Calendario
Info da proba

Carballo

17/12/2016 16:30 - 18:30
Regulamento IV PEDESTRE DO ANLLÓNS –TROFEO DE NADAL.
EN CARBALLO, O 17 DE DECEMBRO DE 2016.
ANTECEDENTES E FILOSOFÍA DA PROBA
O club deportivo OS MUDITOS organiza en Carballo xunto coa FGA e a empresa Viraxes
sl a 4ª edición da Pedestre do Anllóns-Trofeo de Nadal. Os Muditos é un club de atletismo que
pretende promocionar este deporte en Carballo; ante o auxe desta práctica deportiva entre os
veciños e veciñas do noso concello organizamos esta carreira no Anllóns pois é sen ningunha
dúbida o mellor lugar en Carballo para realizar unha carreira pedestre, onde se fomenta a
práctica de actividade física saudable nun marco incomparable escapando do bullicio de
coches do centro e tamén case sen tocar o asfalto, desenvolvéndose a proba por camiños de
zahorra, herba e terra ao largo do río e rodeado de árbores e tranquilidade.
Esta proba ten un carácter popular, non profesional, na que pode participar todo o que
desexe. PROBA GRATUITA PARA TOD@S, maiores e pequen@s.
COLABORADORES E PATROCINADORES
Colaboran na proba: Concello de Carballo, Policia Local Carballo, PC Carballo,
Decathlon Marineda, Deputación da Coruña…
Patrocinan a proba entre outras as seguintes empresas: Ortodix, lotería Alexandra,
EFA Fonteboa…
LUGAR DE SAÍDA:
Pavillón Vila de Noia.
CATEGORÍAS
CATEGORÍA ANOS DE NACEMENTO
PITUFO 2010 E POSTERIORES
BENXAMÍN NADO/AS 2008 E 2009
ALEVÍN NADOS/AS 2006 E 2007
INFANTIL NADOS/AS 2004 E 2005
CADETE NADOS/AS 2002 E 2003
XUVENIL-XUNIOR NADOS/AS ENTRE 1998 E 2001
PROMESA-SENIOR NADOS/AS 1997 ATA 35
VETERANO A DESDE QUE CUMPREN 35 ATA 50 ANOS
VETERANO B DESDE QUE CUMPREN 50
HORARIOS
HORARIO CATEGORÍAS DISTANCIA
16:30 H Xuvenil-Xunior, Promesa-Senior, Vet A e Vet B 8,09 km
17:30 H Cadete e Infantil 2,05 km
17:50 H Alevín e benxamin 440 m
18:00 H Pitufos 130 m
18:30 H ENTREGA DE PREMIOS E SORTEO
RECORRIDOS
Carreira de maiores 8,09 km
Carreira cadetes e infantís 2,05 km

Carreira alevíns e benxamíns 440 m
Carreira pitufos 130 m
A organización se o paseo do río está inundado ten previsto un recorrido alternativo para a
carreira de maiores e a de infantís-cadetes. Ademais este ano hai obras no entorno do Choris e
se non están rematadas a saída será na vila de Negreira (paralela a vila de Noia)
INSCRICIÓNS
As inscricións tanto na categoría de maiores como nas probas dos/as pequenos/as é
gratuita.
Na categoría de maiores o límite de participantes é de 500 participantes.
A data límite de inscrición para a proba de maiores é o martes, 13 de decembro ás
24:00, xa que esta proba será controlada por chip.
Para inscribirse na carreira de maiores realizarase na páxina web da Federación Galega
de Atletismo www.carreirasgalegas.com sendo necesario en todos os casos aportar os
seguintes datos: Nome e apelidos, data de nacemento, NIF con letra, localidade, federado ou
non email de contacto e teléfono.
As inscricións das probas de nen@s permanecerán abertas hasta o día 13 de decembro
ás 24:00. Non levan chip, a categoría de pitufos. Os datos necesarios para a inscrición
d@spequen@s serán os seguintes: Nome e apelidos, data de nacemento, localidade,
autorización pai/nai.
Na categoría de pequen@s non hai límite de participantes.
A inscriciónpara as categorías de pequen@s realizarase na páxina web da Federación
Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com
RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS
O xoves, 15 de decembro poderanse retirar os dorsais e os chips na tenda de
Decathon Marineda en horario de apertura e tamén o mesmo día da pedestre, atá media
hora antes do comezo de cada proba.
CONTROL DE CHEGADA
O cronometraxe correrá a cargo da Federación Galega de atletismo.
Tódalas reclamacións deberán realizarse verbalmente ao Xuíz Arbitro, non mais tarde
de 30 minutos despois de publicados os resultados oficiais.
A o largo do recorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos.
Os puntos kilométricos estarán señalizados na carreira dos maiores.
As clasificacións de todas as probas poñeranse no tablón de resultados o remate de
cada proba.
AVITUALLAMENTO O FINAL DAS PROBAS E SERVIZO DE DUCHAS
O final de cada proba entregarase @s deportistas bebida, froita…
Tamén se dispondrá no pavillón Vila de Noia de duchas con auga quente.
Darase o final da proba un chocolate.
PREMIOS, SORTEO E CAMISETA CONMEMORATIVA
Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados e as tres primeiras clasificadas na
carreira absoluta.
Recibirán medallas os tres primeiros e as tres primeiras clasificadas de cada categoría,
menos os pitufos que levarán tod@s @s participantes medalla.
Recibirán un premio especial o primeiro e primeira clasificado/a do concello de
Carballo.
A entrega de premios será ás 18:30 hs no pavillón municipal da Vila de Noia.
Darase camiseta conmemorativa da proba aos 200 primeiros/as clasificados/as da
carreira absoluta donadas polas empresas Lotería Alexandra, Viraxes sl e Ortodix, e
sortearemos 50 camisetas donadas pola Deputación da Coruña entre o resto de participantes.
Debido o carácter festivo da proba realizarase tamén un sorteo de productos de
deporte. Vales de compra das tendas deportes San Remo, Zocas e Atmósfera Sport.
SEGURO DE ACCIDENTES E RESPONSABILIDADE CIVIL
Tod@s @s participantes inscrit@s estarán amparados por unha póliza de seguro de
accidentes e responsabilidade civil concertada por o club deportivo Os Muditos. Estarán
excluidos os derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia das
leis,… Tamén quedarán excluidos os producidos por desprazamentos a ou dende o lugar no
que se desenvolve a proba.
Todo o non recollido no presente Reglamento rexisare polas normas da FGA, RFEA e
IAAF.
RÍO ANLLÓNS O SEU PASO POR CARBALLO