Calendario
Info da proba

Combarro

29/10/2016 17:00 - 19:00
Regulamento II CARREIRA POPULAR DE COMBARRO
Data da proba:
Sábado 29 de outubro de 2016.
Lugar e hora de saída:
Praza da Chousa, Combarro – Poio
Categorías menores: 17:00h
Proba absoluta: 18:00h
Organiza:
Concello de Poio
Lodeco S.L.U.
Patrocinan:
Concello de Poio
Regulamento:
Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos
de axuda. A non observancia desta norma implicará a descualificación dos atletas
acompañados.
O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder
facer ningunha modificación nel.
Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A
participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou
materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.
A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou
circunstancia non contemplada neste regulamento
Categorías:
Probas de menores:
Estableceranse as seguintes categorías masculinas e femininas nas probas de menores:
Proba de menores A : Nados entre os anos 2008 e 2011…………...…500m
Proba de menores B : Nados entre os anos 2004 e 2007……………1.000m
Proba de menores C : Nados entre os anos 2001 e 2003……………1.500m
Proba absoluta:
Poderán participar na proba deportistas nados no ano 2000 e anteriores
Estableceranse as seguintes categorías masculinas e femininas:
-Absoluta……………… todos os participantes.
-Veteranos ……………..nados en 1981 e anteriores.
INSCRICIÓNS:
Inscricións gratuítas para todas as categorías na páxina
www.championchipnorte.com
Peche de inscricións o mércores 26 de outubro.
A organización reservarase o dereito de non inscribir a que non cubra correctamente os
datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.
Percorrido proba absoluta:
O percorrido constará de dúas voltas polo paseo e casco histórico de Combarro,
totalmente urbán, con saída na Praza da Chousa e chegada na praza Rualeiro ,cunha
distancia total aproximada de 4,5 km
ENTREGA DE DORSAIS
Os dorsais entregaranse o día da proba na carpa da organización sita na praza da Chousa
de 15:45 a 17:45
PEMIOS POR CATEGORÍAS
1º/1ª Clasificad@ de cada categoría………..Trofeo
2º/2ª Clasificad@ de cada categoría………..Trofeo
3º/3ª Clasificad@ de cada categoría………..Trofeo
Todos os premios son acumulables.
Regalo conmemorativo da carreira e avituallamento final para tod@s @s atletas que
rematen a proba co dorsal correctamente colocado, na zona habilitada pola
organización.
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
-Avituallamentos: os atletas disporán dun avituallamento final sólido e líquido ó
finalizar a proba.
-Gardarroupa: todos aqueles que o desexen poderán facer uso do servizo gardarroupa
habilitado pola organización.
-Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos atletas as duchas na nave
de piragüismo de Combarro