Portada
A miña conta
Calendario
Foros
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
A miña conta
Calendario
Info da proba
Gundián
11/09/2016
10:30 - 13:00
Voltar
Regulamento
25ª CARREIRA POPULAR “GUNDIÁN 2016”
PONTE ULLA Vedra
11 de setembro
Inscrición
Inscrición obrigatoria e gratuíta en
www.gundian.gal/inscricion
ata o 7 de setembro ás 23:59h.
Categorías
A Especial (masculina e feminina).
Até 4 anos (nados/as do 2.012 ao 2.016)
A (masculina e feminina).
De 4 a 8 anos (nados/as do 2.008 ao 2.011)
B (masculina e feminina).
De 9 a 12 anos (nados/as do 2.004 ao 2.007)
C (masculina e feminina).
De 13 a 15 anos (nados/as do 2.001 ao 2.003)
D (masculina e feminina).
De 16 a 18 anos (nados/as do 1.998 ao 2.000)
E Feminina.
De 19 a 35 anos (nadas do 1.981 ao 1.997)
E Masculina.
De 19 a 40 anos (nados do 1.976 ao 1997)
F Feminina.
Maiores de 35 anos (nados até o 1980 inclusive)
F Masculina.
Maiores de 40 anos (nados até o 1975 inclusive)
Realización da proba
Recollida de dorsais:
o 11 de setembro ata as 10:00 h no Restaurante Ríos (Ponte Ulla)
Saída:
ás 10:30 h desde Ponte Ulla.
Percorrido:
o circuíto consta de aproximadamente 4 quilómetros. Transcorre por ambas marxes do río Ulla, con chegada na ermida do Gundián. Para as categorías A Especial, A e B haberá percorridos máis curtos.
Premios
Vencedores/as absolutos/as:
trofeo conmemorativo en cerámica da Ponte de Gundián e 360 € (1º), 200 € (2º) e 150 € (3º), tanto na categoría feminina coma na masculina.
Primeiros/as e segundos/as de cada categoría:
trofeo conmemorativo en cerámica da Ponte de Gundián e vales para material deportivo por valor de 50 € (1º) e 35 € (2º) en Deportes Caneda.
Primeiros/as clasificados/as da parroquia:
trofeos conmemorativos en cerámica da Ponte de Gundián doados por Super Ulla, tanto na categoría feminina como na masculina.
Premios conmemorativos en cerámica da Ponte de Gundián ao máis veterano/a e ao máis novo/a da carreira.
Os premios non serán acumulativos en ningún dos casos (só 1 premio por persoa).
Non poderán acceder aos trofeos e premios en metálico aqueles/as participantes que non presenten orixinal ou fotocopia do DNI ou do libro de familia.
As primeiras 300 persoas en inscribirse recibirán unha camiseta conmemorativa.
Todas as persoas participantes disporán de bebida, Donuts e froita.
Todos os partipantes das categorías A Especial e A que cheguen a meta recibiran un vale de 6 euros doado por Super Ulla.
Entre todos os participantes presentes no momento da entrega de premios faranse dous sorteos: unha bicicleta de montaña e o peso dun corredor/a (ou de seu pai/nai) en litros de gasóleo.
Condicións de participación
A inscrición nesta carreira popular implica que a persoa que se inscribe, ou o pai/nai/titor no caso de menores:
– Certifica que se atopa en bo estado de saúde.
– Exime de responsabilidade á organización por por calquera lesión ou padecemento producido por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a participante, así como de calquera outra circunstancia relacionada coa participación no evento (agresión, perda de obxectos persoais etc).
– Autoriza a organización á toma de fotografías e a utilización da súa imaxe en webs, redes sociais, publicacións, carteis etc, co obxecto de promocionar este evento en particular e o deporte en xeral. Calquera persoa poderá denegar o permiso de utilizar a súa imaxe previa solicitude á comisión organizadora da carreira, por escrito ou a través do correo contacto@gundian.gal.
Conforme á Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable a Asociación de Veciños Virxe de Gundián. A finalidade do ficheiro é levar a cabo as xestións relacionadas coa inscrición na Carreira Popular do Gundián e informalo de futuras edicións e eventos deportivos organizados por esta asociación. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, poderá facelo a través do correo contacto@gundian.gal, acompañando a solicitude dunha fotocopia do seu DNI.
A organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte as presentes condicións de participación.
A organización poderá modificar calquera aspecto da proba de consideralo necesario.
As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento.
Para calquera duda ou consulta o Foro de Gundián 2016
Voltar