Calendario
Info da proba

Fisterra

16/10/2016 All Day Event
Regulamento III Carreira Popular Concello de Fisterra. IV Circuíto Carreiras Populares Dep. Provincial A Coruña

Fecha: 16 de octubre de 2016.
Hora: A partir de las 10:15 h
Distancia: 3.400 y 9.150 metros,

Esta proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e forma parte do IVCircuíto Provincial de Carreiras Populares Deputación Provincial da Coruña 2016”


INSCRICIÓNS PARA CATEGORÍA SÉNIOR E VETERANOS
Existen dous tipos de inscrición para atletas adultos:

Corredores de circuíto:son os atletas que participan na liga 10K e 3K. As inscricións para os corredores/as de circuíto nesta proba están pechadas.

Corredores de carreira:son atletas que só participan de maneira puntual nalgunha das probas do circuíto. Os corredores de carreira poderán inscribirse na proba 10k ou na proba 3k contra o Cancro. Non participan na liga. Deberán realizar a inscrición para aquelas probas nas que queiran participar. Deberán correr cun chip que se lles facilitará no momento da recollida do dorsal e que deberán devolver ao remate da proba

COTAS DE INSCRICIÓN
A inscrición para as categorías base será gratuíta (de pitufo a xuvenil).
A inscrición para os adultos (sénior e veteranos) para esta proba concreta e independiente terá un custo de 5 € para aqueles corredores que teñan en propiedade o chip, e de 6 € para aqueles que deban alugalo

PRAZO DE INSCRICIÓN
O prazo de inscrición rematará o mércores 12 de outubro ás 23:59 horas



Inscrición: www.championchipnorte.com

Reglamento: ver reglamento completo