Calendario
Info da proba

San Silvestre Santiago

31/12/2016 18:00 - 19:15
Regulamento A Federación Galega de Atletismo organiza co patrocinio do Concello de Santiago
de Compostela a través do seu departamento de deportes, a IV Carreira San
Silvestre de Santiago de Compostela que terá lugar o 31 de decembro de 2016
a partir das 18:00 horas da tarde.
Esta proba continua co labor de concienciación sobre os beneficios que a
actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns,
tal e como se fixo no V Circuito de Carreiras Saudables de Santiago rematado o
pasado 15 de outubro.
As probas estarán suxeitas o seguinte:
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa
clasificación conxunta. O control técnico das carreiras estará a cargo do Comité
Galego de Xuices (Federación Gallega de Atletismo).
2. A SAÍDA da proba será ás 18:00 horas desde a Praza do Obradoiro. A zona de
META estará ubicada tamén na Praza do Obradoiro.
3. A idade mínima para poder tomar parte na proba será a de aqueles atletas
nados/as no ano 2007. A organización non se fará responsable dos atletas
menores da idade mínima esixida neste regulamento (ano 2007, categoría alevín),
polo que non poderán participar oficialmente na proba.
4. CATEGORIAS E HORARIOS
Haberá unha única proba:
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO DISTANCIA HORA
CATEGORÍA
ESCOLARES do 2002 ó 2007 5,5 km aprox. 18:00 h
CATEGORÍA
ADULTOS 2001 e anteriores 5,5 km aprox. 18:00 h
ENTREGA DE PREMIOS AS 19:15 HORAS
A SAIDA DA PROBA REALIZARASE DESDE A PRAZA DO OBRADOIRO
ÁS 18:00 HORAS
5. INSCRIPCIONS
ONLINE
 As inscricións da categoría ESCOLARES (do 2002 ao 2007) poderán realizarse
na web www.sansilvestresantiago.com, con data límite o mércores 28 de
decembro ás 22.00 horas.
 As inscricións da categoría ADULTOS farase tamén a través da web
www.sansilvestresantiago.com, con data límite o mércores 28 de decembro ás
22.00 horas.
Deberán rellenar o formulario cos datos requeridos e finalizar o proceso de
inscrición (poderán consultar o listado provisional de inscritos en dita web).
Máis información en www.carreirasgalegas.com e www.atletismogalego.org
e www.fgatletismo.es/santiago .
PRESENCIAL
A inscrición presencial poderase realizar nos seguintes puntos:

> Multiusos Fontes do Sar (de luns a sábado de 09:00 a 21:00 horas)
> Complexo Deportivo de Santa Isabel (de luns a sábado de 09:00 a 21:00 horas)
Deberán rellenar o formulario de inscrición no lugar e presentar a copia do
xustificante de ingreso da cota de inscrición na conta da Federación Galega de
Atletismo de A Banca nº ES82 2080 0068 7830 4001 indicando no concepto o
nome e apelidos do atleta participante (o pago da cota de 6 € farase só en caso de
atletas nados en 2001 e anteriores).
PREZOS DA INSCRICION
 CATEGORIA ESCOLARES (do 2002 ao 2007 incluídos): GRATUITA
 CATEGORÍA ADULTOS (2001 e anteriores): 6 €
* O pago da inscrición poderá realizarse pola pasarela de pago das páxinas web
www.sansilvestresantiago.com e www.carreirasgalegas.com e presencialmente
seguindo as instruccións desta modalidade de inscrición.
Para calquera dúbida co proceso de inscrición poderán poñerse en contacto co
teléfono 981 291 799 (Federación Galega de Atletismo), ou no em@il
info@sansilvestresantiago.com.
Teléfonos de información xeral da proba:
981 291 799 / 981 528 730
Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o
día da proba.
Em@il de información info@sansilvestresantiago.com .
6. PREMIOS E AGASALLOS
Trofeo para as/ós 3 primeiros/as clasificados/as da categoría escolares (5,5 km
aprox.)
Trofeo para as/ós 3 primeiros/as clasificados/as da categoría adultos (5,5 km
aprox.)
Premio participación ao clube de atletismo federado masculino con máis
INSCRITOS ADULTOS na proba.
Premio participación ao clube de atletismo federado femenino con máis
participantes INSCRITOS ADULTOS na proba.
Premio participación ao GRUPO POPULAR con máis participantes inscritos na
proba (deberán reflexar o mesmo nome na inscrición).
Premio participación a EMPRESA con máis participantes inscritos na proba
(deberán reflexar o mesmo nome na inscrición).
Premio participación ao Centro Deportivo ou Ximnasio con máis participantes
inscritos na proba (deberán reflexar o mesmo nome na inscrición).
Premio ao mellor disfraz de grupo
Premio ao mellor disfraz individual
7. A recollida de dorsais realizarase nos seguintes prazos:
 LUGAR:OPTICA VAL, Praza Roxa, 8 Santiago de Compostela
 Horarios e días:
- 29 de decembro de 16:00 a 20:30 horas
- 30 de decembro de 11:00 a 20:30 horas
- 31 de decembro de 11:00 a 17:00 horas
Na proba todos atletas correrán cun chip que irá situado na parte traseira do dorsal
que non poderá manipularse. Permitirase correr disfrazado, pero o dorsal deberá
levarse de xeito visible na zona anterior do corpo.
8. CIRCUITO
O circuito está publicado na web www.sansilvestresantiago.com .
A Saída e Meta será desde a Praza do Obradoiro.
9. A Organización resérvase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou
circunstancia non contemplada neste regulamento. A participación nas probas
suporá a total aceptación deste Regulamento. Queda totalmente prohibido correr
na proba sen estar previamente inscrito. Prégase precaución na proba polo alto
volumen de participantes na mesma. A seguridade é o primeiro.
10. Haberá servicio de duchas no polideportivo municipal de Lorenzo de la Torre
(López Ferreiro). Previamente publicarase o horario de apertura nas webs da
carreira.
11. Todo o non recollido no presente regulamento rexirase pola normativa de probas
en ruta da FGA e da RFEA en vigor.
RESPONSABILIDADE
A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse
os participantes por imprudencias ou neglixencias destes. Igualmente, o participante
declara, baixo a súa responsabilidade, terse realizado o oportuno recoñecemento
médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, eximindo á
organización da devandita responsabilidade.
A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá
as incidencias inherentes á proba.
LOPD
Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e
imaxen nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo
e mediantea súainscrición o corredor consente expresamente que os seus datos
básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de
seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a
xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como
establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os
seusdereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou
correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13- 15008 A
Coruña.