Calendario
Info da proba

Trail Galaica Noia

11/12/2016 10:30 - 14:00
Regulamento
TRAIL GALAICA CONCELLO DE NOIA


Data: 11 de decembro de 2016
Lugar: Noia
Hora de Saída: 10.30 horas
Distancia aproximada: 22 km
Inscricións:
Track da ruta: [url=http://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=15356420]Track PROVISIONAL DO TRAIL GALAICA CONCELLO DE NOIA


INFORMACIÓN PROBA

DATA: 11 DE DECEMBRO 2016
LUGAR DE SAÍDA: PROXIMAMENTE
LUGAR DE META: PROXIMAMENTE
HORA DE SAÍDA: 10:30 HORAS
DISTANCIA APROXIMADA: 22,8 KM
DESNIVEL POSITIVO: 1015 m
DESNIVEL ACUMULADO: 2100 m
DIFICULTADE TÉCNICA: MEDIA
APERTURA DE INSCRICIÓNS: LUNS 14 DE NOVEMBRO
PECHE DE INSCRICIÓNS: XOVES 12 DE OUTUBRO ÁS 23.59 HORAS
PREZO: 14 €
RECOLLIDA DE DORSAIS: A PARTIR DAS 09.00 HORAS NO LUGAR DE SAÍDA
ENTREGA DE PREMIOS: 13:00 HORAS NO LUGAR DE META
PREMIOS E AGASALLOS: 3 PRIMEIROS/AS CLASIFICADOS/AS DA PROBA E POR CATEGORÍAS.
PREMIOS NON ACUMULATIVOS. AGASALLO DE ORGANIZACIÓN PARA TODOS OS
PARTICIPANTES
SERVIZOS: SERVIZO DE FISIOTERAPIA NA ZONA DE META
SERVIZO DE DUCHAS NO CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL DE NOIA

3 PUNTOS DE AVITUALLAMENTO. 2 NO PERCORRIDO E 1 NA META

AVITUALLAMENTO 1: KM 7 APROXIMADAMENTE. LÍQUIDO.
AVITUALLAMENTO 2: KM 14 APROXIMADAMENTE. LÍQUIDO E SÓLIDO
AVITUALLAMENTO 3: LIÑA DE META

RECOMÉNDASE A TODOS OS ATLETAS LEVAR MOCHILA DE HIDRATACIÓN OU AVITUALLAMENTO LÍQUIDO PROPIO. ATE O KM 7 APROXIMADAMENTE NON HABERÁ AVITUALLAMENTO DE ORGANIZACIÓN.

PRESENTACIÓN DO CIRCUITO

Trail Galaica é un circuito de carreiras de montaña que se realizará a partir do mes de febreiro nos montes de Galicia.
Tratará de ensalzar, a partir dunha actividade deportiva de moda como o trail, os montes galegos e poñelos en sintonía cos deportistas
que acepten o "reto" do trail de montaña.
Acunando o lema de “será por monte”, trail galaica trata de resaltar a nosa Galicia como unha das comunidades autónomas con máis
montaña onde case todos os concellos posúen un outeiro, unha peneda ou unha montaña emblemática.

ARTIGO 1 PARTICIPACIÓN

Neste circuito poderá participar calquer deportista maior de 18 anos ou con 18 anos cumpridos o día da proba na que desexe participar.
Exclusivamente se permitirá a participación de atletas de 16 e 17 anos coa correspondente autorizacióm paterna/materna ou do seu
titor/a.
Todos os participantes inscritos nos prazos precisos correrán cunha licenza de día que incluirá un seguro de accidentes deportivos e de
responsabilidade civil. As probas estarán federadas en atletismo.
No circuito poderase participar de xeito individual ou como equipo. Os equipos terán que estar formados por un máximo de 6
compoñentes e un mínimo de 4; deberán inscribirse baixo o mesmo nome de equipo, requisito imprescindible (non é obrigatorio que
sexan federados).

ARTIGO 2 CATEGORÍAS DE PARTICIPACIÓN

As categorías establecidas para o circuito TRAIL GALAICA 2016, serán as seguintes:
TRAIL GALAICA

CATEGORÍA DATAS DE NACEMENTO

SENIOR De 18 anos cumpridos o día da proba ata veteranos
VETERANOS 1 Entre 35 e 40 anos o día da proba
VETERANOS 2 Entre 41 e 49 anos cumpridos o día da proba
VETERANOS 3 50 anos cumpridos o día da proba en adiante
VETERANAS 1 Entre 35 e 45 anos cumpridos o día da proba
VETERANAS 2 De 46 anos cumpridos o día da proba en adiante
ABSOLUTA De calquera categoría recollida no presente regulamento


ARTIGO 3 SISTEMA DE CLASIFICACIÓN

En cada proba do circuito realizarase unha clasificación xeral por orde de chegada. Tamén realizarase unha clasificación por categorías
e sexo de onde se extraerán as premiacións de cada proba.

ARTIGO 4 CARACTERÍSTICAS DAS PROBAS

Todas as probas estarán debidamente sinalizadas e terán as seguintes características:
Distancias entre 15 e 22 km (Trail e Minitrail)
Servicio de fisioterapia
Duchas e vestiarios
Servicios médicos obrigatorios
Agasallo organizativo
Avituallamentos líquido e sólido
Sistema de cronometraxe por chip

ARTIGO 5 CALENDARIO DAS PROBAS
O seguinte calendario poderá sufrir alguna variación nas datas das derradeiras probas do circuito.

DATA PROBA
28 DE FEBREIRO TRAIL GALAICA AMES
20 DE MARZO TRAIL GALAICA SANXENXO
8 DE MAIO TRAIL GALAICA A POBRA
29 DE MAIO TRAIL GALAICA MUROS
23 DE XULLO TRAIL GALAICA NOCTURNA BOBORÁS
16 DE OUTUBRO TRAIL GALAICA A BAÑA
11 DE DECEMBRO TRAIL GALAICA NOIA
ARTIGO 6 PRESERVACIÓN DO MEDIO AMBIENTE E CONNIVENCIA COAS NORMAS DE TRÁFICO

Todas as probas disputaranse en entornos naturais, moitos deles protexidos. Prégase a todos os participantes que depositen os
desperdicios nos puntos de recollida de lixo habilitados pola organización. O monte e de todos. Depende de nós coidalo.
Regulación do tráfico nas probas: aínda que tratarase en todo momento de que as probas estean permanentemente pechadas ao
tráfico, haberá probas nas que nalgún punto dos percorridos os atletas deban "convivir" cos posibles vehículos que transiten polos mesmos.

ARTIGO 7 PUNTUACIÓNS E CLASIFICACIÓNS

En cada proba do circuito haberá unha premiación individual tomando como referencia as categorías establecidas no presente regulamento.
Ao remate do circuito, celebrarase unha Gala nalgún dos Concellos anfitrións, onde se tomarán como referencia as seguintes variables:

- Número de participacións: para entrar nesta premiación final deberase ter participado alo menos en 5 probas do circuito, collendo como referencia as mellores puntuacións obtidas en ditas probas.
- En cada proba establecerase unha puntuación por orde de chegada, sumando un número de puntos igual ao posto obtido na proba.
- En caso de empate decidirán os mellores postos obtidos nas clasificación das diferentes probas do circuito.
- Para a clasificación por equipos, premiaranse aos 3 mellores equipos do circuito, podendo ser estes masculinos, femeninos ou mixtos. Sumaranse as 4 mellores puntuacións dos seus 4 mellores compoñentes.

ARTIGO 8 SISTEMA DE INSCRICIÓN

A inscrición individual ás probas do circuito farase a través da páxina web www.trailgalaica.com . Nesa páxina web realizarase tamén as seguintes inscricións:

1.- INCRICIÓNS POR EQUIPOS (marcando a opción “PARTICIPO NA CLASIFICACIÓN DE EQUIPOS”). Esta deberá realizarse nas 3 primeiras probas do circuito marcando a opción correspondente. E IMPRESCINDIBLE QUE TODOS OS COMPOÑENTES DO EQUIPO REFLEXEN DE XEITO PRECISO NA
INSCRICIÓN O NOME DO MESMO.

2.- INSCRICIÓN INDIVIDUAL AO CIRCUITO . Esta deberá formalizarse durante nas 3 primeiras probas do circuito. Deberá marcarse a opción correspondente de “PARTICIPO EN CIRCUITO”.

ARTIGO 9 AGASALLO FINAL
Ainda que en cada proba darase un agasallo organizativo, todos os corredores que completen a participación en 5 das 7 probas do circuito, recibirán un agasallo personalizado de TRAIL GALAICA.