Calendario
Info da proba

O Grove - Marisco

09/10/2016 10:00 - 12:00
Regulamento XVIII CARREIRA POPULAR FESTA DO MARISCO

VIDEO PROMOCIONAL.

ORGANIZA: Concello do Grove e C.D. Ria de Arousa

DATA DE CELEBRACIÓN: Domingo dia 9 de outubro de 2016. (Primeiro Fin de Semana da Festa do Marisco)

SAÍDA DA PROBA: Parque de Confín (no Paseo Marítimo de Beiramar).

INSCRICIÓNS: para tódalas categorías, as inscricións realizaranse a través da páxina web www.galitiming.com indicando nome e apelidos, data de nacemento, teléfono, dirección e club (ou lugar de procedencia) antes do xoves da 6 de outubro ás 0:00. A categoría absoluta terá un prezo de 5€ con dereito a “bolsa do corredor”.

CARACTERÍSTICAS DO CIRCUÍTO: o percorrido será mixto, comeza sofre asfalto, continua por terra (no Parque Forestal Illa da Toxa), segue por céspede polo Golf La Toja, rematando en asfalto novamente ata a liña de meta. Haberá duchas ao servizo dos corredores no Pavillón Náutico e no Pavillón dos Deportes ao finalizar a carreira.

DISTANCIAS E CATEGORÍAS :

PREBENXAMÍN ata 6 anos ______250 m.
BENXAMÍN de 7 a 9 anos________500 m.
ALEVÍN 10 e 11 anos___________1000 m.
INFANTIL 12 e 13 anos_________1000 m.
CADETE 14 e 15 anos__________1500 m.
XUVENIL 16 e 17 anos _________1500 m.
SENIOR de 18 a 34 anos _______10.000 m.
VETERANO A 35 a 49 anos______10.000 m.
VETERANO B 50 en diante______10.000 m.

PREMIOS:

- Recibirán trofeo os 3 primeiros clasificados de cada categoría a partir de infantil. Nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín recibirán unha medalla.

- Haberá que presentar o DNI para o cobro dos premios en metálico.

1º: 250€
2º: 200€
3º: 100€
4º: 75€
5º: 50€

- Os 3 primeiros atletas masculinos e femininos locais recibirán un trofeo e un bono de consumición para a “Festa do Marisco”.

- Trofeo ao 1º e 1ª atleta portugués/a que tamén recibirán un bono/consumición da Festa do Marisco. O e a atleta de maior idade levarán o mesmo premio.

A organización reservase a posibilidade de poder agasallar os primeiros clasificados das diferentes categorías con mais premios que se poidan conseguir de patrocinadores e colaboradores.

TRACK CARREIRA POPULAR FESTA DO MARISCO.

/ AXUDA a completar a información desta proba. Graciñas.