Calendario
Info da proba

Coruña 21

26/02/2017 10:00 - 13:30
Regulamento REGULAMENTO XERAL
Art. 1. DATA
O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan o próximo 26
de febreiro de 2017 o IX Medio Maratón Coruña21, cunha distancia homologada de
21.097´50 metros.
Art. 2. HORARIO
A saída da carreira terá lugar ás 10.00 horas.
A saída da carreira para persoas discapacitadas en cadeira de rodas darase con
antelación á absoluta, e o seu horario definitivo será comunicado antes da data da
carreira.
Art. 3. CIRCUÍTO
O percorrido está situado no centro urbano da cidade da Coruña. O circuíto está
medido e homologado pola Real Federación Española de Atletismo (R.F.E.A.).
O circuíto estará completamente cerrado ao tráfico e acoutado con valos e outros
elementos delimitadores naqueles tramos nos que non exista unha diferenciación
natural polo mobiliario urbano. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán
os designados pola organización.
A carreira terá lugar unicamente pola calzada do tráfico rodado, sen utilizar ningunha
zona peonil. Está prohibido o uso como zona de carreira: as beirarrúas, sebes
centrais, zonas axardinadas etc. O non cumprimento desta norma, así como o recortar
sobre o trazado oficial, poderá supoñer a descualificación da persoa infractora.
Art. 4. CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA
A carreira estará controlada pola Federación Galega de Atletismo a través do seu
Comité Galego de Xuíces.
Página 2 de 10
Art. 5. PECHE DE CONTROL DA CARREIRA
O peche da proba realizarase ás 12.30 h (2 horas e 30 minutos despois da súa saída).
Así mesmo, establecerase un tempo de 1 hora e 15 minutos para o paso polo
10km. Pasado o tempo límite correspondente tanto ao primeiro tramo da carreira,
como á distancia total, a persoa participante que siga en carreira deberase retirar do
circuíto oficial de competición.
Art. 6. CATEGORÍAS
De acordo coa regulamentación da R.F.E.A. (Real Federación Española de Atletismo)
realizaranse as seguintes clasificacións para o Medio Maratón Coruña21:
CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO
Júnior 1998-1999
Promesa 1995-1996-1997
Sénior Desde o 1994 e anteriores ata veteranos
Veteranos 1 De 35 a 39 anos cumpridos no día da proba
Veteranos 2 De 40 a 44 anos cumpridos no día da proba
Veteranos 3 De 45 a 49 anos cumpridos no día da proba
Veteranos 4 De 50 a 54 anos cumpridos no día da proba
Veteranos 5 De 55 a 59 anos cumpridos no día da proba
Veteranos 6 De 60 a 64 anos cumpridos no día da proba
Veteranos 7 De 65 anos cumpridos no día da proba, en diante
Discapacitados
en cadeira de rodas
Nacidos/as en 1998 e anos anteriores
Atletas con discapacidade: en cumprimento do previsto no artigo 16 e 51.6 da Lei
3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, incorpórase a participación de atletas con
discapacidade.
Página 3 de 10
Art. 7: INSCRICIÓNS E COTA
a) Inscrición en liña: a través da pasarela de pago inserida na páxina web da
Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com. Estará operativa
desde o 12 de xaneiro ata as 24.00 horas do 19 de febreiro de 2017.
Ojo morado Inscrición presencial: Próximamente
c) Prazo extraordinario de inscrición: por razóns organizativas de recursos
técnicos e humanos, así como pola calidade do servizo, é aconsellable que as
persoas participantes formalicen a súa inscrición dentro dos prazos establecidos.
Con todo, e para todas aquelas que por causas alleas á organización non poidan
formalizar a súa inscrición antes do 12 de febreiro, terán a opción de realizala do
13 ao 19 de febreiro, cun incremento na cota de participación de 10 €, polo que a
cota de participación sería de 25 €.
e) Non se aceptarán inscricións fóra dos prazos establecidos.
f) Cota da inscrición:
CARREIRA DO 12 DE XANEIRO
AO 12 DE FEBREIRO DE
2017
PRAZO EXTRAORDINARIO:
DO 13 DE FEBREIRO
AO 19 DE FEBREIRO DE 2017
Medio Maratón Coruña 21 15,00 € 25,00 €
g) Bonificacións: 50 % para maiores de 65 anos, posuidores do Carné Xove e
persoas paradas. Para acreditar estas circunstancias é suficiente cunha declaración
responsable, que se entenderá realizada no momento no que se marque a opción
“solicito bonificación”, no formulario de inscrición en liña ou na folla de inscrición
presencial; e enviar os documentos que se detallan a continuación, á Federación
Galega de Atletismo mediante un correo electrónico ao seguinte enderezo:
info@carreirasgalegas.com
Página 4 de 10
 Maiores de 65 anos: fotocopia do DNI
 Posuidores do Carné Xove: fotocopia do DNI e do Carné Xove.
 Persoas paradas: fotocopia do DNI e Informe de períodos de altas e baixas, expedido polo Servizo
Público de Emprego (INEM) antes do día da inscrición na carreira ou fotocopia do cartón de
desemprego.
O prazo para o envío de documentos por correo electrónico finaliza ás 24.00 horas do 12
de febreiro de 2017.
Art. 8. DEVOLUCIÓN PARCIAL DA COTA
Só se accederá á devolución parcial da inscrición, en caso de lesión ou enfermidade,
se se presenta ou envía un informe médico na Federación Galega de Atletismo
(praza Agustín Díaz, núm. 1 - Edificio Federacións. 15008 A Coruña).
O importe da devolución virá determinado pola data de presentación do certificado
médico:
 O 75% da cota se se presenta unha semana antes da realización da proba.
 O 50% se se presenta despois desa data.
En caso de non presentar o citado informe, non se realizará ningún reembolso.
Para outros supostos xustificados, a organización valorará se procede a devolución
parcial da cota.
Art. 9. ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS
Realizarase o venres 24 e sábado 25 de febreiro. As persoas corredoras inscritas
serán informadas do lugar e horario da entrega.
Art. 10. UTILIZACIÓN DE DORSAIS E CHIPS
Os dorsais son persoais e intransferibles e deberán ir colocados na parte de diante de
forma totalmente visible, sen dobraduras, e así se deberán levar durante toda a proba.
O chip tamén é persoal e intransferible. A inobservancia deste artigo será motivo de
descualificación.
Non serán admitidos pola organización corredores/as que non estean inscritos/as ou
corran sen dorsal e chip, ou co dorsal e chip correspondentes a outra carreira.
Impedirase que teñan acceso á carreira en defensa dos dereitos dos
regulamentariamente inscritos.
Art. 11. SISTEMA DE CRONOMETRAXE
A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chips. Haberá varios puntos de
control ao longo do percorrido. As persoas participantes que non cumpran co paso por
Página 5 de 10
todos os puntos de control establecidos poderán ser descualificadas se así o decide o
xuíz árbitro da proba, coa consecuente non aparición nos resultados finais oficiais.
Art. 12. COLOCACIÓN PREVIA E CAIXÓNS DE SAÍDA
As persoas participantes deberanse colocar na zona acoutada que lles corresponda na
saída, segundo o dorsal que teñan asignado. Deberán estar nos seus postos non máis
tarde de 10 minutos antes do disparo oficial de saída. Estableceranse polo menos
cinco caixóns de saída.
Art. 13. UTILIZACIÓN DE MEDIOS FÍSICOS NATURAIS
As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais,
sen axudas materiais de ningún tipo fóra das corredoras en cadeira de rodas
debidamente inscritas e que cumpran as normas do IPC Athletics. Calquera dúbida
respecto diso deberá ser consultada coa organización antes de facer a inscrición.
Non está permitido o acompañamento en carreira por parte de ningún vehículo alleo á
organización, nin bicicleta, patíns ou persoas non inscritas na carreira que poidan
acompañar, avituallar ou marcar ritmos ás persoas participantes. Así mesmo non se
permite a participación con coches ou cadeiras de nenos, animais, nin correr
acompañados destes en ningún momento.
Art. 14. AVITUALLAMENTOS
Seguindo as normas da I.A.A.F, instalaranse postos de auga a partir do quilómetro 5
e aproximadamente cada 5 quilómetros.
Toda persoa participante que desexe utilizar un avituallamento propio deberá
entregarllo á organización ata unha hora antes da saída, debidamente cerrado e
marcado co seu número de dorsal e punto quilométrico no que quere atopalo.
No caso de que o/a participante queira que o seu avituallamento persoal se lle
entregue en man, é a súa responsabilidade designar e situar unha persoa
especificamente para esta función. A dita persoa deberá estar acreditada pola
organización.
Calquera avituallamento fóra da zona marcada para iso poderá supoñer a
descualificación da carreira da persoa infractora.
Así mesmo poñeranse a disposición dos/as corredores/as colectores suficientes
para a recollida dos residuos, que son de uso obrigatorio, polo que a non utilización
por parte das persoas participantes poderá supoñer a súa descualificación.
Página 6 de 10
Art. 15. SERVIZOS MÉDICOS
A proba dispoñerá dos servizos médicos recomendados pola R.F.E. A.
Recomendámoslles a todas as persoas participantes cubrir a parte posterior do dorsal
cos datos de nome, apelidos, teléfono en caso de emerxencia, se ten algún problema
médico (alerxia, atencións especiais etc.) ou se está baixo algún tratamento específico,
así como o seu grupo sanguíneo.
Art. 16. CONTROL ANTIDOPING
É obrigado o control antidopaxe no caso de plusmarcas nacionais ou internacionais. A
designación será realizada pola persoa responsable de control antidopaxe nomeada
pola R.F.E. A, quen terá a potestade de decidir a súa realización.
Art. 17. OTROS SERVIZOS
A organización poñerá a disposición das persoas participantes avituallamento de meta,
gardarroupa e duchas.
Tamén haberá a disposición dos/as corredores/as baños portátiles na zona de saída e
meta e noutros puntos do circuíto.
Art. 18. CLASIFICACIÓN
Realizaranse as seguintes clasificacións:
- Clasificación Xeral Absoluta
- Clasificación por Categorías Masculina e Feminina
- Clasificación Absoluta Galegos Masculina e Feminina
- Clasificación Absoluta Coruñeses Masculina e Feminina
Art. 19. PREMIOS
CATEGORÍ
A
HOMES POSTO TROFEO PREMIO Condición(a)
Absoluta Si 1º Si 1200 € Realizar 1h04:46 ou menos
Absoluta Si 2º Si 800 € Realizar 1h04:46 ou menos
Absoluta Si 3º Si 600 € Realizar 1h04:46 ou menos
Absoluta Si 4º 400 € Realizar 1h04:46 ou menos
Absoluta Si 5º 200 € Realizar 1h04:46 ou menos
Absoluta Si 6º 100 € Realizar 1h04:46 ou menos
Página 7 de 10
CATEGORÍA MULLERES POSTO TROFEO PREMIO Condición(a)
Absoluta Si 1º Si 1200 € Realizar 1h15:06 ou menos
Absoluta Si 2º Si 800 € Realizar 1h15:06 ou menos
Absoluta Si 3º Si 600 € Realizar 1h15:06 ou menos
Absoluta Si 4º 400 € Realizar 1h15:06 ou menos
Absoluta Si 5º 200 € Realizar 1h15:06 ou menos
Absoluta Si 6º 100 € Realizar 1h15:06 ou menos
(a) En caso contrario apicarase unha rebaixa do 50%.
ATLETAS GALLEGOS2
CATEGORÍA HOMES e MULLERES POSTO TROFEO PREMIO
Absoluta Si 1º Si 300 €
Absoluta Si 2º Si 200 €
Absoluta Si 3º Si 100 €
ATLETAS CORUÑESES3
CATEGORÍA HOMES e MULLERES POSTO TROFEO PREMIO
Absoluta Si 1º Si 100 €
PREMIO ESPECIAL RÉCORD DA PROBA (premio acumulable): O atleta que
gañe a carreira e que bata o récord da proba tanto na categoría masculina
(1h02:57) como na feminina (1h11:16) obterá un premio de 500 euros.
Os premios en metálico non serán acumulativos, con excepción do récord da proba.
En caso de duplicidade, aboarase a contía máis alta. Para poder recoller os premios
deberá xustificarse documentalmente o ano de nacemento dos/as atletas, por medio
do DNI os españois ou documento legal en vigor (pasaporte) os/as estranxeiros/as.
Co obxecto de poder revisar as condicións estipuladas e atender a calquera posible
reclamación, a organización reservarase a posibilidade de entregar os premios en
metálico a partir do luns seguinte á data da competición.
Os premios en metálico estarán suxeitos ás retencións legais vixentes.
Así mesmo, entregaránselles trofeos aos tres primeiros/as de cada unha das
categorías indicadas no artigo 8º.

2Serán considerados atletas/as galegos/as aqueles/as que presenten un certificado de empadroamento nalgún dos
concellos de Galicia.
3Empadroados/as no Concello da Coruña. Para recoller os premios aos mellores coruñeses e coruñesas, estes deberán
remitir o certificado de empadroamento ao seguinte enderezo de correo electrónico: secretariogeneralfga@gmail.com
Página 8 de 10
Art. 20. ENTREGA DE PREMIOS
Realizarase ás 12.30 horas no palco situado na zona de saída meta. Os/as atletas
premiados/as deberanse situar na zona próxima á entrega de premios no momento
no que pola megafonía se faga o anuncio do seu comezo, así como estar pendentes
da chamada a cada unha das categorías.
Con carácter xeral, os/as atletas que non se presenten á recollida do seu premio no
momento da entrega, perderán o dereito para recollelo.
Exclusivamente poderán subir ao pódium os/as atletas premiados/as. Non se
entregará o premio a ninguén que non sexa o/a propio/a atleta.
Agradecémoslles ás persoas responsables dos clubs que teñan constancia de que
o/a atleta non está presente, que o comuniquen na zona de premiación canto antes,
para evitar esperas innecesarias.
Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no
momento da entrega deberanse poñer en contacto co Servizo Municipal de Deportes
durante un prazo máximo de 15 días, onde se custodiarán os trofeos non recollidos.
Art. 21. RECLAMACIÓNS
Todas as reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, situado na
zona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois de publicados os resultados
oficiais.
Art. 22. DESCUALIFICACIÓNS
Os membros da organización resérvanse a facultade de retirar da proba o/a atleta
que manifeste un mal estado físico, que non lle facilite á organización a
documentación que se lle requira ou os/as corredores/as que non respecten as
indicacións da Policía Local, Protección Civil, xurado, servizos médicos ou membros
da organización debidamente identificados.
Os xuíces da proba terán a facultade de descualificar o/a infractor que non leve
visible o seu dorsal, que o manipule e/ou ceda a outro, altere os datos facilitados á
organización con respecto aos que figuren no seu DNI ou ficha federativa, non
complete o percorrido completo, ou incumpra calquera outra norma contemplada nas
Normas da FGA, RFEA ou IAAF.
As persoas corredoras descualificadas non terán opción aos premios e trofeos.
Página 9 de 10
Art. 23. RESPONSABILIDADE
A persoa participante declara, baixo a súa responsabilidade, realizarse o oportuno
recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a
proba, e exime a organización da devandita responsabilidade.
A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que
cubrirá as incidencias inherentes á proba.
Art. 24. LOPD
Todas as persoas corredoras ao realizar a inscrición aceptan a publicación do seu
nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet. Mediante a
inscrición, o/a participante consente expresamente que os seus datos sexan
utilizados polo Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo para
comunicacións sobre as súas actividades. En todo caso, de conformidade co
establecido polo artigo 5 da LOPD, infórmase de que os datos de carácter persoal
declarados pasarán a formar parte de:
a) De conformidade co establecido no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999 os datos de
carácter persoal declarados pasarán a formar parte do ficheiro denominado
INSTALACIÓNS DEPORTIVAS, do que o responsable do tratamento será o
Concello da Coruña, dos que as finalidades e usos previstos serán os seguintes:
xestión centralizada das instalacións deportivas municipais, das actividades
impartidas nelas e do uso de instalacións. Todas as persoas participantes ao
realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas
clasificacións, medios de comunicación e/ou internet. Autorízase a tomar imaxes
sempre que se utilicen para a promoción e difusión das devanditas actividades,
así como á utilización do móbil e correo electrónico como forma de aviso e
comunicación por parte do Servizo Municipal de Deportes. Os dereitos de
acceso, rectificación, cancelación e oposición aos datos persoais rexistrados
neste ficheiro poderanse exercer ante o Rexistro Xeral do Concello da Coruña
(Pza. María Pita, 1) nos termos establecidos nos artigos 15, 16 e 17 da devandita
Lei orgánica.
Ojo morado Un ficheiro cuxo responsable de tratamento será a Federación Galega de
Atletismo, e cuxa finalidade será a xestión de actividades deportivas realizadas
baixo a responsabilidade da Federación Galega de Atletismo. Os dereitos de
acceso, rectificación, cancelación e oposición aos datos persoais rexistrados
neste ficheiro poderanse exercer ante a Federación Galega de Atletismo (praza
Agustín Díaz, 1. Complexo Deportivo de Elviña), nos termos establecidos nos
artigos 15, 16 e 17 da LOPD.
Página 10 de 10
c) Esta proba pertence ao calendario oficial da Real Federación Española de
Atletismo e mediante a súa inscrición, a persoa corredora consente
expresamente que os seus datos básicos (nome, apelidos, NIF/NIE/pasaporte,
data de nacemento, sexo e código postal de residencia), sexan enviados á Real
Federación Española de Atletismo para a xestión das licenzas de día, resultados
e ránking. A posesión da licenza garante que o/a corredor/a participa cuberto/a
por un seguro de responsabilidade civil e de accidentes.
Art. 25. COMPROMISO
A inscrición na carreira implica a plena aceptación do presente regulamento.
Art. 26. CAMBIOS NO REGULAMENTO
A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no presente
regulamento se así o considerase, e deberá comunicalo na web e na información ás
persoas participantes.
CONSIDERACIÓN FINAL
Todo o non reflectido no presente regulamento rexerase, por esta orde, polas
normas da FGA, RFEA e da IAAF.