Calendario
Info da proba

Noia

03/09/2016 21:30 - 24:00
Regulamento XX CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE NOIA
O Concello de Noia coa colaboración do Clube Atletismo Noia (CAN) organizan
conxuntamente a XX edición da súa Carreira Pedestre Popular o sábado 3 de setembro de 2016
na localidade de Noia baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en
Santiago), e segundo o seguinte:
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados.
2. CATEGORÍAS E DISTANCIAS DOS PARTICIPANTES:
CATEGORÍA ANOS DE NACEMENTO DISTANCIAS
CHUPETE* nados/as en 2012 e posteriores 250 metros aprox.
PITUFO* nados/as en 2009-2010-2011 350 metros aprox.
BENXAMIN nados/as en 2007-2008 1000 metros aprox.
ALEVIN nados/as en 2005-2006 1000 metros aprox.
INFANTIL nados/as en 2003-2004 3000 metros aprox.
CADETE nados/as en 2001-2002 3000 metros aprox.
XUVENIL nados/as en 1999-2000 3000 metros aprox.
JUNIOR nados/as en 1997-1998 8 km aprox.
PROMESA nados/as en 1994-1995-1996 8 km aprox.
SENIOR nados/as entre 1982 e 1993 8 km aprox.
VETERANOS/AS 1 nados/as entre 1977 e 1981 8 km aprox.
VETERANOS/AS 2 nados/as entre 1967 e 1976 8 km aprox.
VETERANOS/AS 3 nados/as entre 1957 e 1966 8 km aprox.
VETERANOS/AS 4 nados/as en 1956 e anteriores 8 km aprox.
*As categorías CHUPETE e PITUFO non son categorías federadas.
3. HORARIO DAS PROBAS
Todos os participantes deberán colocarse na liña de SAÍDA 5 minutos antes do inicio de cada
proba, sita a mesma na Alameda de Noia e a carón da Casa do Concello.
HORA CATEGORÍA
21:00 h Chupete (250 metros aprox.)
21:10 h Pitufo (350 metros aprox.)
21:15 h Benxamín e Alevín (1000 metros aprox.)
Página 2 de 3
CONCELLO
DE NOIA
HORA CATEGORÍA
21:30 h Infantil, Cadete e Xuvenil (3000 metros aprox.)
22:00 h Junior ,Promesa,Senior e Veteranos (8 km aprox.)
23:15 h ENTREGA DE PREMIOS (ALAMEDA)
4. INSCRICIONS
As INSCRICIONS DE TODAS AS PROBAS realizarase a través da web www.emesports.es
rellenando os datos indicados no formulario de inscrición online.
As inscricións das categorías escolares (de chupete a xuvenil) serán gratuitas.
As inscricions da proba de adultos (de JUNIOR en adiante) realizaranse tamén a través da
web www.emesports.es. Establecerase un prezo de inscrición de 5 € por.
O prazo de inscrición rematará o mércores 31 de agosto ás 23:00 horas. NON SE
ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO.
Os dorsais de competición recolleranse na zona da Alameda, a carón da SAIDA das probas
ata media hora antes do inicio de cada proba. Teléfono de información: 981 842 100.
Os atletas da categoria xuvenil que desexen tomar parte na proba absoluta (8 km aprox.)
deberán comunicalo previamente no correo electrónico FGAsantiago@gmail.com onde
se lle indicará como deben proceder.
5. TROFEOS E PREMIOS EN METÁLICO
Estableceranse os seguintes trofeos e premios:
Tres primeiros clasificados masculinos e femeninos da carreira absoluta.
Tres primeiros clasificados de cada categoría tanto masculinos como femeninos.
Primeiro atleta local clasificado da carreira absoluta, tanto en masculino como en femenino.
Os trofeos non serán acumulativos, agás o do atleta local.
Tamén haberá trofeo para os 3 primeiros clubes da clasificación final.
Nas categorías CHUPETE e PITUFO daranse medalla a todos os participantes.
Non haberá trofeos para estas categorías nin se farán clasificacións.
PREMIOS EN METÁLICO
CARREIRA ABSOLUTA (JUNIOR, PROMESA, SENIOR e VETERANAS/OS A/B/C).
PREMIOS INDIVIDUAIS
1º Clasificado: 300 € 1ª Clasificada: 300 €
2º Clasificado: 175 € 2ª Clasificada: 175 €
3º Clasificado: 125 € 3ª Clasificada: 125 €
Página 3 de 3
CONCELLO
DE NOIA
Os premios en metálico serán aboados por transferencia bancaria con posterioridade ás
probas. Para elo tódolos atletas e clubes gañadores dos mesmos deberán acreditar a súa
identidade coa presentación do DNI, carnet de conducir ou pasaporte e deberán aportar o
seu nº de conta.
6. Os atletas da carreira absoluta correrán cun CHIP que lle será entregado no momento da
recollida do dorsal. Todo atleta que chega a liña de meta sen o seu dorsal ou non o leve
colocado de xeito visible na zona anterior do corpo será automáticamente descualificado.
7. A participación de atletas extranxeiros regulase polo artigo 3.4. do Regulamento para as
competicións de Campo a Través, Marcha, Carreiras en estrada e reunións de pista cuberta e
aire libre para competicións autonómicas da RFEA.
Dito artigo pódese consultar no seguinte enlace:
http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento_competiciones.pdf
8. Haberá dous puntos de avituallamento: un situado aproximadamente a metade de
percorrido, e outro situado na liña de meta.
9. Habera servizo de duchas no polideportivo municipal de Noia disposición de tódolos atletas ó
finalizar as probas. Tódolos atletas que logren concluir a proba recibirán unha camiseta
conmemorativa do evento.
10. As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó xuíz árbitro da
Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.
11. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo cos regulamentos da
FGA e RFEA en vigor para probas en ruta.