Calendario
Info da proba

O Corgo

23/10/2016 17:00 - 19:00
Regulamento REGULAMENTO DA VIII CARREIRA POPULAR ARUMES DO
CORGO: MEMORIAL QUIQUE CASANOVA
CATEGORÍAS, HORARIOS E DISTANCIAS
CATEGORÍA ANO DE NAC. HORA DIST.
Prebenxamín (H/M) 2009 e post. 17:00 h 320 m
Benxamín (H/M) 2007-2008 17:05 h 320 m
Alevín (H/M) 2005-2006 17:10 h 1800 m
Infantil (H/M) 2003-2004 17:10 h 1800 m
Cadete (H/M) 2001-2002 17:30 h 3550 m
Xuvenil (H/M) 1999-2000 17:30 h 3550 m
Iúnior (H/M) 1997-1998 18:00 h 5300 m
Promesa (H/M) 1994-1996 18:00 h 5300 m
Senior (H/M) 1982-1993 18:00 h 5300 m
Veteranos 1 (H/M) 1972-1981 18:00 h 5300 m
Veteranos 2 (H/M) 1962-1971 18:00 h 5300 m
Veteranos 3 (H/M) 1961 e ant. 18:00 h 5300 m
VIII CARREIRA POPULAR ARUMES DO CORGO:
MEMORIAL QUIQUE CASANOVA
Domingo, 23 de outubro de 2016
ás 10:30 h en fronte do CEIP do Corgo
REGULAMENTO
Páxina nº 2
PREMIOS
 Prebenxamín e benxamín: trofeo para o primeiro de cada categoría, medalla especial para o
segundo clasificado (diferenciando homes e mulleres) e medallas para o resto de
participantes. Camisetas para todos.
 Alevín, infantil, cadete e xuvenil: trofeo para o primeiro e medallas para o segundo e terceiro
de cada categoría (diferenciando homes e mulleres). Camisetas para todos.
 Iúnior, promesa, senior e veteranos: trofeo para o primeiro e medallas para o segundo e
terceiro de cada categoría (diferenciando homes e mulleres). Camisetas para os 150
primeiros.
 Carreira absoluta (5300 m):
- Primeiro: 100 €
- Segundo: 75 €
- Terceiro: 50 €
Diferenciaranse homes e mulleres.
 Entregarase unha medalla ao primeiro home e á primeira muller de cada categoría
empadroados no concello do Corgo.
 Entregarase un trofeo ao participante máis novo e ao de máis idade
A entrega de premios será en fronte do CEIP do Corgo e comezará, aproximadamente, ás 12:15h.
INSCRICIÓN E CONTROL DA CARREIRA
Os dereitos de inscrición para as categorías inferiores son gratuítos (de prebenxamín a xuvenil).
Na carreira absoluta (5300 m) cobrarase 3€ por participante.
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento,
enderezo, concello de empadroamento, teléfono móbil, teléfono fixo, correo electrónico e club.
Tamén deberán sinalar se corre como independente ou federado, e neste caso facilitarase o
número de licenza.
Hai que realizar a inscrición a través da páxina web da Federación Galega de Atletismo:
http://www.atletismogalego.com
O control de tempos levarase a cabo dun xeito electrónico e supervisado polo Comité Galego de
Xuíces e a FGA.
O último día para facer a inscrición será o xoves, día 20 de outubro ás 13:00 h. Excepcionalmente
permitirase a inscrición no mesmo día da carreira, cun custo de 5€ participante.
Ante calquera dúbida relacionada coa inscrición da proba, chamar a 626 73 93 90.
VIII CARREIRA POPULAR ARUMES DO CORGO:
MEMORIAL QUIQUE CASANOVA
Domingo, 23 de outubro de 2016
ás 10:30 h en fronte do CEIP do Corgo
REGULAMENTO
Páxina nº 3
NORMAS PARA OS PARTICIPANTES
 A VIII Carreira Popular Arumes do Corgo: Memorial Quique Casanova é unha proba oficial
da Federación Galega de Atletismo.
 O idioma empregado pola organización da proba deportiva, tanto a nivel oral como escrito,
será o galego.
 Non se autorizará a participación de atletas estranxeiros, agás os portugueses que non
foran internacionais co seu pais.
 Non se admitirán inscricións fóra de prazo, sen os datos obrigatorios, nin o día da proba.
 A recollida do dorsal para disputar a carreira, poderá facerse o día da proba no posto da
organización dende as 9:30 h ata ½ hora antes do inicio da carreira correspondente.
 Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
 Non respectar as indicacións dadas pola organización.
 Non realizar todo o circuíto da carreira.
 Non levar dorsal ou manipular este.
 Falsificar datos persoais.
 Os participantes que circulen fóra do espazo delimitado polos vehículos de sinalización de
inicio e fin da proba consideraranse usuarios normais da vía, e non lles será aplicado esta
normativa especial.
 Todos os participantes que obteñan premios nas diferentes categorías deberán, se for
preciso, presentar o DNI ou calquera outro documento acreditativo da idade
correspondente á categoría.
 A organización da proba non se fai responsábel dos danos morais e materiais que a si
mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, así coma das
neglixencias o imprudencias que poidan cometer durante o transcurso da mesma.
 As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non máis tarde de 30
minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados. Se son desestimadas por este
poderase presentar reclamación por escrito e acompañada dun depósito de 60 euros ao
Xurado de Apelación.
 A organización resérvase o dereito de modificar este regulamento se as circunstancias así
o aconsellasen (informando oportunamente).
 Todos os participantes teñen a obriga de cumprir as normas particulares do regulamento
da proba.
 Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de Competición da
FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por
instancias superiores.
SERVIZOS PARA OS PARTICIPANTES
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira (ver plano):
1. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
2. Cuartos de baño na zona de saída-chegada.
3. Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
4. Vestiarios e duchas no pavillón municipal.
VIII CARREIRA POPULAR ARUMES DO CORGO:
MEMORIAL QUIQUE CASANOVA
Domingo, 23 de outubro de 2016
ás 10:30 h en fronte do CEIP do Corgo
REGULAMENTO
Páxina nº 4
5. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
6. Zona de lecer para nenos.
7. Área recreativa (zona axardinada, merendeiro...).
8. Ambulancia con médico (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente
informados ao organizador da proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os
centros sanitarios que teñan convenio ca compañía de seguros que corresponda).
     
Organiza: Asociación Cultural Arumes do Corgo (correo-e: arumescorgo@gmail.com; teléfono:
626 73 93 90; sitio web: http://arumescorgo.blogspot.com).
Colabora economicamente: Concello do Corgo.
Colabora tecnicamente: Federación Galega de Atletismo (Delegación de Lugo).
Outros colaboradores: Coca Cola, Club de Atlet. Arumes-Área 10, Centro de Estudos do Corgo,
Protección Civil de Lugo, Subdelegación do Goberno...