Calendario
Info da proba

Neda

04/12/2016 10:00 - 13:00
Regulamento REGULAMENTO DA CARREIRA POPULAR
“XXXI MEMORIAL ADOLFO ROS – VOLTA Á RÍA”
O próximo día 4 de decembro de 2016, ás 10:00 horas, terá lugar a saída da XXXI
edición do “MEMORIAL ADOLFO ROS” – VOLTA Á RÍA, que se celebrará
conforme co seguinte:
REGULAMENTO XERAL
ARTIGO 1.
O Concello de Neda, en colaboración cos concellos de Fene, Ferrol e Narón,
organiza a XXXI edición do medio maratón "Memorial Adolfo Ros - Volta á Ría"
A proba celebrarase o día 4 de decembro de 2016 a partir das 10:00 horas.
ARTIGO 2. PARTICIPANTES
A proba está aberta a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou
nacionalidade. En calquera caso, poderán participar no medio maratón os nados
no ano 2000 e anteriores.
Cada corredor participa no medio maratón baixo a súa responsabilidade e se
dispón dun nivel de condición física suficiente para afrontar a proba.
ARTIGO 3. PERCORRIDO E DURACIÓN
O percorrido será de media maratón sobre asfalto, e discorrerá polos concellos de
Neda, Fene, Ferrol e Narón.
A proba está incluída dentro do calendario oficial da FGA.
A saída e meta será no pavillón de San Isidro (Neda).
O Percorrido estará sinalizado cada 5 Km.
O tempo máximo para percorrer a distancia será de 2 horas e 20 minutos.
O circuíto estará pechado a todos os vehículos, salvo os autorizados pola
organización.
O percorrido estará controlado e vixiado pola Garda Civil de Tráfico, Policía Local e
Protección Civil dos catro concellos e coa colaboración da organización.
Así mesmo, poderán actuar como colaboradores os habilitados pola organización.
Calquera tipo de acompañamento está prohibido.
Os únicos vehículos autorizados que poderán seguir a proba serán as forzas de
seguridade e os de apoio á organización que contarán con roupa apropiada e
visible.
ARTIGO 4. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN
4.1) Unha inscrición é válida cando a persoa participante enche o boletín de
inscrición a través da web: www.prueba-t.es e aboa o custo da inscrición.
Poderanse realizar inscricións dende o luns 24 de outubro ata o mércores 30 de
novembro.
4.2) Os participantes comprométense a:
- Aceptar estritamente todos os artigos do presente regulamento.
- Aceptar as posibles modificacións da proba ás que a organización se vexa
obrigada por causas alleas á súa vontade.
4.3) A inscrición da carreira é persoal e intransferible. Non se admitirán
devolucións, baixo ningunha causa, do importe da inscrición.
4.4) A realización da inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a
continuación se expón: "Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda
responsabilidade que da participación no evento se puidese derivar tal como perda
de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias e o perigo de lesión, á
organización, patrocinadores comerciais, directivos, empregados e demais
organizadores".
4.5) A organización resérvase o dereito a rexeitar calquera inscrición que non
acepte os termos e condicións do evento que queden expostos no presente
regulamento. En caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non reflectida
neste, estarase ao que dispoña a organización.
Descualificacións: o servizo médico da competición e os xuíces árbitros están
facultados para retirar da carreira:
- A calquera atleta que manifeste un mal estado físico.
- A todo atleta que non realice o percorrido completo.
- A todo atleta que non teña dorsal ou non o leve visible, dobre ou manipule a
publicidade, ou o fotocopie.
- A todo atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere
en protestas ante a organización, á marxe do estipulado no apartado de
reclamacións.
ARTIGO 5. CATEGORÍAS
A. Júnior - Nados/as en 1998 e 1999.
B. Promesa - Nados/as en 1995, 1996 e 1997.
C. Sénior - Nados/as en 1994 ata 1982
D. Nados/as en 1981 ata 1976
E. Nados/as en 1975 ata 1967
F. Nados/as en 1966 ata 1957
G. Nados/as en 1956 e anteriores
H. Discapacitados/as en cadeira de rodas.
I. Residentes dos concellos organizadores (nados en 1994 e anteriores).
L. Invidentes.
M. Handbike.
A organización poderá solicitar documentación onde conste a data de nacemento
dos participantes. Se non se achega, poderá ser motivo de descualificación.
ARTIGO 6. CUSTO DE INSCRICIÓN
Para inscribirse na proba as persoas participantes deberán aboar a cantidade de
4 €, e 1 € para o alugamento do chip.
ARTIGO 7. CARREIRAS PARA MENORES
As inscricións para as carreiras de menores serán gratuítas e realizaranse a través
da páxina web: www.prueba-t.es
Poderanse realizar inscricións dende o luns 24 de outubro ata o mércores 30 de
novembro
Non se admitirán inscricións o día da proba.
O tres primeiros clasificados das categorías participantes masculina e feminina
recibirán un trofeo.
Categorías, horarios e distancias
CATEGORÍA HORA DISTANCIA
Xuvenís 2000/2001 10:10 4.000 m.
Cadetes 2002/2003 10:10 4.000 m.
Infantís 2004/2005 10:30 2.000 m.
Alevíns 2006/2007 10:30 2.000 m.
Benxamíns 2008/2009 10:45 1.000 m.
As horas indicadas no cadro seguinte son orientativas, podendo ser modificadas
pola organización.
ARTIGO 8. RETIRADA DE DORSAL, CHIP E CAMISETA CONMEMORATIVA
Os participantes poderán retirar o dorsais e chips o venres 2 de decembro de
10:30 a 14:00 h e de 17:00 a 20:30 h; tamén o sábado 3 de decembro de 10:30 a
14:00 h, en TRINITY, Av. de Cataluña 45, Narón ( A Coruña ).
O día da proba entregaranse dorsais de 08:00 a 09:00 h no lugar da saída,
(pavillón polideportivo San isidro, Neda)
Os menores poderán retirar o seu dorsal ata 30 minutos antes do comezo da súa
proba no lugar de saída, (pavillón polideportivo San isidro, Neda)
ARTIGO 9. TROFEOS E PREMIOS
Todos os corredores inscritos serán obsequiados cunha camiseta conmemorativa.
As clasificacións publicaranse inmediatamente ao finalizar a proba.
A entrega de premios realizarase ás 13:00 h no pavillón de San Isidro (Neda).
Os premiados deberán de estar no lugar indicado 10 minutos antes para axilizar a
entrega de premios.
O tres primeiros clasificados de cada categoría tanto masculina como feminina
recibirán un trofeo. O tres primeiros da absoluta masculina e feminina tamén
recibirán trofeo.
O corredor máis veterano e o máis novo en acabar a proba recibirán un obsequio
dalgún dos nosos patrocinadores.
Será imprescindible a presentación dun documento que acredite a identidade para
recoller os premios. Os premios terán o tratamento fiscal conforme á lei.
ARTIGO 10. XUÍZ ÁRBITRO
Será designado pola F.G.A. para resolver calquera suceso de tipo técnico,
interpretando o regulamento da proba. No non previsto por este regulamento,
aterase ás normas da I.A.A.F.
Artigo 11. CONTROL DE LA CARRERA
O control realizarase polos xuíces designados pola Federación Galega de
Atletismo (FGA).
Os tempos tomaranse mediante sistema informático. Existirá un control de tempo
na saída, no quilómetro 10, e na meta. Só terán validez os chips persoais de
Prueba-t.
O tempo de carreira só será rexistrado se a persoa participante leva posto
correctamente o chip, que irá adherido aos dorsáis. O dorsal deberase levar na
parte dianteira en lugar visible.
ARTIGO 12. APELACIÓNS
As reclamacións relativas á clasificación deberán facerse de xeito verbal
inmediatamente ó remate da proba, dirixida ó xuiz árbitro.
De non estar dacordo coa decisión final poderá facelo por escrito ante outras
instancias superiores aboando a taxa correspondente.
ARTIGO 13. AVITUALLAMENTO
Existirá avituallamento líquido, aproximadamente nos quilómetros 5, 10 e 15 do
percorrido.
Na zona de meta establecerase o avituallamento final (líquido e sólido).
ARTIGO 14. SEGUROS
Todos os participantes estarán cubertos por unha póliza de responsabilidade civil,
e outra de accidentes.
A organización declina toda responsabilidade sobre os danos físicos ou morais que
durante a participación nesta proba poida un atleta causarse a si mesmo ou a
terceiros.
ARTIGO 15. ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO
Os participantes aceptan cada un dos artigos deste regulamento e comprométense
honestamente e con honra a non anticiparse ao momento da saída e a cubrir a
distancia completa antes de cruzar a liña de meta.
Todos os participantes, polo feito de formalizar a inscrición, dan o seu
consentimento para que a organización, ela mesma ou mediante terceiras
entidades, traten informaticamente e con finalidade exclusivamente deportiva,
promocional ou comercial, os seus datos de carácter persoal, así como a súa
imaxe dentro da proba mediante fotografías, vídeos, etc.
De acordo co que establece a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, da
protección de datos de carácter persoal, o participante poderá exercer o seu
dereito de acceso a estes ficheiros co obxecto de rectificar ou cancelar de forma
parcial ou total o seu contido. Para exercitar este dereito deberá solicitalo por
correo electrónico a: escolasneda@gmail.com


ARTIGO 16. ADAPTACIÓN DO REGULAMENTO
Cada concello adaptará cada ano os apartados do regulamento da carreira que
afecten a edición, percorrido, colaboradores habilitados e idade dos atletas
participantes así como as modificacións que puidesen xurdir con motivo de normas
federativas ou do Ministerio do Interior que afectasen o desenvolvemento da proba.