Calendario
Info da proba

Cross Guillelme Brown, Pereiro de Aguiar

03/12/2016 10:30
Regulamento "XXI CROSS GUILLELME BROWN"
O sábado 3 de decembro de 2016 celebrarase o "XXI Cross Guillelme
Brown", atendendo ás seguintes normas:
1.- HORARIO, CATEGORÍAS E PERCORRIDO:
10:30
Cadete Feminino Xuvenil Feminino
2001-2002 1999-2000
3 voltas (2.520m)
10:45
Cadete Masculino Xuvenil Masculino
2001-2002 1999-2000
4 voltas (3.360 m)
11:00
Infantil Feminino
2003-2004
2 voltas (1.680 m)
11:15
Infantil Masculino
2003-2004
3 voltas (2.520 m)
11:30
Alevín Feminino
2005-2006
1 volta (840 m)
11:45
Alevín Masculino
2005-2006
2 voltas (1.680 m)
12:00
Benxamín Feminino
2007-2008
1 volta (840 m)
12:10
Benxamín Masculino
2007-2008
1 volta (840 m)
12:20
Prebenxamín
2009 e posteriores
400 m
12:30
Pais, nais e profesores do colexio
2 voltas (1.680 m)
12:45
Absoluta
1998 e anteriores
5 voltas (4.200 m)
13:30
Entrega de trofeos
2.- PARTICIPACIÓN:
Poderán participar todos os colexios, clubes e asociacións convidadas ao efecto cun só equipo por categoría sen número límite de corredores/as, e calquera atleta que o desexe a nivel individual.
3.- INSCRICIÓNS:
As inscricións realizaranse por escrito en impresos separados por categorías e equipos ata un límite de 500 inscricións.
Remitiranse ao colexio Guillelme Brown preferiblemente por correo electrónico (colegiogb@gmail.com) no formato habilitado para facelo ou por teléfono (988-259589) antes do martes 29 de novembro .
O día da proba poderanse realizar os cambios que sexan precisos ata 30 minutos antes do inicio de cada proba.

4.- DORSAIS:
Os dorsais serán facilitados pola organización e entregaranse 30 minutos antes do inicio do cross.
5.- CLASIFICACIÓNS:
Establécense dúas clasificacións:
a) Individual; segundo a orde de entrada en meta.
b)Por equipos; sumando os puntos obtidos polos catro atletas mellor clasificados/as de cada equipo, resultando vencedor o equipo que sume menor número de puntos.
6.- PREMIOS E TROFEOS:
a) Trofeo aos dous mellores equipos clasificados nas categorías benxamín,
alevín, infantil e cadete, tanto masculino como feminino.
Ojo morado Medalla aos tres primeiros/as clasificados/as en cada categoría.
c) Bolsas a todos os participantes que cheguen á meta.
A clasificación será individual e por categorías (Prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil e absoluta, tanto masculino como feminino).
7.- OUTROS APARTADOS:
1.- Debido ao carácter popular e sobretodo gratuíto da proba, o colexio contará con 350 bolsas deportivas como agasallo para os participantes, que serán preferentemente para as categorías escolares e para os adultos en función da súa orde de chegada e ata acabar as existencias.
2.- Os corredores/as deberán situarse na zona de saída cinco minutos antes do inicio, unha vez avisados polos xuíces.
3.- Aqueles corredores que posúan licencia federativa deberán indicar na ficha de inscrición o seu número.
4.- Ao longo do percorrido haberá controis a cargo da organización.
5.- A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que se deriven da mencionada proba.
6.- O colexio Guillelme Brown facilitará un autocar para desprazamento dos equipos da cidade que presenten un mínimo de 30 participantes.
7.- Debido ao espíritu totalmente deportivo e popular da proba, non se admitirán reclamacións.
8.- Aqueles aspectos que non contemple este regulamento serán decididos tendo en conta o regulamento da Federación Galega de Atletismo.
"A Merteira", 2 de novembro de 2016.
A DIRECTORA
Asdo.- Ma Isabel Seara Mosquera.

https://www.facebook.com/ColexioGuillelmeBrown/posts/1185511181535424:0