Calendario
Info da proba

Narón

16/10/2016 11:00 - 13:00
Regulamento I CARREIRA-ANDAINA SOLIDARIA POLA SAÚDE MENTAL (NARÓN)

Data: 16/10/2016 .
Hora: a partir das 11:00 .
Lugar: Paseo Marítimo de Xuvia (Narón) .
Distancia: 5 kms (andaina 3.5 kms e carreiras menores) .
Organiza: Asociación AFAES .
Inscrición: en Carreiras Galegas

Máis información da Carreira solidaria pola saúde mental neste tema do foro

REGULAMENTO DA PROBA.

Artigo 1. Data e hora da proba
A Asociación AFAES xunto á colaboración da Federación Galega de
Atletismo, Clube de Atletismo Narón, Concello de Narón, e outras
entidades organizan a I Carreira- Andaina Solidaria pola Saúde Mental.
A proba celebrarase o día 16 de outubro de 2016 comezando a tanda de
carreiras a partir das 11:00 horas.
Contaremos con espazos para estacionamento nas proximidades



Artigo 2. Participantes
A proba está aberta a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de
sexo ou nacionalidade.
As categorías serán dende biberóns ata veteráns.
Cada corredor participa baixo a súa responsabilidade e dispón dun nivel
de condición física suficiente para afrontar a proba.
Simultáneamente realizarase unha Andaina, aberta a tódolos públicos.
Artigo 3. Percorrido, distancias e horarios
O circuito será sobre superficie mixta e estará pechado a todos os
vehículos, salvo os autorizados pola Organización.
O percorrido estará controlado e vixiado pola Policía Local, Protección Civil
e coa colaboración da Organización.
Calquera outro tipo de acompañamento está prohibido.
Horarios e distancias:
11:00 Infantís, nados no ano 2004/2003: 2.000m
11:20 Alevíns, nados no ano 2006/2005: 1.000m
11:30 Benxamines, nados no ano 2008/2007: 800m
11:45 Prebenxamins, nados no ano 2010/2009: 100m
12:00 Biberóns, nados no ano 2011: 80m
12:10 Dende categoría cadete, nados no ano 2002/2001 ata veteráns:
5000m
12:10 Andaina 3500m ( inmediatamente despois da saída da Carreira
absoluta )
Rutómetro da carreira ( 5 km )



Rutómetro da andaina ( 3,5 km )



A saída e chegada será á altura do Colexio Ponte de Xubia pola parte do
Paseo Marítimo.
Contaremos con baños e vestiarios nas proximidades.
Artigo 4. Condicións de participación
Unha inscripción é válida cando o participante rechee o boletín de
inscripción a través da web http://www.carreirasgalegas.com e aboa o
custo da inscripción.
As inscripción por medio da web pecharanse o xoves 13 de outubro ás
23:59
O mesmo día da proba NON se podrán realizar inscripcións.
Os participantes comprométense a:
- Aceptar estrictamente todos os artigos do presente regulamento.
- Aceptar as posibles modificacións da proba e quelas que a
organización se vexa obrigada a efectuar por causas alleas á súa
vontade.
- A inscripción da carreira é persoal e intransferible. Non se admitirán
devolucións, baixo ninguna causa, do importe da inscripción
- A realización da inscripción implica ler, entendido e adquirido o
compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo
estado físico. Eximo de toda responsabilidade, que da participación
do evento poidera derivarse tal como perda de obxectos persoais
por roubo ou outras circunstancias e o perigo de lesión, á
organización, os patrocinadores, directivos, empregados e demais
organizadores.
- A organización reserva o dereito de rexeitar calquera inscripción
que non acepte os termos e condicións do evento que quedan
expostos no presente regulamento. No caso de dúbida ou de xurdir
algunha situación non recollida no mesmo, estarase ao que dispoña
a organización.
RETIRADAS E DESCALIFICACIÓNS:
O servizo médico da competición está facultado para retirar da carreira a
calquera atleta que manifeste un mal estado físico.
A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da F.G.A. que
estarán autorizados a descalificar:
- A todo atleta que non realice o precorrido completo
- A todo atleta que non teña dorsal ou non o leve visible por diante,
doble ou manipule a publicidade, ou o fotocopie.
- A todo atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou
se reitere en protestas ante a Organización, á marxe do estipulado
no apartado de reclamacións.
Artigo 5. Categorías
Biberóns: Nados/as no ano 2011
Prebenxamíns: Nados/as nos anos 2009/2010
Benxamíns: Nados/as nos anos 2007/2008
Alevíns: Nados/as nos anos 2005/2006
Infantís: Nados/as nos anos 2003/2004
Cadetes: Nados/as nos anos 2001/2002
Xuvenís: Nados/as nos anos 1999/2000
Xuniors: Nados/as nos anos 1997/1998
Promesas: Nados/as nos anos 1994/1995/1996
Senior: De 1993 a 34 anos
Veterano/a A: De 35 a 44 anos
Veterano/a B: De 45 a 54 anos
Veterano/a C: De 55 a 64 anos
Veterano/a D: Máis de 65 anos
A partir de veteranos terase en conta a idade o día da carreira.
A organización poderá solicitar documentación, onde conste a data de
nacemento dos participantes. A súa non achega, poderá ser motivo de
descalificación.
Artigo 6. Custo da inscrición
A Carreira absoluta ( dende cadetes ata veteráns )terá un custo de 6€
As carreiras de menores ( biberóns, prebenxamín, benxamín, alevín e
infantil )serán gratuitas.
A andaina terá un custo de 4€. Para os menores de 12 anos será gratuita.
Dado o carácter solidario da proba, no momento da inscripción a través da
web estará aberto un sistema de aportación de donativos que será
voluntaria.
Do mesmo xeito existirá a posibilidade de realizar doacións a través do
dorsal 0.
TODOS OS BENEFICIOS DA CARREIRA REVERTIRÁN NA ASOCIACIÓN AFAES
PORTA NOVA .
Artigo 7. Retirada de dorsal
As persoas participantes poderán retirar os dorsais o sábado 15 de
outubro ou o domingo 16 de outubro nos seguintes lugares:
Sábado 15: Na tenda de Decathlon Ferrol, sito na Estrada San Pedro de
Leixa s/n en horario de 10:00 a 21:00
Domingo 16: No lugar da saída, ata 30 minutos antes do comezo de cada
proba.
Artigo 8: Trofeos e premios
Todos os corredores inscritos a partir da categoría cadete serán
obsequiados cunha camiseta conmemorativa.
Todos os biberóns e prebenxamíns recibirán medalla tras rematar a proba
As tres primeiras persoas clasificadas das categorías benxamín, alevín,
infantil, cadete, xuvenil, junior, promesa, senior e veteráns tanto
masculina como feminina, recibirán medalla.
Recibirán trofeo as tres primeiras persoas da clasificación absoluta, homes
e mulleres
Será imprescindible a presentación dun documento que acredite a
identidade para recoller os premios. Os premios terán o tratamento fiscal
conforme á lei.
Haberá sorteo de agasallos varios entre todos os participantes adultos e
nenos.
Artigo 9. Apelacións
As reclamacións relativas á clasificación deberán efectuarse verbalmente
dentro dos 30 minutos posteriores a facerse públicos os resultados, ante o
Xuíz/a Árbitro ou na secretaría da competición, sendo esta persoa a
responsable de resolvelas.
Todo o non previsto neste regulamento resolverase conforme ás normas
da F.G.A., R.F.E.A. e I.A.A.F. por esta orde.
Artigo 10. Avituallamientos
Na zona da meta establecerase o avituallamiento final.
Artigo 11. Seguros
Todos os participantes estarán cubertos por una póliza de
Responsabilidade Civil, e outra de Accidentes proporcionada pola licenza
do día da carreira da Federación Galega de Atletismo ( F.G.A. )
A organización declina toda responsabilidade sobre os danos físicos ou
morais que durante a participación nesta proba poida causar un atleta a sí
mesmo ou a terceiros.
Artigo 12.
Todos os participantes, polo feito de formalizar a inscrición, dan o seu
consentimento para que a organización por sí mesmo ou mediante
terceiras entidades, traten informáticamente e con finalidade
exclusivamente deportiva, promocional ou comercial, os seus datos de
carácter persoal, así como a súa imaxe dentro da proba mediante
fotografías, vídeo, etc.
De acordó co que establece a Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro,
da protección de datos de carácter persoal, o participante poderá exercer
o seu dereito de acceso a estes ficheros co obxecto de rectificar ou
cancelar de forma parcial ou total o seu contido. Para ejercitar este
dereito deberá solicitalo por correo electrónico a
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa
inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade
para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e
Responsabilidad Civil así como a xestión da licencia de día de ranking popular e probas de ruta. En
todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os
seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico
á Federación Galega de Atletismo. Avda de Glasgow 13, 15008 A Coruña.