Calendario
Info da proba

Broña

18/09/2016 10:30 - 13:30
Regulamento XII Cross de Verán de Broña, 2016

e andaina cardiosaudable pola "Ruta
dos carpinteiros cos pés mollados"
Regulamento
1º. As probas de pitufos, prebenxamíns, benxamíns, alevíns, disputaranse na
ZONA VERDE da PRAIA DE BROÑA. As probas de infantís, cadetes,
xuvenil/xunior, promesa/sénior, veteráns e superveteráns farase no circuíto
mixto (terra/asfalto/cemento) sinalado pola organización.
2º. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen
licencia federativa.
3º. Na proba de 10 Km e en tódalas probas de pitufos/as, prebenxamíns/nas,
benxamíns/nas, alevíns/nas, infantís e cadetes, haberá premios para os tres
primeiros e as tres primeiras participantes de cada categoría. Ademáis, haberá
tres premios para os tres primeiros clasificados e as tres primeiras clasificadas
na carreira de 5,5 km, sexa cal sexa a súa categoría (xuvenil/xunior,
promesa/senior, veteráns/nas ou superveteráns/nas). Entregarase un premio
de honra aos/ás corredores e a corredoras de maior e menor idade.
4º. As inscricións para as probas de 10 km, 5,5 km e 3 km (infantís e cadetes)
faranse en Emesports, antes das 24:00 do xoves, 15 de setembro. As das
categorías pitufos/as, prebenxamíns/nas, benxamíns/nas, alevíns/nas e a
andaina, faranse na web da proba ou no correo-e carreirabrona@gmail.com,
ate 30 minutos antes de cada proba ou da saída da andaina. Nelas indicarase
nome, apelidos, data de nacemento, localidade e club (se procede). A
participación na proba de 5,5 km e na andaina son compatibles no horario. Se
algunha persoa quere participar nas dúas, cómpre que se inscriba en ambas
probas aínda que usará só o dorsal entregado para o cross. Ese será tamén o
número co que participará no sorteo de agasallos. Por favor, fagamos un
esforzo para evitar inscricións a última hora!
5º. Os/as participantes deberán colocarse no zona de saída 10 minutos antes
do comezo de cada proba.
6º. Os dorsais colocaranse no peito e deben ir visibles para facilitar a labor da
organización.
7º. A organización poderá modificar este regulamento sen previo aviso. O aquí
non recollido resolverase segundo o seu criterio. As súas decisións serán
inapelables.
8º. Tódolos/as participantes debidamente inscritos/as estarán amparados/as
por unha póliza de seguro de accidentes deportivos e responsabilidade civil
concertada pola organización.
9º. Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportivo e popular,
admitiranse reclamacións que serán resoltas pola organización antes da
XII Cross de Verán de Broña, 2016
e andaina cardiosaudable pola "Ruta
dos carpinteiros cos pés mollados"
Regulamento
entrega de premios. Espérase e agradécese un espírito e un comportamento
deportivo por parte de tódolos/as participantes.
10º. En cada proba cerrarase o control así que transcorra o triple do tempo
empregado polo/a vencedor/a. No caso da andaina, e por razóns puramente
loxísticas, pecharase o control cando comece a entrega de trofeos ás 13:15.
11º. Ao longo do percorrido a organización poderá establecer os controis que
estime oportunos e poderá descualificar aos/ás participantes que cometan
algunha irregularidade.
12º. A organización poderá agrupar categorías e anticipar a hora de saída
dalgunhas carreiras en función dos/as corredores/as inscritos/as en cada
proba.
13º. A entrega de trofeos farase ao rematar tódalas probas.
14º. É de obrigado cumprimento acudir ao protocolo da entrega de trofeos por
parte dos/as atletas premiados/as. En caso contrario non recibirán as
distincións e/ou agasallos.
15º. Tódalas persoas, inscritas na carreira ou na andaina, que crucen á meta
antes do peche do control, recibirán como agasallo unha camiseta
conmemorativa. Destas, tódalas maiores de 18 anos participarán ademais no
sorteo dunha noite nas Cabanas de Broña e dun precioso paseo en barca pola
ría e Esteiro do Tambre ofrecido por Xosé Ramón Barreiro, "Moncho", do
Freixo. As persoas agraciadas terán que recoller o agasallo persoalmente no
momento do sorteo. No caso de non estar presente, sortearase de novo. A
persoa que resulte agraciada co agasallo do primeiro sorteo, non participará no
segundo.
16º. Durante toda a mañá celebrarase dous obradoiros de reanimación cardiopulmonar/desfibrilación
semiautomática edinamometría. Varios especialistas
achegarannos á avaliación da capacidade física para a práctica de deporte e
actividade física de xeito seguro, adaptado ás capacidades e forma física de
cada persoa.
17º. A zona da praia de Broña é un entorno excelente para disfrutar dun xantar
ao aire libre. Organízase un xantar campestre na zona verde. Instalarase unha
pulpeira que ofrecerá un menú económico* para quenes queran disfrutar dun
rato agradable comentando o resultado das probas e compartindo experiencias
e prefiran non levar comida da casa ou usar a hostelería local. Prégase marcar
a casilla correspondentes no formularios de inscrición, ven en Emesport, ven
na web da carreira, dependendo das categorías e actividades, confirmando
XII Cross de Verán de Broña, 2016
e andaina cardiosaudable pola "Ruta
dos carpinteiros cos pés mollados"
Regulamento
quenes se quedarán a xantar. Xunto coa marca da casilla para os/as inscritos
poderá rexistrarse o número de persoas, nenos/as ou adultos/as que
acompañarán a cada persoa inscrita. Por favor, completade tamén os datos de
contacto: desde a organización porémonos en contacto con tódolos/as
interesados para completar os detalles. Haberá duchas dispoñibles no
polideportivo de O Cruceiro de Roo e no Centro Náutico Municipal Francisco
Rama Vázquez "Fufú", O Freixo, desde as 11:00 ata as 13:00.
*Prezos e menú
0-5 anos, non pagan
5-10, 10€
maiores de 10 anos, 18€
...e xantaremos...
un pouco de pulpo
mexilóns ao vapor
carne ó caldeiro a demanda
bebida
postre (froita e doces)
café