Calendario
Info da proba

Ames

23/10/2016 11:00 - 14:00
Regulamento XVII CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE AMES
CAMPEONATO DE GALICIA DE 10 KM EN RUTA 2016
23 / 10 / 2016
Regulamento
1. O Concello de Ames e a Federación Gallega de Atletismo organizan o domingo 23 de
outubro a décimo séptima edición da carreira pedestre popular que será a súa vez CAMPEONATO
DE GALICIA ABSOLUTO E DAS CATEGORÍAS JUNIOR, PROMESA E VETERANOS DE 10 KM EN RUTA.
A proba formará parte do IV Circuito de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.
2. As probas disputaranse o domingo, 23 de outubro, na localidade de Bertamiráns. A saída e
chegada de cada proba farase na Rúa Alcalde Lorenzo de Bertamiráns (preto da praza do Concello).
O circuíto da proba absoluta estará debidamente sinalizado e contará con indicacións en cada
quilómetro.
3. Na carreira popular poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen
licenza federativa. Para o Campeonato de Galicia de 10 km en ruta deberase estar en posesión de
licencia federativa en vigor da tempada 2015 / 2016. O control da carreira estará a cargo do Comité
de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
4. As inscricións da carreira popular en todas as súas categorías realizaranse a través da web
www.emesports.es enchendo o formulario de inscrición. Tamén se poderá realizar
presencialmente nas seguintes tendas deportivas:
- Deportes Amesport: Avenida da Maía 83 Baixo (Bertamiráns- Ames)
- Deportes Metrópolis: Avenida da Maía 84 Baixo (Bertamiráns- Ames)
O prazo de inscrición para a carreira popular rematará o mércores 19 de outubro ás 23:59 horas.
PREZOS DA INSCRICION
- Categorías escolares (de pitufo a xuvenil): GRATUÍTA
- Proba absoluta (de junior a veterano): 5 €
* Poderase formalizar o pagamento a través da pasarela de pago na propia web.
** Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido, nin o día da carreira.
5. As inscricións para o Campeonato de Galicia de 10 km en ruta realizaranse a través da
plataforma da rfea (link: https://isis.rfea.es/sirfea2/ ) e será GRATUITA.
NOTA IMPORTANTE: OS ATLETAS QUE SE INSCRIBAN NO CAMPEONATO DE GALICIA DE 10 KM EN
RUTA QUE DESEXEN OPTAR AOS PREMIOS DA CARREIRA POPULAR (TROFEOS E PREMIO EN
METÁLICO) DEBERÁN FORMALIZAR TAMÉN A SÚA INSCRICIÓN NA PÁXINA WEB
www.emesports.es
6. Os dorsais retiraranse na secretaría da organización situada na Casa do Concello (Praza do
Concello nº 2- Bertamiráns) o día anterior á carreira (sábado, 22 de outubro) en horario das 17:00
ás 20:00 horas ou no mesmo día da carreira ata media hora antes da proba correspondente. Para
non gardar colas recoméndase recoller o dorsal o día anterior no lugar establecido.
7. A carreira estará controlada ao longo de todo o percorrido a través dun chip que se
entregará a cada corredor/a e que deberá entrelazar no cordón dunha das súas zapatillas antes da
saída. Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu dorsal ou sen o seu chip ou non o leve
colocado de xeito correcto, será automáticamente descualificado/a.
8. TROFEOS E PREMIOS EN METÁLICO
OS ATLETAS INSCRITOS NO CAMPIONATO DE GALICIA DE 10 KM EN RUTA QUE NON SE INSCRIBAN
NA CARREIRA POPULAR NON PODERÁN OPTAR A ESTES PREMIOS
CARREIRA POPULAR
Recibirán trofeos os/as tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría e tamén os/as tres
primeiros/as clasificados/as da proba absoluta.
Na proba absoluta recibirán trofeo os/as tres primeiros/as clasificados/as locais empadroados/as
no Concello de Ames.
Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous trofeos
(agás os premios aos/as atletas locais).
PREMIOS EN METÁLICO INDIVIDUAIS (só para a carreira popular)
1º CLASIFICADO/A 300,00 €
2º CLASIFICADO/A 200,00 €
3º CLASIFICADO/A 100,00 €
4º CLASIFICADO/A 75,00 €
5º CLASIFICADO/A 50,00 €
CAMPEONATO DE GALICIA DE 10 KM EN RUTA 2016
Os recollidos na circular do campeonato que podes descargar no seguinte link:
http://www.atletismogalego.org/CIRCULARES/Circular%2060-2016.pdf
A entrega de trofeos farase ao remate de todas as probas diante da Casa do Concello.
Non haberá premios nin trofeos para os/as participantes das categorías prebenxamín e pitufo.
Nestas categorías entregaráselle unha medalla conmemorativa do evento a cada participante.
Aos/ás atletas que obteñan algún premio poderáselles solicitar que acrediten a súa idade coa
presentación do DNI ou pasaporte.
9. A participación de atletas extranxieros e de outras federacións autonómicas rexirase de
acordo co disposto no artiglo 3.4. do "Reglamento para las competiciones de campo a través,
marcha, ruta, montaña, trail y reuniones de pista cubierta y aire libre 2015-2016”. Máis
información de esta norma en
http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2016/03_reglamento_comp.pdf
10. Os e as participantes deberán colocarse na zona de saída 10 minutos antes do comezo da
súa proba.
11. Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse
reclamacións, pero agárdase un espírito e un comportamento deportivo por parte de todos os e as
participantes. As reclamacións aos resultados oficiais formularánselle ao xuíz árbitro da
competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos resultados.
12. O horarios das saídas poderán ser modificados, a criterio do xuíz árbitro da proba, en
función do número de participantes de cada categoría.
13. Haberá servizo de duchas a disposición dos atletas no Pavillón Polideportivo Municipal.
14. Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordo co Regulamento da FGA e
RFEA para probas en ruta en vigor.
15. Establécense as seguintes categorías, segundo o ano de nacemento:
HORARIOS
CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO DISTANCIA HORARIO
PITUFO FEMENINO nados/as no 2012 e posteriores
200 m aprox 12:30 horas
PITUFO MASCULINO 12:35 horas
PREBENXAMÍN FEMENINO nados/as no 2009, 2010 e
2011 350 m aprox 12:40 horas
PREBENXAMÍN MASCULINO 12:50 horas
BENXAMÍN FEMENINO nados/as no 2007 e 2008 1.000 m aprox 13:00 horas BENXAMÍN MASCULINO
ALEVÍN FEMENINO nados/as no 2005 e 2006 1.000 m aprox 13:10 horas ALEVÍN MASCULINO
INFANTIL nados/as no 2003 e 2004 2.000 m aprox 13:20 horas CADETE nados/as no 2001 e 2002
XUVENIL nados/as no 1999 e 2000
5 km
(1 volta circuito
de 10 km)
11:00 horas
JUNIOR nados/as no 1997 e 1998
10 km 11:00 horas
PROMESA nados/as no 1994, 1995 e
1996
SENIOR nados/as entre 1982 e 1993
VETERANO/A 1 nados/as entre o 1976 e 1981
VETERANO/A 2 nados/as entre o 1967 e 1975
VETERANO/A 3 nados/as entre o 1957 e 1966
VETERANO/A 4 nados/as en 1956 e anteriores