Calendario
Info da proba

Ribeira - Duatlon Trail

06/11/2016 10:30 - 13:00
Regulamento REGULAMENTO
 A saída darase Camping Ría de Arosa II, situado en Balteiro, parroquia de Olerios no concello de
Ribeira as 10.30 horas.
 Os atletas deberán situarse na zona de saída 10 minutos antes do comenzo da proba.
 O percorrido desenrolarase maioritariamente nun circuito polo monte, constara de unha primeira
parte nun recorrido de 1,5 km. na modalidade de carreira a pé, un segundo tramo na modalidade
de ciclismo BTT con unha distancia de 18 kms. (nesta especialidade de ciclismo é obrigatorio o
uso de casco), e continúa con unha segunda parte na modalidade de carreira a pé de 6,5 kms.
 A organización non pode garantir a cobertura en todo o longo do percorrido.
 A organización, nun punto determinado do percorrido, establecerá un control para retirar a
todolos participantes sin dorsal.
 Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.
 Todo aquel atleta que na segunda transición do kilómetro 18 (tramo BTT) faga un tempo superior
a 2 horas queda descalificado e fora da proba. Establécese un tempo máximo de 2:45 horas
para a realización da proba (Trail+BTT+Trail). A partir dese intre os corredores que permanezan
en ruta deberán abandonala e non se garantirá a súa cobertura por parte da organización.
 A organización vai dispoñer de un box nas instalacións do camping para que os participantes
poidan deixar o mateiral e facer as transiccións. A entrada de BTT na zona de box facerase a
pé a partir dun punto debidamente balizado, o participante que non a respete e continue na
bicicleta a partir dese punto será descalificado. No box soamente poden estar os atletas
participantes, estando prohibido o acceso a calquer outra persoa allea a proba. O avituallamento
intermedio vai estar instalado neste punto durante a segunda transición, constara de auga.
PARTICIPANTES:
 O número máximo de inscritos será de 250.
 Crease unha modalidade por equipos de dúas persoas, na que un dos membros participará na
modalidade de BTT e o outro nas de Trail:
 @ participante no Trail tomará a saida na primeiro tramo e daralle o relevo ao
compañeir@ nunha zona do Box reservada para eles.
 @ participante na BTT entrará no Box e deixará a bicicleta no lugar asignado, e
dirixirase ata o seu compañeiro/a para darlle a saída golpeando as máns. O
incumplimento deste requisito conleva a descalificación do equipo.
 Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún
vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicará a descalificación dos atletas
acompañados.
 Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si
consideran que a condición física ou a súa actitude o requer, asi como a todos aqueles que
corran sin dorsal.
 Os participantes están obrigados a auxiliar a outros participantes que precisen de axuda, así
como a respetar as regras de circulación nos tramos e cruces de carreteiras.
 Os participantes están cubertos por un seguro de accidentes deportivo nas seguintes condicións:
 Finamento por accidente: 6.000 €
 Invalidez por accidente: 12.000 €
 Asistencia sanitaria en centros concertados: ILIMITADA
 Os participantes asumen que existe o risco dun accidente de gravidade, e están nas súas mans
prever e minimizar ese risco evitando unha actuación que o poña en peligro a él ou a terceiros.
 Os participantes son conscientes que non sempre se pode acceder cos servicios de emerxencia
adecuados a todas as zonas do percorrido.
 Os participantes deben empregar con dilixencia os equipos de protección propios adecuados
ademais daqueles que a organización considere obrigatorios (casco). Os equipos de protección
deben empregarse sempre ca finalidade e uso que foron deseñados.
 Os participantes son responsables daquelas accións que causen un dano moral, material ou
físico a outros participantes e a terceiras persoas.
 A idade mínima é de 18 anos. Calquer membro da organización pódelle pedir a un participante
que acredite a súa idade co DNI (ou similar).
 Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable dos danos morais ou materiais que ocasione a
participación nesta carreira.
 A organización facilitará o tempo final da proba.
 Cada participante é o responsable de localizar e seguir as marcas (esprai laranxa e cintas de tela
laranxas) que balizan o percorrido.
 Os participantes autorizan á organización a utilizar a imaxe fotográfica ou videográfica dos
corredores durante a proba e a súa vinculación co evento.
 Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.
MATERIAL:
 É obrigatorio o uso –adecuado- do casco no tramo de BTT.
 É recomendable antes de tomar a saida portar un bidón ou recipiente con líquido e en cantidade
suficiente que permita chegar ós avituallamentos indicados.
 É recomendable levar un teléfono móvil con batería e saldo para estar en contacto ca
organización si fora preciso.
 É obrigatorio levar roupa axeitada ás condicións climatolóxicas reinantes no día da proba. A
organización resérvase o dereito a retirar a calquer corredor que non cumpla esta
recomendación.
 A tódolos/as participantes facilitaráselle un dorsal, que deberán levar en lugar visible (a altura do
peito) ata o remate da carreira, sendo descalificado o corredor que chegue sen dorsal.
 A organización non se responsabiliza do deterioro, perda, ou extravío do material empregado
durante a proba.
INSCRICIÓNS:
 Prazo de inscrición ábrese o 10 de Outubro e remata o 30 de Outubro (ou ata agotar as prazas)
 As inscricións realizaranse a través da web www.arousa.com ou www.galitiming.com nun
formulario habilitado para tal fin. Poderase comprobar na mesma web a listaxe de inscritos.
 Prezo da inscrición é de 16 € para corredores individuais, e 26 € por equipo. Existe a posibilidade
de bonificar este importe inscribíndose para o DUATLÓN TRAIL DA POBRA simultaneamente e
abonando 28 € pola inscrición individual e 48 € pola do equipo.
 A inscrición da dereito a participar na proba, servizo de cronometraxe electrónico con tempo final
e intermedio, dorsal personalizado, regalo cortesía, cobertura do seguro, servizo de duchas, e
acceso aos avituallamentos intermedio e final.
 A non participación, retirada ou descalificación da proba non implica a devolución do importe.
 A petición de inscrición implica o recoñecemento por parte do atleta que dispón da capacidade
física e psicolóxica para participar neste tipo de proba.
 A inscrición na proba implica a aceptación do presente regulamento sin reservas.
AVITUALLAMENTOS E DUCHAS:
 A organización disporá de avituallamento intermedio de líquido situado na zona de transición
entre as dúas probas.
 Disporase de un avituallamento final de líquido e froita na liña de meta.
 A organización dispón de recipientes para depositar os restos e envases, a non utilización deles
supondrá a descalificación do participante.
 O Camping Ría de Arosa 2 pon a disposición dos atletas vestiarios e duchas no mesmo lugar da
saída.
RETIRADA DE DORSAIS:
 O mesmo día da proba no lugar de saída, entre as 09:30 h. e 10:15 h.
 Si a organización o solicita debe acreditarse con documento oficial a titularidade do dorsal.
 Recoméndase seguir as instruccións da organización e dirixirse á mesa indicada ca inicial do seu
apelido para axilizar a retirada.
 E imprescindible para a retirada do dorsal ter presentado (pódese presentar no momento)
a FOLLA DE RESPONSABILIDADE E MANIFESTACIÓN; a organización resérvase o dereito a
non entregarlle o dorsal a aquel participante que non a tivera presentado.
TROFEOS:
 Recibirán trofeo:
 Os 10 primeiros homes.
 As 3 primeiras mulleres.
 Os tres primeiros equipos: aos que se lles aplicará unha bonificación de 15 minutos aos
equipos mixtos e de 40 minutos aos equipos nos que os dous integrantes sexan
féminas.
 O clube máis numeroso (deben inscribirse todos os participantes -tanto os que
participen na categoría individual coma por equipos- co mesmo nome de equipo, sen
variacións).
 O/A participante máis veteran@.
 Ao mérito deportivo: a organización atendendo ao comportamento en carreira dos
participantes e á súa conducta deportiva designará o gañador/a.
 Si a organización o considera necesario solicitará xustificar documentalmente a idade e
condición dos atletas para poder acceder aos premios.
DESCALIFICACIÓNS:
 Si o participante amosara unha conducta antideportiva.
 Si o participante retira sinais da carreira.
 Si o participante non remata o percorrido.
 Si o participante non atende as indicacións da organización.
 Si o participante non porta o material obrigatorio.
 Si o participante atenta contra o medioambiente.
 Si o participante non auxilia a outro participante que o solicite.
 Si o participante abandona o percorrido ca finalidade de atallar ou adiantar a outros participantes.
 Si o participante pon en risco a súa integridade ou a de outros participantes cunha conducta
manifestamente temeraria.
OUTRAS CONSIDERACIÓNS:
o Calquer outra disposición non recolleita neste regulamento resolverao a organización.
Non cabendo recurso.
o A organización resérvase o dereito a modificar os percorridos, ou incluso a suspender a
proba de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades; de
acontecer este suposto, trasladaríase ao domingo día 7 de decembro.
o Calquer tipo de reclamación deberá ser realizada inmediatamente despois do remate da
proba para non entorpecer o desenvolvemente da mesma.
o Arousa Natureza e Ocio non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais
que ocasione a participación nesta carreira.
o O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.