Calendario
Info da proba

Ribadumia

18/12/2016 10:30 - 12:30
Regulamento 5º DUATLÓN CROSS DE RIBADUMIA – 18 decembro 2016
REGULAMENTO E RUTÓMETRO
1. Organiza:
 -Asociación Cultural e Deportiva Herminio Barreiro de Ribadumia
2. Data:
 Domingo 18 de decembro do 2016
3. Saída:
 Ás 10:30 da mañá saída conxunta de tódalas categorías masculina e feminina
dende a zona próxima á ponte de Cabanelas, a altura do muiño vello, donde
estará a zona 0 da competición, saída, meta, paso de volta e boxes.
4. Horarios:
Hora Acto Lugar
09:00 a 10:00 Recollida de dorsais Zona antigo muiño saída e
meta
(Cabanelas – Ribadumia)
09:30 a 10:15 Control de material Boxes
10:15 Reunión técnica –
explicación percorrido
Antigo Muiño (saída e meta
da proba)
10:30 SAIDA Na liña de saída
5. Distancias:
 5 km de carreira a pé – 18 km en bicicleta de montaña – 2,5 km de carreira a
pé.
6. Instalacións:
 Local para organización: Muiño vello de Cabanelas
 Megafonía e locución: Muiño vello de Cabanelas – Ribadumia
2
 Vestiarios, duchas e mangueira para lavado de bicis: Instalacións do
Ximnasio Municipal de Ribadumia, nas instalación náuticas aledañas á
proba
 Como chegar:
https://goo.gl/maps/DaMJpknTMNF2
7. Inscricións:
A inscrición realizarase on-line, a través da web de EME SPORTS
http://emesports.es/
Ata o luns, 12 de decembro do 2016 as 23:59 horas. Límite de prazas: 180
participantes.
Non se admitirán inscricións incompletas ou fóra de prazo. Todas serán confirmadas na
web.
Prezo: 15 €
8. Categorías:
Establécense as seguintes categorías baseándonos no
ano de nacemento.
 Veteranos, a partir de 40 anos (nados no1976 ou antes) ,
 Senior, dende os 19 os 39 anos (nados de 1977 a 1997)
 Junior, entre 16 e 18 anos (nados en 1998 - 2000)
A proba está aberta para deportistas federados e non federados nas categorías arriba
indicadas.
9. Sistema de cronometraxe:
Sistema de cronometraxe por chip. Haberá control de paso de volta e paso por boxes.
10. Información e contacto:
Enderezo electrónico: aso.herminio.barreiro@gmail.com
Paxina web: http://duatloncrossribadumia.com
http://emesports.es/
11. Premios:
Entregaranse trofeos ós tres primeiros clasificados de cada categoría (m/f) e ós tres
primeiros equipos clasificados. Tamén se terá recoñecemento o deportist@ máis
veterano e o 1º clasificad@ do concello de Ribadumia.
Premios en metálico: Os premios en metálico establécense para as categorías
masculina e feminina para os primeiros clasificados, segundo a seguinte táboa,
establecida para unha inscrición por sexo superior a 35 participantes ou para 35
participantes ou menos. (ver seguintes táboas).
3
Táboa 1. Categoría masculina e/ou feminina se se
superan os 35 inscritos, en cada unha.
Posto Premio
PRIMEIRO Clasificad@ absolut@ 350 €
SEGUNDO Clasificad@ absolut@ 200 €
TERCEIRO Clasificad@ absolut@ 120 €
CUARTO Clasificad@ absolut@ 80 €
QUINTO Clasificad@ absolut@ 50 €
SEXTO Clasificad@ absolut@ 40 €
SÉTIMO Clasificad@ absolut@ 30 €
OITAVO Clasificad@ absolut@ 20 €
NOVENO Clasificad@ absolut@ 15 €
DÉCIMO Clasificad@ absolut@ 15 €
Táboa 2. Categoría masculina e/ou feminina se non
se superan os 35 inscritos, en cada unha.
Posto Premio
PRIMEIRO Clasificad@ absolut@ 120 €
SEGUNDO Clasificad@ absolut@ 100 €
TERCEIRO Clasificad@ absolut@ 80 €
CUARTO Clasificad@ absolut@ 50 €
QUINTO Clasificad@ absolut@ 30 €
 Este baremo é establecido pola organización para unha igualdade competitiva en
ambos sexos; no caso de que nunha das dúas categorias se supere os 35
inscritos e na outra non, seguirase a táboa correspondente en cada caso.
 En caso de non superarse no seu conxunto a inscrición de 100 participantes, a
organización, para garantir a viabilidade da proba, poderá decidir aplicar os
premios da taboa 2 a ambas categorías, con independencia do número de
inscritos en cada unha delas.
12. Regulamento da proba:
A proba rexerase polas normativas vixentes do Regulamento Oficial de Competición da
Federación Española de Triatlón.
13. Percorrido: (o percorrido final faráse público 15 días antes na web do
evento: duatloncrossribadumia.com). Este percorrido pode ser modificado pola
organización, ou recortado segundo estime oportuno por condicións climatolóxicas ou
outras causas.
4
 1ª carreira a pé 5 km. (dúas voltas ó circuito de carreira). O 1º sector de
carreira a pé consta dun treito de 2.500 m sinalado convenientemente, ó que
se dá DÚAS VOLTAS, que vai polo trazado delimitado ó longo da ribeira do
Umia na zona de Cabanelas; será por terra con firme irregular nalgunhas
zonas.
 18 km BTT (catro voltas ó circuito BTT). O sector de ciclismo constará de
CATRO VOLTAS. A saída estará na área de transición, ó carón do Muiño vello,
en Cabanelas. O percorrido, que descorrerá polo trazado delimitado ó longo da
ribeira do Umia na zona de Cabanelas, será por terra con firme irregular
nalgunhas zonas.
 2ª carreira a pé 2,5 km (unha volta ó circuito de carreira). 2º sector de
carreira a pé consta dun treito de 2.500 m sinalado convenientemente, o que
se dará UNHA VOLTA, que descorrerá polo trazado delimitado ó longo da
ribeira do Umia na zona de Cabanelas; será por terra con firme irregular
nalgunhas zonas.
Os planos da proba publicaranse na web da mesma,
duatloncrossribadumia.com, e tamén no sitio de EME Sports.
14. Avituallamentos.
Avituallamento sólido e líquido en zona de post-meta.
15. Suspensión da proba ou cambio de data.

Debido as características do terreo polo que transcorre o Duatlón Cross
Ribadumia, puidera darse o caso de que unha enchenta do río obrigase á
organización á suspensión da proba; nese caso, que podería darse incluso nas
horas ou minutos previos o inicio da mesma, a organización terá a potestade
de suspender a edición da proba ou, se o considera, de modificar a data por
outra posterior na que sexa posible a realización da proba, en cuxo caso a
inscrición non será reembolsable.
16. Aceptación do regulamento.
Formalizar a inscrición implica a aceptación deste regulamento. Calquera
cuestión ou circunstancia non recollida nel será resolta pola organización.