Calendario
Info da proba

Lousame

11/12/2016 11:00 - 13:00
Regulamento REGULAMENTO
II DUATLON TRAIL DE LOUSAME
PERCORRIDO:
 A saída darase nas inmediacións da base de Protección Civil de Lousame, situada
en Aldeagrande, Concello de Lousame as 11:00h.
 Os atletas deberán situarse na zona de saída 10 minutos antes do comenzo da
proba.
 O percorrido desenrolarase maioritariamente nun circuito polo monte, constara de
unha primeira carreira a pe de 6Km. nun circuito de 3Km. o que se lle darán duas
voltas, logo farase a carreira en BTT, a cal transcurrirá por un circuito de 6Km. no
cal se completarán 3 voltas, para asi facer un total de 18Km. A segunda carreira a
pe transcurrirá polo mesmo circuito que a primeira, pero só se dará unha volta de
3Km.
 A organización non pode garantir a cobertura en todo o longo do percorrido.
 A organización, nun punto determinado do percorrido, establecerá un control para
retirar a todolos participantes sin dorsal.
 Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de
chegada.
 A organización vai dispoñer de un box no parking de Protección Civil no cal
estarán situadas as bicicletas e onde os participantes poidan deixar o mateiral e
facer a transicción para a carreira a pé. A entrada na zona de box facerase a pé a
partir dun punto debidamente balizado, o participante que non a respete e continue
na bicicleta a partir dese punto será descalificado. No box soamente poden estar
os atletas participantes, estando prohibido o acceso a calquer outra persoa allea a
proba.
PARTICIPANTES:
 O número máximo de inscritos será de 150.
 Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso
dalgún vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicará a
descalificación dos atletas acompañados.
 Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira
participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o requer, asi
como a todos aqueles que corran sin dorsal.
 Os participantes están obrigados a auxiliar a outros participantes que precisen de
axuda, así como a respetar as regras de circulación nos tramos e cruces de
carreteiras.
 Os participantes están cubertos por un seguro de accidentes deportivo nas
seguintes condicións:
 Finamento por accidente: 6.000 €
 Invalidez por accidente: 12.000 €
 Asistencia sanitaria en centros concertados: ILIMITADA
 Os participantes asumen que existe o risco dun accidente de gravidade, e están
nas súas mans prever e minimizar ese risco evitando unha actuación que o poña
en peligro a él ou a terceiros.
 Os participantes son conscientes que non sempre se pode acceder cos servicios
de emerxencia adecuados a todas as zonas do percorrido.
 Os participantes deben empregar con dilixencia os equipos de protección propios
adecuados ademais daqueles que a organización considere obrigatorios (casco).
Os equipos de protección deben empregarse sempre ca finalidade e uso que foron
deseñados.
 Os participantes son responsables daquelas accións que causen un dano moral,
material ou físico a outros participantes e a terceiras persoas.
 A idade mínima é de 16 anos. Calquer membro da organización pódelle pedir a un
participante que acredite a súa idade co DNI (ou similar).
 O Clube BTT O TREITO non se fai responsable dos danos morais ou materiais que
ocasione a participación nesta carreira.
 A organización facilitará o tempo final da proba, non se dispondrá de tempos
intermedios.
 Cada participante é o responsable de localizar e seguir as marcas que balizan o
percorrido.
 Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de
chegada.
MATERIAL:
 É obrigatorio o uso –adecuado- do casco no tramo de BTT.
 É recomendable antes de tomar a saida portar un bidón ou recipiente con líquido e
en cantidade suficiente para poder superar a proba.
 É recomendable levar un teléfono móvil con batería e saldo para estar en contacto
ca organización si fora preciso.
 É obrigatorio levar roupa axeitada ás condicións climatolóxicas reinantes no día da
proba. A organización resérvase o dereito a retirar a calquer corredor que non
cumpla esta recomendación.
 A tódolos/as participantes facilitaráselle un dorsal, que deberán levar en lugar
visible ata o remate da carreira, sendo descalificado o corredor que chegue sen
dorsal.
 A organización non se responsabiliza do deterioro, perda, ou extravío do material
empregado durante a proba.
INSCRICIÓNS:
 Prazo de inscrición ábrese o 31 de Novembro e remata o 8 de Decembro as 23:00.
 As inscricións realizaranse unicamente a través da
web http://dualousame.galitiming.com/ nun formulario habilitado para tal fin.
Poderase comprobar na mesma web a listaxe de inscritos.
 O prezo da inscrición é de 10 €. A inscrición da dereito a participar na proba,
cobertura do seguro, servizo de duchas situadas no pavillón de deportes (PILAR
BARREIRO), e a un regalo da proba.
 O pago realizarase a través da pasarela de Galitiming.com .