Calendario
Info da proba

Pontecesures

08/12/2016 11:30 - 13:30
Regulamento Xoves 8 de decembro de 2016
Praza do Coche de Pedra (Pontecesures)
A partir das 11:30 horas
O Concello de Pontecesures organiza a XVII edición da súa carreira popular na
localidade de Pontecesures o xoves 8 de decembro a partir das 11:30 horas e de
acordo ao seguinte:
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación
conxunta. O control técnico das carreiras estará a cargo do Comité Galego de Xuices
(Federación Galega de Atletismo).
2. Categorías dos participantes e horario das probas:
CATEGORIAS E HORARIOS
CATEGORIA ANOS NAC DISTANCIA HORA
PITUFOS/AS 2012 e posteriores 200 m 13:15 h
PREBENXAMIN 2010/2011 500 m 11:30 h
BENXAMIN 2008/2009 850 m 11:40 h
ALEVIN 2006/2007 850 m 11:50 h
INFANTIL-CADETE 2004/2005 - 2002/2003 1.700 m 12:00 h
XUVENIL/JUNIOR De 1998 a 2001 4 Kms aprox 12:20 h
PROMESA/SENIOR De 1983 a 1997 4 Kms aprox 12:20 h
VETERANOS/AS A De 1972 a 1982 4 Kms aprox 12:20 h
VETERANOS/AS B 1971 e anteriores 4 Kms aprox 12:20 h
ENTREGA DE PREMIOS AS 14:00 HORAS NO CENTRO
SOCIAL
A SAIDA DE TODAS AS PROBAS REALIZARASE DESDE
A PRAZA DO COCHE DE PEDRA (PONTECESURES)
3. INSCRICIONS
 A inscrición da proba absoluta (de xuvenil/junior a veteranos) poderá realizarse
nas webs www.carreirasgalegas.com e www.fgatletismo.es/santiago
con data límite o luns 5 de decembro ás 22 horas*.
 A inscrición das carreiras escolares (de pitufo a cadete) farase tamén a través
das páxinas web www.carreirasgalegas.com e
www.fgatletismo.es/santiago (data límite: luns 5 de decembro ás 22
horas).
Deberán rellenar o formulario cos datos requeridos e finalizar o proceso de
inscrición (poderán consultar o listado provisional de inscritos en ditas webs).
PREZOS DA INSCRICION
 CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a cadetes incluídos): GRATUITA
 PROBA ABSOLUTA (de xuvenil/junior a veterán): 5 €
* O pago da inscrición poderá realizarse pola pasarela de pago das páxinas web
www.carreirasgalegas.com e www.fgatletismo.es/santiago.
Para calquera dúbida co proceso de inscrición poderán poñerse en contacto co teléfono
981 291 799 (Federación Galega de Atletismo), ou no em@il
FGAsantiago@gmail.com.
Teléfonos de información xeral da proba:
986 564 410 / 986 564 403 (Concello de Pontecesures)
Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día
da proba.
4. PREMIOS E AGASALLOS
Camiseta para os 200 PRIMEIROS atletas chegados a meta na proba
absoluta. Repartiranse tamén camisetas de regalo para os atletas das
categorías escolares.
Trofeos ós 3 primeiros/as clasificados/as da xeral (4 km aprox.) (premios NON
acumulativos).
Medallas ós/ás 3 primeiros/as de cada categoría establecida no regulamento da
proba, agás na categoría pitufo onde non haberá clasificación (entregarase
medalla a todos os participantes).
Trofeo o/a participante máis veterano/a que logre concluir a proba.
5. A entrega de dorsais terá como tempo límite 30 minutos antes de cada proba e
realizarase no Centro Social de Pontecesures [no día da proba de 9.00 a
11.15 horas], a carón da saída das probas. Os dorsais colocaranse nun lugar
visible na parte anterior do corpo, preferentemente na zona do peito, respectándose
a publicidade existente neles. Na proba absoluta os atletas correrán cun chip que irá
situado na parte traseira do dorsal.
6. Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes e tamén a
entrada ao circuíto de toda persoa allea á carreira.
7. A Organización resérvase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou
circunstancia non contemplada neste regulamento. A participación nas probas
suporá a total aceptación deste Regulamento.
8. Haberá servizo de duchas no Pavillón Polideportivo Municipal de Pontecesures.
9. Todo o non recollido no presente regulamento rexirase pola normativa de probas en
ruta da FGA e da RFEA en vigor.