Calendario
Info da proba

Ares - Mugardos

31/12/2016 11:00 - 12:00
Regulamento NORMATIVA DA PROBA:
“ Carreira de fin de ano 2016 ares-mugardos-ares”.
 DATA: 31 DE DECEMBRO DE 2016.
 HORARIO: Saída ás 11 da mañá.
 LUGAR: Avda de Mugardos no concello de Ares.
 DISTANCIA A PERCORRER: 10 km (non homologados)
 IDADE: Ter cumpridos 14 anos na data da proba.
 CLASIFICACIÓN: A clasificación e a cronometraxe será por chip e realizada
por xuíces da Delegación ferrolá da FGA.
 INSCRICIÓNS: Límite de 500 prazas. Ate o 27 de decembro na páxina
carreirasgalegas.com
Retiradada de dorsais e agasallo no mesmo Pavillón polideportivo de Ares de
8,30 a 10,30 o día da proba.
PREZO DA INSCRICIÓN: 3 €. A ingresar a través da páxina web
carreirasgalegas.com
 PERCORRIDO: Ares-Mugardos-Ares. Según rutómetro que segue.
Ás 11 horas concentración previa a saída da proba enfronte á pista exterior do
colexio público de Ares, na Avda. Celso E. Ferreiro. Saída, dirixíndose rúa
abaixo 50m. ata intersección ca Avda de Mugardos. Dirección paseo marítimo
da vila de Ares, a través da Avda. de Mugardos, a partires de eiquí a proba
discurrirá polo Paseo Marítimo da vila, xirando á esquerda ata Parque
Rosalía, dende alí cruzará á Rúa do Mazote pola que seguirá ata entrar na
AC130 en dirección a Mugardos pasando polo Alto de Simou, Avda.
Francisco Yáñez Badía, ata a intersección no Cruce dos Catro Camiños, onde
seguirá de fronte cara abaixo pola Rúa Os Corzás, ata a intersección ca Avda.
de Mugardos, por onde seguirá tras xirar a esquerda e pasando pola Casa do
Concello de Mugardos, ata a intersección ca rúa do Peteiro por onde seguirá
ata a zona das Mareas, xirando nesa altura á esquerda para continuar pola
Rúa do Cristo pasando pola altura do Instituto, cruce do cemiterio e pavillón
deportivo municipal, ata chegar á zona dos Catro Camiños, onde xirará a
dereita para continuar pola de novo pola Francisco Yáñez Badía e AC130
dirección a Ares, xa alí entrada pola Avda de Mugardos e pequena subida ata
a meta enfronte á pista exterior do colexio públicode Ares.
Chegada e fin da proba, sendo as 12 horas. Avituallamento sólido-líquido.
O tempo estimado da proba é de entre 32 min. ( o mellor dos tempos
agardados) e 1 hora.
 Avituallamento sólido e líquido para todas as persoas participantes ao chegar
á meta.
Ao remate da carreira farase unha clasificación xeral por tempos nunha categoría
única. Todas as persoas participantes que rematen a proba participarán no sorteo de
cestas do Nadal.
As dúbidas e interpretación das normas serán resoltas segundo a normativa en vigor
da FGA para probas de estas características