- Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza
federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega
de Atletismo.
3.- A inscrición da proba absoluta (de junior-promesa a veteráns) poderá realizarse na
web www.emesports.es ata o xoves 15 de decembro ás 23:59 horas.
A inscrición das carreiras escolares (de pitufo a xuvenil) farase a través da páxina web
www.emesports.es ; a data límite de inscrirción será o xoves 15 de decembro ás 23:59
horas.
PREZOS DA INSCRICION
CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a xuvenil incluídos): GRATUITA
PROBA ABSOLUTA (de junior-promesa a veteráns): 4 € por participante
* O pago da inscrición poderá realizarse pola pasarela de pago da páxina web
www.emesports.es. Para calquera dúbida co proceso de inscrición poderán poñerse en
contacto cos teléfonos 654 285 692 (de martes a venres de 09:00 a 15:00) ou 981 504
029 en horario de 09.00 a 14.00 horas de luns a venres ou no em@il
info@emesports.es.
Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da
carreira.
4.- Os dorsais retiraranse na secretaría da organización ubicada na Casa do Concello, a
carón da SAIDA das probas, con prazo límite 30 minutos antes de cada proba
correspondente.
5.- PREMIOS
Percibirán trofeos:
 Os 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no presente
regulamento, masculinos e femininos e tamén os tres primeiros/as clasificados/as
da proba junior–promesa, senior e veteranos masculino e feminino.
 Os tres primeiros atletas locais da proba absoluta, tanto masculinos como
femeninos tamén recibirán trofeo. Para optar a este trofeo será imprescindible estar
empadroado no Concello de Touro.
 O primeiro clube masculino e o primeiro clube femenino na clasificación final,
establecida pola suma dos catro primeiros clasificados e catro primeiras clasificadas
do clube na clasificación individual final. Nesta clasificación só se admitirá a
participación de clubes federados que deberán inscribir os seus atletas de xeito
individual marcando a opción de “participa na clasificación de clubes” en cada
inscrición.
Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous
trofeos. A entrega de trofeos farase ao rematar a carreira.
6.- Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu dorsal ou non o leve colocado de
xeito correcto na zona anterior do corpo, será automaticamente descualificado. Nas
probas cronometradas con chip deberán efectuar a súa devolución unha vez cruzen a liña
de meta.
7.- Os participantes deberán colocarse na zona de saída 10 minutos antes do comezo da
súa proba.
8.- Os atletas que obteñan algún premio poderáselles solicitar que acrediten a súa idade
coa presentación do DNI ou pasaporte.
9.- As reclamacións aos resultados oficiais formularánselle ao xuíz árbitro da competición
non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos resultados.
10.- O horario das saídas poderá ser modificado, a criterio do xuíz árbitro da proba, en
función do número de participantes de cada categoría.
11.- Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordo co Regulamento da
FGA e RFEA para probas en ruta en vigor.
Categorías e horarios
CATEGORIA ANO DE NACEMENTO HORA DISTANCIAS
Junior-Promesa 1995-1996-1997-1998-1999 16:45 h 10000 m aprox
Senior 1994 ata veteranos 16:45 h 10000 m aprox
Veterano A masculino Nados entre 1981 e 1971 16:45 h 10000 m aprox
Veterano B masculino Nados entre 1970 e 1961 16:45 h 10000 m aprox
Veterano C masculino Nados no 1960 e anteriores 16:45 h 10000 m aprox
Veterana D feminino Nados entre 1981 e 1966 16:45 h 10000 m aprox
Veterana E feminino Nados no 1965 e anteriores 16:45 h 10000 m aprox
Pitufo Nados en 2012 e posteriores 18:55 h 150 m
Prebenxamín Nados en 2010-2011 18:50 h 300 m
Benxamín 2008-2009 18:40 h 1000 m
Alevín 2006-2007 18:25 h 2000 m
Infantil 2004-2005 18:25 h 2000 m
Cadete 2002-2003 18:00 h 3000 m
Xuvenil 2000-2001 18:00 h 3