Calendario
Info da proba

San Cibrao

11/12/2016 10:30 - 13:30
Regulamento XV CARREIRA PEDESTRE DO NADAL
CONCELLO SAN CIBRAO DAS VIÑAS
11 de decembro de 2016
SAÍDA E META
PISCINAS MUNICIPAIS DE PONTE NOALLA
INSCRICIÓNS PARA AS CARREIRAS DE ESCOLARES E ADULTOS
Presenciais: Runmaniak (Avenida Buenos Aires, nº 17) ata o luns día 5 de decembro
On-line a través da web: www.carreirasgalegas.com ata o martes 6 de decembro
NOTA IMPORTANTE
A carreira de adultos estará limitada a 500 participantes e terá un custe de 5€
A carreira de escolares estará limitada a 100 participantes e terá un custe de 2€
O abono das inscricións poderase facer a través da web www.carreirasgalegas.com ou
de maneira presencial en Deportes Runmaniak.
AS INSCRICIÓNS DA CATEGORÍA PITUFOS
FARANSE O DÍA DA PROBA E NON LEVARÁN CHIP
INFORMACIÓN
www.carreirasgalegas.com -- www.sancibrao.es –
tlf. 647913079 – 680135711
HORARIOS
10:30 horas: saída carreira escolares
11:00 horas: entrega de trofeos ós escolares
11:30 horas: saída carreira adultos
13:00 horas: saída carreira pitufos
13:10 Ágape para os participantes
13:30 horas: entrega de trofeos e sorteo de agasallos
XV CARREIRA PEDESTRE NADAL SAN CIBRAO – III CAMPIONATO PROVINCIAL 10K
REGULAMENTO XERAL
1. A saída e a meta estarán situadas nas piscinas municipais de ponte Noalla, nas
inmediacións do Polígono de San Cibrao das Viñas. As coordenadas da saída son as
seguintes: GPS (WGS84) 42º17’01”, 7º50’15”O - UTM x:595802 y:4681920
2. A recollida de dorsais efectuarase na secretaría da competición o día da proba ata
media hora antes da saída de cada carreira.
3. O percorrido será de 200 m para a categoría Pitufos, de 2’5 km para as categorías A –
B- C- D - E e de 10 km para as restantes categorías. O percorrido está medido e
homologado pola Real Federación Española de Atletismo.
4. A clasificación será absoluta e por categorías. Os premios non son acumulables. Para
recibir o premio o atleta deberá estar presente na cerimonia de premiación. A carreira da
categoría Pitufos non é competitiva e non se entregarán premios ós vencedores/as.
5. A organización contará co asesoramento da Delegación en Ourense da Federación
Galega de Atletismo, o Comité de Xuíces e a colaboración de organismos municipais
competentes, que regularán o tráfico ó longo de todo o percorrido.
6. Todo corredor que chegue á meta sen o dorsal, será desclasificado.
7. O percorrido estará sinalado cada km.
8. Todos os participantes están amparados por unha póliza de seguros de
responsabilidade civil e outra por accidentes. Quedan excluídos os casos derivados de
un padecemento latente, imprudencia, inobservancia das leis, etc.
9. As inscricións estarán limitadas a 500 participantes na carreira de adultos e a 100
participantes na de escolares.. Non se admitirán inscricións o día da proba salvo casos
excepcionais.
XV CARREIRA PEDESTRE NADAL SAN CIBRAO – III CAMPIONATO PROVINCIAL 10K
10. Establécense os seguintes premios
 150€ - 100€ - 75€ - 60€ - 60€ - 60€ aos 6 primeiros clasificados/as en material
deportivo (Non acumulativos).
 Trofeo aos 3 primeiros/as clasificados/as en cada categoría
 Camiseta técnica para todos os/as participantes que rematen a carreira escolar e a
carreira de adultos .
 60€ aos seis primeiros clasificados/as do Concello de San Cibrao das Viñas en
material deportivo.
 Medalla para todos os pitufos participantes ata esgotar existencias
 Sortearanse numerosos agasallos e produtos gastronómicos, bicicletas, cestas de
Nadal, unha noite de hotel con cea para dúas persoas, sesións de fisioterapia, etc.
 Premio especial aos 6 primeiros traballadores-empresarios do Polígono de
Barreiros e San Cibrao das Viñas
11. Establécense as seguintes categorías:
A) Benxamín: 2008 e 2009
Ojo morado Alevín: 2006 e 2007
C) Infantil: 2004 e 2005
D) Cadete: 2002 e 2003
E) Xuvenil: 2000 e 2001
Distancia a percorrer: 2’5 km
(1 volta pequena)
Saída ás 10:30 horas
F) Junior-promesa: 1995 a 1999
G) Senior: 1994 ata veteranos Distancia a percorrer: 10 km (2 voltas)
H) Veterán A: de 35 a 44 anos Saída ás 11:30 horas
I) Veterán B: de 45 a 54 anos
J) Veterán C: de 55 anos en adiante
Pitufos: 2010 e posteriores Distancia: 200 m. Saída ás 13:00 horas
XV CARREIRA PEDESTRE NADAL SAN CIBRAO – III CAMPIONATO PROVINCIAL 10K
12. De seren estranxeiros, soamente poderán participar ao ter dilixenciada a súa licenza
federativa pola FGA, ou ben aqueles que sen a ter pola FGA, (pola normativa RFEA) as
súas marcas sexan de inferior calidade as incluídas no artigo 3.4. da normativa RFEA
para probas de ruta en Competicións Autonómicas, circular RFEA 142/2016 publicada
o martes 21 de xuñode 2.016. Consultar en:
http://www.rfea.es/sirfea/ficheros/comunicados/documentos/2016621123621.pdf
13. Poderanse efectuar reclamacións ante o Xuíz Árbitro da proba non máis tarde de 30
minutos despois de publicarse oficialmente os resultados. A participación é libre e leva
implícito a aceptación do Regulamento Xeral da proba. O non recollido no mesmo
resolverase de acordo, por esta orde, as norma da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
14. A Organización obsequiará cun ágape a todos os participantes da proba. Haberá
servizo de duchas ao finalizar a proba. Non haberá gardarroupa.
15. O atleta inscrito autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a súa
imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e internet para a promoción do
deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa
solicitude expresa por escrito.
16. Aqueles aspectos que non se contemplen no Regulamento, resolveranse polo
disposto no regulamento da Federación Internacional de Atletismo.