Calendario
Info da proba

O Pino

30/04/2017 10:00 - 13:00
Regulamento
XIV CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE O PINO 2017
O Concello de O Pino celebra a décimo cuarta edición da súa Carreira Pedestre Popular o domingo 30 de abril de 2017 na localidade de Arca – Pedrouzo (N-547 Santiago-Lugo, a 20 km de Santiago de Compostela) baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago). Esta proba pertence ao V CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA. As probas estarán suxeitas ó seguinte:
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo.

2. CATEGORIAS DOS PARTICIPANTES:

* BIBERÓN: atletas nados en 2013 e posteriores
* PREBENXAMIN: atletas nados en 2010, 2011 e 2012
* BENXAMIN: atletas nados en 2008 e 2009
* ALEVIN: atletas nados en 2006 e 2007
* INFANTIL: atletas nados en 2004 e 2005
* CADETE: atletas nados en 2002 e 2003
* XUVENIL: atletas nados en 2000 e 2001
* JUNIOR: atletas nados en 1998 e 1999
* PROMESA: atletas nados en 1995, 1996, 1997
* SENIOR: atletas nados em 1994 ata veteráns
* VETERANOS/AS 1: de 35 a 40 anos cumpridos o día da proba
* VETERANOS/AS 2: de 41 a 49 anos cumpridos o día da proba
* VETERANOS/AS 3: de 50 a 59 anos cumpridos o día da proba
*VETERANAS/AS 4: a partir de 60 anos cumpridos
* CANICROSS: nados/as en 2002 e anteriores

TODA A INFORMACION RELATIVA AO CANICROSS POPULAR (REGLAMENTO TÉCNICO)
PODERASE CONSULTAR NA WEB www.asociacionacade.com

3. DISTANCIAS E HORARIOS:
HORA PROBA DISTANCIA
10:00 h CANICROSS POPULAR 3100 m (1 volta ó circuito alternativo)
10:45 h JUNIOR, PROMESA, SENIOR e VETERÁNS 8100 m (1 Volta Grande + 1 P + 1 G + 1 P)
11:35 h CADETE MASCULINO e XUVENIL (M/F) 3186 m (1 Volta Grande)
12:00 h INFANTIL (M/F) e CADETE FEMENINO 1928 m (1 Volta Mediana)
12:15 h BENXAMIN e ALEVIN 850 m (1 Volta Pequena)
12:25 h PREBENXAMIN 500 m (1 Volta Prebenxamín)
12:30 h BIBERON 300 m (1 volta ó circuito pitufo)
13:00 h ENTREGA DE TROFEOS CASA DA CULTURA

PLANO DAS PROBAS


4. INSCRICIONS

› PROBAS ESCOLARES (prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil).
Poderán realizarse a través do link http://emesports.es/event/xiv-carreira-pedestre-popular-concello-de-o-pino-2017/, rellenando os datos solicitados nos campos dos formularios de inscrición.
Teléfono de información: 981 511002.
A inscrición será GRATUITA para as probas escolares.

› CATEGORIAS DE ADULTOS (junior, promesa, senior e veteráns).
As inscricións realizaranse a través do link http://emesports.es/event/xiv-carreira-pedestre-popular-concello-de-o-pino-2017/
O prezo da inscrición será de 5 € que deberán abonar no momento da inscrición pola pasarela habilitada a tal efecto.

› CANICROSS (2002 e anteriores).
As inscricións realizaranse a través do link http://emesports.es/event/canicross-popular-concello-de-o-pino-2017/ (información en www.asociacionacade.com ). O prezo da inscrición será de 5 € que deberán abonar no momento da inscrición pola pasarela habilitada a tal efecto.
TODOS OS ATLETAS QUE PARTICIPEN NO CANICROSS PODERÁN FACELO
GRATUITAMENTE NA CARREIRA PEDESTRE. DEBERÁN REMITIR UM EMAIL A DIRECCIÓN
deportes@concellodeopino.com INDICANDO ESTA CIRCUNSTANCIA.

Para calquer dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán chamar ó teléfono 981 511 002
ou 654 285 692 en horario: 10:00 - 15:00 horas de luns a venres.

INSCRICION POR CLUBES

Para a entrar na premiación por clubes deberán inscribirse os atletas individualmente na web
www.emesports.es e remitir un correo electrónico a dirección deportes@concellodeopino.com
cos datos do clube xunto co listado de atletas que participarán na proba selado pola Federación
Galega de Atletismo ou Delegación correspondente no seu defecto. SEN ESTE CORREO
ELECTRÓNICO NON PODERAN OPTAR OS PREMIOS POR CLUBES. Na clasificación por clubes
poderán entrar os atletas das categorías JUNIOR, PROMESA, SENIOR e VETERANS.
Admitiranse inscricións ata o mércores 26 de abril de 2017 ás 23:59 horas. NON SE ADMITIRAN
INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN O DIA DA PROBA. Os dorsais recolleranse na
SECRETARÍA DA COMPETICIÓN sita no Centro Sociocultural Luis Seoane (CASA DA CULTURA) ubicada
fronte ó polideportivo municipal con prazo límite ata media hora antes do inicio de cada proba.

5. PREMIOS

› Trofeo para os 3 primeiros clasificados das categorías establecidas (en mulleres e homes) agás na
categoría biberón que non haberá clasificación nin premios.
› Trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da carreira absoluta (JUNIOR,
PROMESA, SENIOR e VETERANS).
› Trofeo o participante máis xoven e o máis veterano que logre concluir a proba polos seus propios
medios e sen axudas externas.
› Trofeo e bono de 1 sesión de masaxe cortesía de FISIOTERAPIA ARCA para os 3 primeiros
clasificados homes e mulleres do Concello na carreira absoluta.
› Trofeo para os 3 primeiros equipos masculinos e femeninos clasificados na clasificación final.
› Trofeo aos 3 primeiros / as clasificados/as do canicross.
› Trofeo para o clube, entidade ou colectivo que aporte máis participantes á proba.
› Agasallo e bebida para todos os participantes.
› Medalla para o primeiro/a clasificado local das categorías escolares (de prebenxamín a xuvenil
incluido) e para tódolos participantes das categorías biberón a alevín.
Os trofeos non serán acumulativos agás os correspondentes ós atletas locais.

PREMIOS EN METÁLICO
(Só para a Carreira JUNIOR, PROMESA, SENIOR e VETERANS)
PREMIOS INDIVIDUAIS
1º Clasificado/a: 300 €
2º Clasificado/a: 200 €
3º Clasificado/a: 100 €
4º Clasificado/a: 75 €
5º Clasificado/a: 50 €

PREMIOS POR CLUBES
1º Clube federado masculino: 200 € 1º Clube federado femenino: 200 €
2º Clube federado masculino: 100 € 2º Clube federado femenino: 100 €
3º Clube federado masculino: 75 € 3º Clube federado femenino: 75 €

A clasificación por clubes será establecida a través dos 6 primeiros corredores en cruzar a líña de
meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 6º compoñente. Os clubes poderán ser masculinos ou femeninos, pero non poderán ser mixtos.

SÓ SE ADMITIRÁ A PARTICIPACIÓN DE CLUBES FEDERADOS NOS PREMIOS EN METALICO, que
terán que presentar o listado dos atletas co selo oficial da Federación Galega de Atletismo ou no seu defecto da Delegación correspondente. Na confección do clube non poderán entrar atletas pertencentes a outros clubes nin filiais do mesmo.
Os premios serán aboados a través de transferencia bancaria, para o cal os atletas e equipos gañadores terán que facilitar os datos bancarios e persoais (fotocopia do DNI) unha vez finalizada a carreira.

6. A participación de atletas extranxieros e de outras federacións autonómicas rexirase de acordo co disposto no artiglo 3.4. do "Reglamento para las competiciones de la temporada de campo a través, marcha, carreras en carretera, y reuniones de pista cubierta y aire libre” da tempada 2017-2018. Máis información de esta norma en:

7. As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó xuíz árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da FGA, e RFEA. en vigor.

8. Haberá Servicio de Duchas no Polideportivo Municipal (fronte a SECRETARIA DE COMPETICIÓN), e no Campo de Fútbol sito a carón da SAIDA das probas.

Máis información nas webs:
 www.emesports.es
 www.carreirasgalegas.com
 www.fgatletismo.es/santiago
 www.atletismogalego.org
 www.correrengalicia.org
 www.asociacionacade.com