Calendario
Info da proba

Montes de Curro

22/10/2016 10:15 - 11:15
Regulamento REGULAMENTO I CARREIRA
MONTES DE CURRO
¡¡¡ENHORABUENA!!! Con TU participación acabas de hacer del mundo un lugar MEJOR
Páxina 1 de 3
PERCORRIDO:
 Haberá tres modalidades de percorrido, todos eles sobre circuíto con piso de terra con
tramos pedregosos, debidamente sinalizados:
o Primeiro. Percorrido de entre 15 – 20km
o Segundo: Percorrido de 5 km
o Terceiro: Andaina de 5 km
 A organización non pode garantir a cobertura en todo o longo do percorrido.
 Non se poderá participar sen o dorsal que se entregará a todos os inscritos momentos
antes da saída, podendo, a organización, retirar do percorrido a os participantes sen dorsal
 Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.
 Establécese un tempo máximo de 5 horas. A partir dese intre os corredores que
permanezan en ruta deberán abandonala e non se garantirá a súa cobertura.
PARTICIPANTES:
 Está rigorosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún
vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicará a descalificación dos atletas
acompañados.
 Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calquera participante
si consideran que a condición física ou a súa actitude o require, así como a todos aqueles
que corran sen dorsal.
 A proba estará cuberta por un seguro de responsabilidade civil que en su momento se porá
a compañía e a contía do que cubre.
 Os participantes asumen que existe o risco dun accidente de gravidade, e están nas súas
mans prever e minimizar ese risco evitando unha actuación que o poña en perigo a si
mesmo ou a terceiros.
 Os participantes ao enviar o formulario de inscrición, declaran/aceptan/autorizan que:
 Mantiveron un adestramento adecuado á actividade física que supón a realización do
evento segundo se informa nas características técnicas.
 NON padecen lesión algunha que poida agravarse a consecuencia da realización da proba,
eximindo á organización de calquera responsabilidade derivada da mesma.
 E responsabilidade do participante facerse os test de saúde, chequeos e probas médicas
necesarias para verificar o seu estado de saúde.
 Si calquera membro da organización estiman necesario para a súa saúde que o participante
abandone a proba, deberá facelo.
Asociación de Rescate Animal CADELIÑOS
CIF.: G-94138914
E-mail: asociacioncadelinos@gmail.com
Facebook: Chalados por los animales. Asociación Cadeliños
REGULAMENTO I CARREIRA
MONTES DE CURRO
¡¡¡ENHORABUENA!!! Con TU participación acabas de hacer del mundo un lugar MEJOR
Páxina 2 de 3
 Coñece as características técnicas da proba e debe ser consciente si -pola súa dureza- pode
afrontala con garantías nas condicións físicas nas que se atope o día da celebración.
 Os participantes son responsables daquelas accións que causen un dano moral, material ou
físico a outros participantes e a terceiras persoas.
 A organización facilitará o tempo final da proba,
 A sinalización durante o percorrido será a cargo de voluntarios polo que nos haberá
dúbidas nos cruces.
 Os participantes autorizan á organización a utilizar a imaxe fotográfica ou videográfica dos
corredores durante a proba e a súa vinculación co evento.
 Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.
INSCRICIÓNS:
 O prazo de inscrición para todas a probas abrirase o 20 de setembro e rematará o 15 de
outubro.
 As inscricións realizaranse exclusivamente a través da páxina web www.galitiming.com.
 Os prezos da inscrición para as distintas probas serán:
o Tramo 15-20 km: 5€
o Tramo 5 km: 4€
o Andaina 5 km: Gratuíta
A inscrición da dereito a participar na proba, servizo de cronometraxe con tempo final,
dorsal personalizado, servizo de duchas, e acceso aos avituallamentos intermedios e final.
 A non participación, retirada ou descalificación da proba non implica a devolución do
importe.
 A petición de inscrición implica o recoñecemento por parte do atleta que dispón da
capacidade física e psicolóxica para participar neste tipo de proba.
 A inscrición na proba implica a aceptación do presente regulamento sen reservas.
AVITUALLAMENTOS E DUCHAS:
 Disporase de un avituallamento durante o percorrido e ó final da proba.
 O servizo de ducha e vestiario estarán dispoñibles ó finalizar a proba
RETIRADA DE DORSAIS:
 O mesmo día da proba no lugar de saída, dende as 08:00 h. ata 15min antes da saída.
Asociación de Rescate Animal CADELIÑOS
CIF.: G-94138914
E-mail: asociacioncadelinos@gmail.com
Facebook: Chalados por los animales. Asociación Cadeliños
REGULAMENTO I CARREIRA
MONTES DE CURRO
¡¡¡ENHORABUENA!!! Con TU participación acabas de hacer del mundo un lugar MEJOR
Páxina 3 de 3
TROFEOS:
 Recibirán trofeo:
o Os tres primeiros homes
o As tres primeiras mulleres
 A entrega de trofeos será o finalizar a proba.
DESCALIFICACIÓNS:
 Si o participante amosara unha conduta antideportiva.
 Si o participante non remata o percorrido.
 Si o participante non atende as indicacións da organización.
 Si o participante atenta contra o medioambiente.
 Si o participante non auxilia a outro participante que o solicite.
 Si o participante abandona o percorrido ca finalidade de atallar ou adiantar a outros
participantes.
 Si o participante pon en risco a súa integridade ou a de outros participantes cunha conduta
manifestamente temeraria.
POLÍTICA DE PRIVACIDADE
A Asociación de rescate animal “Cadeliños” asegura a confidencialidade dos datos aportados na
inscrición, e garante que en ningún caso serán cedidos a terceiras persoas. Os seus datos persoais,
e-mail, enderezo postal e os relativos ás súas formas de pago son incorporados á nosa base de
datos e só serán utilizados pola Asociación para a correcta organización desta actividade. En
ningún momento a protectora utilizará esa información con fins comerciais ou promocionais.
En cumprimento da Ley Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal nº15/1999 do 13 de
decembro de 1999, poderá en calquera momento exercitar os dereitos de acceso, rectificación e
cancelación dos seus datos, poñéndose en contacto coa Asociación a través do mail:
asociacioncadelinos@gmail.com.