Calendario
Info da proba

Cangas

04/12/2016 10:00 - 13:00
Regulamento XLIII TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS
Memorial Pepe Cordeiro
REGULAMENTO
1. O Club Atletismo Vila de Cangas, co patrocinio do Ilmo. Concello de Cangas e a Fundación
Cangas Deporte , organizan o XLIII TROFEO DE PEDESTRISMO - Memorial Pepe Cordeiro, que
terá lugar o domingo, día 4 de decembro de 2016.
2. As categorías e horarios das carreiras é o seguinte:
- Minibenxamín (2010-11)
- Benxamín (2008-09)
- Alevín (2006-07)
- Infantil (2004-05)
- Cadete (2002-2003)
- Xuvenil / Junior (1998-99-00-01)
- ABSOLUTA: Senior / Veteráns A (+35 anos) / Vetaráns B (+45 anos)
CIRCUITO URBAN DA ALAMEDA VELLA
- 10.00 h: BENXAMÍN …………………….……………..……..................................………… 500 m.
- 10.15 h: ALEVÍN …………………………………………..…………............................……… 1.000 m.
- 10.30 h: INFANTIL ………………………………….………….……..................…....………… 1.500 m.
- 10.45 h: MINIBENXAMÍNS ………………………………………...…....................…….……. 250 m.
- 11.00 h: CADETE MULLERES …………………………………………..…......................…. 2.000 m.
- 11.15 h: CADETE HOMES …………………………………...........................……........… 3.000 m.
- 11.30 h: XUVENIL-XUNIOR................................................................................. 6.000 m.
- 12.00 h: ENTREGA TROFEOS

CIRCUITO PORTO ALDAN-CASCO URBAN DE CANGAS
- 12:00 h: CATEGORIA ABSOLUTA : (SENIOR - VETERÁNS - homes e mulleres):
Saída: Porto de Aldán / Meta: Estación de Autobuses ......... 10.000 m.
- 13.30 h: ENTREGA TROFEOS
Fundación Deportiva Municipal Concello de Cangas / Rúa Real, 29- 36940 Cangas (Pontevedra)
Tlf: 986 39 21 66 / fundacion.deportes@cangas.gal
3. INSCRIPCIÓNS:
- As inscricións deberán efectuarse antes das 23.59 h do domingo, día 27 de novembro. O coste da
inscripción será de 7 € para os participantes da carreira absoluta de 10.000 m., que ademáis levarán
chip de control de tempos. Os participantes que non dispoñan de chip amarelo en propiedade
deberán pagar 1 € en concepto de aluger de chip, que deberán devolver unha vez finalizada a proba.
No resto de categorías, a inscrición é gratuíta.
- As categ. absolutas deben pagar con tarxeta de crédito habilitada para PAGO SEGURO POR INTERNET.
- Tódalas inscricións, incluidas as dos menores, formalizaranse na web: www.championchipnorte.com
- Non se admitirán inscricións fora das datas previstas para elo.
4. Para facilitar o traslado dos participantes a parroquia de Aldán, porase a disposición deles un servicio
de autobuses que sairán da Estación de Autobuses de Cangas ás 10.15 h e 10.30 h, e que terá un
importe de 1 € a ingresar coa inscrición.
5. A organización habilitará un vehículo especial no Porto de Aldán para os participantes na carreira de
10.000 m., para o traslado das mochilas/bolsas ata a zona de meta en Cangas.
6. Os atletas participaran cos dorsais asignados pola Organización, quedando ven visible a súa
publicidade.
7. Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuito da
carreira, non levar dorsal ou manipular éste e falsificar datos persoais.
8. Otorgaranse trofeos ós tres primeiros clasificados en tódalas categorías, e asimesmo entregaranse
medallas do 4º o 10º clasificado nas categorías minibenxamín / benxamín / alevín e infantil.
9. Na categoría de veteráns, haberá unha soa categoría, a excepción de que compitan máis de 20 atletas
en cada unha delas; nese caso, na entrega de trofeos, desdoblaranse en dúas categorías: +35 anos e
+45 anos.
10. Os dorsais deberán ser recollidos nos puntos establecidos pola organización, alo menos 45’ antes do
inicio da proba:
- CARREIRAS MENORES: Praza de Abastos
- CARREIRAS ABSOLUTAS: Nave Deportes Naúticos de Aldán
11. As reclamacións sobre a Competición deberán facelas a organización do evento.
12. O Concello de Cangas, a Fundación Cangas Deporte, o Club Atletismo Vila de Cangas e os seus
colaboradores non se fan responsables sobre os posibles danos que con motivo da competición poidan
corresponder ante o seguro deportivo ou outra modalidade.
13. A inscripción neste XLIII Trofeo de Pedestrismo Ilmo. Concello de Cangas implica a total aceptación do
perceptuado no presente Regulamento.
Cangas, a 20 de outubro de 2016