Calendario
Info da proba

Coruña10

08/10/2017 10:00 - 12:00
Regulamento REGULAMENTO XERAL
Art. 1 - DATA
O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan o próximo 8 de outubro de
2017 na Coruña a XI Carreira Popular Coruña10. A proba, incluída no calendario oficial de
competicións da FGA e da RFEA, disputarase a través dun circuíto urbano homologado pola
RFEA.
Art. 2 - HORARIO
A saída da proba será ás 10.00 horas na avenida da Habana.
A saída da carreira para persoas discapacitadas en cadeira de rodas darase con antelación á
absoluta, e o seu horario definitivo será comunicado antes da data da carreira.
Art. 3 – CIRCUÍTO
A proba realizarase sobre a distancia de 10 Km. O percorrido está medido e homologado pola
Real Federación Española de Atletismo e discorre sobre asfalto na súa totalidade. O percorrido
estará debidamente sinalizado e terá marcados todos os puntos quilométricos. A carreira farase
unicamente pola calzada do tráfico rodado en todo o seu ancho, sen utilizar ningunha zona peonil.
Está prohibido usar como zona de carreira as beirarrúas, sebes centrais, zonas axardinadas etc.
O non cumprimento desta norma, así como recortar sobre o trazado oficial, poderá supoñer a
descualificación das persoas infractoras.
ART. 4 - CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA
As carreiras estarán controladas polo Comité Nacional de Xuíces da RFEA e o Comité Galego de
Xuíces da FGA.
Art. 5 - PECHE DE CONTROL DA CARREIRA
Por cuestións organizativas o peche da meta producirase unha hora despois da entrada na meta
da primeira persoa clasificada. Pasada esa hora os/as corredores/as que permanezan en carreira
deberanse retirar do circuíto.
Art. 6 - CATEGORÍAS
- Júnior, nados/as en 1998 e 1999
- Promesa, nados/as en 1995, 1996 e 1997
- Sénior, nados/as desde 1994 ata veteranos
- Veteranos/as 1: De 35 a 40 anos cumpridos ata o día da proba
- Veteranos/as 2: De 41 a 49 anos cumpridos ata o dia da proba.
- Veteranos/as 3: De 50 a 59 anos cumpridos ata o dia da proba
- Veteranos/as 4: A partir de 60 anos cumpridos ata o dia da proba
- Discapacitados/as en cadeira de rodas: nados/as en 1999 e anos anteriores
2
Art. 7 – INSCRICIÓN E COTA
a) A través da pasarela de pago inserida na páxina en liña da Federación Galega de Atletismo
www.carreirasgalegas.com Estará operativa desde a publicación deste regulamento, ata as
23.59 horas do 1 de outubro de 2017.
Ojo morado Presencial: Cubrindo a folla de inscrición e abonando a correspondente cota, no Departamento
de Deportes do Corte Inglés, desde o martes 1 de agosto de 2017 ata as 22:00 horas do 23
de setembro de 2017.
Cota de inscrición:
• Primeiro prazo: até o 24 de setembro: 5 €
• Segundo prazo: até o 1 de outubro : 8 €
Art. 8 - DEVOLUCIÓN PARCIAL DA COTA
Só se devolverá a cota de inscrición en caso de lesión e/ou enfermidade, se se presenta un
informe médico, ata unha semana antes da realización da proba, na Federación Galega de
Atletismo (Avda. de Glasgow, 13 - Edificio Federacións. 15008, A Coruña).
No caso de non presentar o citado informe, non se realizará ningún reembolso. Para outros
supostos xustificados, a organización valorará se procede a devolución da cota.
LOCALIZACION CENTROS COMERCIAIS EL CORTE INGLÉS LOCALIDADE
RAMÓN Y CAJAL Departamento de Deportes
(7ª andar)
Ramón y Cajal, 57 y 59 A Coruña
MARINEDA CITY Departamento de Deportes
(2ª andar)
Carretera Baños de Arteixo,
s/n. Polígono Industrial da
Grela
COMPOSTELA Departamento de Deportes Rúa do Restollal, 50 15702
Santiago de Compostela, A
Coruña
Santiago de Compostela
(A Coruña)
VIGO Departamento de Deportes C/ Gran Vía, 28, Vigo,
Pontevedra
Vigo (Pontevedra)
3
Art. 9 - ENTREGA DE DORSAIS
As persoas participantes serán informadas do lugar e horario da entrega de dorsais con chip
integrado. É aconsellable retiralo con anterioridade ao día da carreira.
Art. 10 - UTILIZACIÓN DE DORSAIS E CHIPS
Os dorsais co chip integrado, persoais e intransferibles, son exclusivos para esta carreira, e
deberán ir colocados na parte frontal do corpo de forma totalmente visible, sen dobraduras e sen
manipulacións, e así se deberán levar durante toda a proba.
A organización non admitirá persoas corredoras que non estean inscritas ou que corran sen dorsal
e/ou chip, e impedirase que teñan acceso á carreira en defensa dos dereitos das
regulamentariamente inscritas. Non se permitirá a participación co dorsal e chip correspondentes
a outra carreira ou corredor/a, con máis dun dorsal e/ou chip ou con dorsal falsificado ou distinto
do oficial.
Calquera infracción destas normas supoñerá a descualificación das persoas corredoras afectadas.
Art. 11 – COLOCACIÓN PREVIA
As persoas participantes deberanse colocar na zona acoutada que lles corresponda na saída,
segundo o dorsal que se lles asignase.
Estableceranse polo menos cinco caixóns de saída. Deberán estar nos seus postos 10 minutos
antes do disparo oficial de saída.
Art. 12 – SISTEMA DE CRONOMETRAXE
O control da carreira estará dirixido polo Comité Galego de Xuíces e da R.F.E.A. Todas as
reclamacións deberánselle facer verbalmente ao xuíz árbitro da proba ata 30 minutos despois da
publicación dos resultados.
A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chips. Haberá varios puntos de control de
chips ao longo de todo o percorrido. As persoas participantes que non cumpran co paso por todos
os puntos poderán ser descualificadas coa consecuente non aparición dos resultados finais.
Art. 13 – AVITUALLAMENTOS
Establecerase un punto de avituallamento durante o percorrido e na liña de meta para favorecer a
hidratación dos/as participantes. Calquera avituallamento fóra da zona marcada pode supoñer a
descualificación da proba.
Así mesmo poñeranse a disposición dos/as corredores/as colectores suficientes para a recollida
dos residuos e que son de uso obrigatorio, polo que a non utilización destes por parte dos/as
atletas poderá supoñer a descualificación.
4
Art. 14 - SERVIZOS, DUCHAS E GARDARROUPA
Estará dispoñible o servizo de duchas ao finalizar a carreira no Palacio de Deportes de Riazor.
Art. 15 – UTILIZACIÓN DE MEDIOS FÍSICOS NATURAIS
As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais, sen axudas
materiais de ningún tipo fóra das persoas corredoras en cadeira de rodas debidamente inscritas e
que cumpran as normas do IPC Athletics. Calquera dúbida respecto diso deberá ser consultada
coa organización antes de facer a inscrición.
Non está permitido o acompañamento en ningún momento da proba por ningún vehículo alleo á
organización, nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar,
avituallar ou marcarlles ritmos ás persoas participantes. Ao mesmo tempo non se permite a
participación con coches ou cadeiras de nenos, nin correr acompañados destes en ningún
momento, así como tampouco está permitida a participación con animais, nin correr acompañados
destes en ningún momento.
Calquera infracción destas características poderá supoñer a descualificación do/a corredor/a.
Art. 16 – PREMIOS
Xeral:
1º clasificado/a: trofeo e 800 €
2º clasificado/a: trofeo e 600 €
3º clasificado/a: trofeo e 500 €
4º clasificado/a: 400 €
5º clasificado/a: 300 €
6º clasificado/a: 250 €
7º clasificado/a: 200 €
8º clasificado/a: 150 €
Galegos (premio non acumulable):
1º clasificado/a galego/a: 400 €
2º clasificado/a galego/a: 300 €
3º clasificado/a galego/a: 200 €
Coruñés (premio non acumulable):
1º clasificado/a coruñés/a: 100 €
Os premios en metálico non serán acumulativos, con excepción do récord da proba. En caso de
duplicidade, aboarase a contía máis alta. Para poder recoller os premios será necesario xustificar
documentalmente o ano de nacemento das persoas participantes, por medio do DNI as
españolas, ou do documento legal en vigor (pasaporte) as estranxeiras. Todos os premios estarán
suxeitos ás retencións legais vixentes.
Co obxecto de poder revisar as condicións estipuladas e atender a calquera posible reclamación,
a organización resérvase a posibilidade de entregar os premios en metálico a partir do luns
seguinte á data da competición. No caso de realizarse un control de dopaxe, os premios
económicos quedarán retidos ata a súa resolución oficial.
5
PREMIO ESPECIAL RÉCORD DA PROBA (premio acumulable): O/a atleta que gañe a carreira e
que bata o récord da proba tanto na categoría masculina (28:09) como na feminina (31:40) obterá
un premio de 1.000 euros.
Ademais entregaránselles trofeos no palco de premiacións ás tres primeiras persoas clasificadas
de cada unha das categorías indicadas no artigo 5.
A entrega de premios realizarase ás 13.30 horas.
Os/as atletas premiados deberanse situar na zona próxima á entrega de premios no momento no
que pola megafonía se faga o anuncio do seu comezo, así como estar pendentes da chamada a
cada unha das categorías.
Con carácter xeral, os/as atletas que non se presenten á recollida do seu premio no momento da
entrega, perderán o dereito a recollelo. Exclusivamente poderán subir ao podio os/as atletas
premiados/as. Non se lle entregará o premio a ninguén que non sexa o/a propio/a atleta.
Agradecémoslles ás persoas responsables dos clubs que teñan constancia de que o/a atleta non
está presente que o comuniquen na zona de premiación canto antes para evitar esperas
innecesarias.
Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da
entrega deberanse poñer en contacto co Servizo Municipal de Deportes durante un prazo máximo
de 15 días, onde se custodiarán os trofeos non recollidos.
Art. 17 - SERVIZOS MÉDICOS
A proba disporá dos servizos médicos recomendados pola RFEA e de acordo coa lexislación vixente.
Recomendámoslles a todas as persoas participantes que cubran a parte posterior do dorsal cos
datos de nome, apelidos, teléfono en caso de emerxencia, se ten algún problema médico (alerxia,
atencións especiais etc.) ou se está baixo algún tratamento específico, así como o seu grupo
sanguíneo.
Art. 18 - DESCUALIFICACIÓNS
Os membros da organización resérvanse a facultade de retirar da proba o/a atleta que manifeste
un mal estado físico, que non lle facilite á organización a documentación que se lle requira ou
os/as corredores/as que non respecten as indicacións da Policía Local, Protección Civil, xurado,
servizos médicos ou membros da organización debidamente identificados.
Os/as xuíces da proba terán a facultade de descualificar o/a infractor/a que non leve visible o seu
dorsal, que o manipule e/ou ceda a outro, altere os datos facilitados á organización con respecto
aos que figuren no seu DNI ou ficha federativa, non complete o percorrido completo, ou incumpra
calquera outra norma contemplada nas normas da FGA, RFEA e IAAF.
As persoas corredoras descualificadas non terán opción a premios nin trofeos.
6
Art. 19 – LOPD
Todas as persoas corredoras ao realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe
nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet. Mediante a inscrición, o/a participante
consente expresamente que os seus datos sexan utilizados polo Concello da Coruña e a
Federación Galega de Atletismo para comunicacións sobre as súas actividades.
En todo caso, de conformidade co establecido polo artigo 5 da LOPD, infórmase de que os datos
de carácter persoal declarados pasarán a formar parte de:
a) O ficheiro denominado INSTALACIÓNS DEPORTIVAS, do que o responsable do tratamento será o
Concello da Coruña, dos que as finalidades e usos previstos serán os seguintes: xestión
centralizada das instalacións deportivas municipais, das actividades impartidas nelas e do uso de
instalacións. Todos as persoas participantes ao realizar a inscrición aceptan a publicación do seu
nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet. Autorízase a tomar imaxes
sempre que se utilicen para a promoción e difusión das devanditas actividades, así como á
utilización do móbil e correo electrónico como forma de aviso e comunicación por parte do Servizo
Municipal de Deportes. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición aos datos
persoais rexistrados neste ficheiro poderanse exercer ante o Rexistro Xeral do Concello da Coruña
(Pza. María Pita, 1) nos termos establecidos nos artigos 15, 16 e 17 da devandita lei orgánica.
Ojo morado O ficheiro denominado ATLETAS, do que o responsable do tratamento será a Federación Galega
de Atletismo, e cuxa finalidade será a relación de atletas federados/as na competicións oficiais,
elaboración de ránking e estatísticas. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición
aos datos persoais rexistrados neste ficheiro poderanse exercer ante a Federación Galega de
Atletismo (Avda. Glasgow s/n. Complexo Deportivo de Elviña), nos termos establecidos nos artigos
15, 16 e 17 da LOPD.
c) Esta proba pertence ao calendario oficial da Real Federación Española de Atletismo e mediante a
súa inscrición, o/a corredor/a consente expresamente que os seus datos básicos (nome, apelidos,
NIF/NIE/pasaporte, data de nacemento, sexo e código postal de residencia), sexan enviados á Real
Federación Española de Atletismo para a xestión das licenzas de día, resultados e ránking. A
posesión da licenza garante que o/a corredor/a participa cuberto/a por un seguro de
responsabilidade civil e de accidentes.
Art. 20 – RESPONSABILIDADE
A organización non se fai responsable dos danos que puidesen causar ou causarse as
persoas participantes por imprudencias ou neglixencias delas mesmas.
O/a participante declara, baixo a súa responsabilidade, que se realiza o oportuno
recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, e
exime a organización da devandita responsabilidade.
A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as
incidencias inherentes á proba.
7
Art. 21 – CAMBIOS NO REGULAMENTO
A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no presente regulamento se así o
considerase, e deberao comunicar na web e na información ás persoas participantes.
Art. 22 – COMPROMISO
A inscrición na carreira implica a plena aceptación do presente regulamento.
CONSIDERACIÓN FINAL:
Todo o non reflectido no presente regulamento rexerase polas normas da FGA, RFEA e da
IAAF.