Calendario
Info da proba

Ordes

11/09/2016 10:00 - 13:00
Regulamento XXI CARREIRA POPULAR DO CONCELLO DE ORDES

O Concello de Ordes celebra a XXI edición da súa Carreira Popular o domingo 11 de setembro de 2016 na localidade de Ordes baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago) e de acordo co seguinte:

REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación conxunta. O control técnico das probas estará a cargo do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo.

2. CATEGORÍAS E DISTANCIAS DOS PARTICIPANTES:
CATEGORÍA ANOS DE NACEMENTO DISTANCIAS
BABY* 2011 e posteriores 500 metros
PREBENXAMÍN* 2009-2010 500 metros
BENXAMÍN 2007-2008 1000 metros
ALEVÍN 2005-2006 1000 metros
INFANTIL 2003-2004 3000 metros
CADETE 2001- 2002 3000 metros
XUVENIL 1999-2000 9500 metros
JUNIOR-PROMESA-SENIOR 1998 ata veteráns 9500 metros
VETERANOS/AS A nados/as entre 1970 e 1981 9500 metros
VETERANOS/AS B nados/as entre 1960 e 1969 9500 metros
VETERANOS/AS C nados en 1959 e anteriores 9500 metros
*As categorías BABY e PREBENXAMÍN non son categorías federadas.

3. HORARIO DAS PROBAS
Todos os participantes deberán colocarse na liña de SAÍDA 5 minutos antes do inicio de cada proba, sita a mesma enfronte da Casa Consistorial.

HORA CATEGORÍA
10:00 h Infantil e cadete (3000 metros)
10:30 h Baby e Prebenxamín (500 metros)
10:50 h Xuvenil, Junior-Promesa-Senior e Veteranos (9500 metros)
11:00 h Benxamín e Alevín (1000 metros)

4. Para o control da carreira absoluta (de xuvenil en adiante) todos os participantes deberán levar un CHIP que lles será entregado xunto co seu dorsal e que irá colocado na parte de atrás do dorsal.

5. INSCRICIONS:
- CARREIRAS ESCOLARES (de Baby a cadete): faranse rellenando os campos indicados a través do formulario de inscrición presente nas webs www.carreirasgalegas.com e www.atletismogalego.org.
- CARREIRA ABSOLUTA (xuvenil- junior-promesa, senior e veteranos), poderán facelo visitando a páxina web www.carreirasgalegas.com onde se lle indicarán os pasos que deberán efectuar para formalizar a inscrición*.

PREZO DE INSCRICIÓN:
- CATEGORÍAS ESCOLARES: GRATUITA
- CARREIRA ABSOLUTA: 4,00 €

*Os equipos, clubes, centros… que desexen obtar os premios en metálico deberán formalizar a inscrición individual de cada compoñente, e ademais remitir un correo electrónico á dirección FGAsantiago@gmail.com no cal se reflexará a composición de atletas do clube cos seus datos persoais (nome e apelidos, data de nacemento, localidade de procedencia, clube e nº de licencia federativa (se a ten).

Para máis información, poderán utilizar os teléfonos 981 680 002 e 981 680 157.

O prazo de inscrición rematará o mércores 7 de setembro de 2016 ás 22:00 horas. NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO.

Os dorsais e os CHIPS recolleranse na SECRETARIA DA COMPETICIÓN sita na Casa do Concello (a carón da SAIDA) ata MEDIA HORA antes do inicio da proba correspondente.

6. O longo do percorrido a organización ubicará controis nos cales poderase descualificar a calquera atleta que incumpla a normativa da competición (sairse do percorrido, sacar o dorsal, empurrar ou obstaculizar a outros atletas…). O percorrido da proba absoluta estará sinalado cada kilómetro.

7. Todo atleta que chega a liña de meta sen o seu dorsal colocado correctamente na zona do peito, en toda a súa extensión será automáticamente descalificado.

8. TROFEOS E PREMIOS EN METÁLICO
Haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados de cada categoría (en mulleres e homes), así como trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da carreira XUVENIL, JUNIOR-PROMESA-SENIOR e VETERANAS/OS.

Tamén outorgarase trofeo ós 3 primeiros clasificados do Concello (deberán estar censados) na proba absoluta (en mulleres e homes), ó participante máis xoven e o máis veterano que logre concluila proba (da súa categoría, claro).

Os trofeos non serán acumulativos.

PREMIOS EN METÁLICO
CARREIRA ABSOLUTA (XUVENIL, JUNIOR-PROMESA-SENIOR e VETERANOS/AS)
PREMIOS INDIVIDUAIS
1º Clasificado/a: 150 €
2º Clasificado/a: 80 € (Iguais para mulleres e homes)
3º Clasificado/a: 50 €

PREMIOS POR CLUBES FEDERADOS*
CARREIRA ABSOLUTA (XUVENIL, JUNIOR-PROMESA-SENIOR e VETERANOS/AS)
1º Equipo Clasificado: 150 €
2º Equipo Clasificado: 100 €
3º Equipo Clasificado: 50 €

*A clasificación por clubes federados será establecida a través dos 4 primeiros corredores en cruzar a liña de meta. Para puntuar nesta clasificación é necesario realizar a inscrición como clube* (inscribindo os corredores individualmente en e remitindo un correo electrónico a dirección FGAsantiago@gmail.com cos datos do clube e dos seus compoñentes), e que alo menos 6 corredores do mesmo logren concluila carreira. A confección dos equipos poderá ser mixta, masculina ou femenina, pero todos puntuarán nunha soa clasificación.

NINGÚN CLUBE FEDERADO ENTRARA NESTES PREMIOS SENON SEGUE OS PASOS MARCADOS PARA A INSCRICION POR CLUBE INDICADA NO PUNTO 5 DESTE REGULAMENTO.

PREMIOS POR GRUPOS DO MUNICIPIO*
CARREIRA ABSOLUTA (XUVENIL-JUNIOR-PROMESA, SENIOR e VETERANA/O).
1º Grupo Clasificado: 150 €
2º Grupo Clasificado: 100 €
3º Grupo Clasificado: 50 €

*Na clasificación por grupos do municipio poderán entrar todas as asociacións, clubes, equipos, centros,… do municipio de Ordes. A clasificación será establecida a través dos 4 primeiros corredores en cruzar a liña de meta. Para puntuar nesta clasificación é necesario realizar a inscrición como grupo municipal* (VER PUNTO 5 DO REGULAMENTO) e que alo menos 6 corredores do mesmo logren concluila carreira. A confección dos grupos poderá ser mixta, masculina ou femenina, pero todos puntuarán nunha soa clasificación.

* Non se pode duplicar a inscrición, é dicir, os corredores so poderán estar anotados ou a través dunha asociación, clube ou dun centro educativo, non poderá figurar en duas entidades.

9. A participación de atletas estranxeiros en competicións de ruta autonómicas rexerase polas regras de competición 2015 publicadas no sitio web oficial da RFEA , e en especial o artigo 3.4 (páxina 72 do manual) , artigo que se pode consultar no seguinte enlace:
http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2015/00Reglamentacion2015.pdf

10.Habera servizo de duchas na piscina municipal a disposición de tódolos atletas ó finalizar as probas. Tódolos atletas que logren concluir a proba recibirán avituallamento líquido e unha camiseta conmemorativa do evento.

11. As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó Xuíz Árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.

12. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co regulamento da RFEA e FGA para probas en ruta en vigor.