Calendario
Info da proba

Malpica

10/09/2016 18:30 - 20:00
Regulamento I Carreira Pedestre Concello de Malpica

SABADO 10 de SETEMBRO

1.- FINALIDADE

A ideloxía da I Carreira Pedestre do Concello de Malpica é fomentar a práctica de actividade física e deportiva como medio para alcanzar unha vida máis saudable.
Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, a partir dos 16 anos.
A inscrición: Deberán facer unha única inscrición e correr obrigatoriamente con chip amarelo.
• Farase na Plataforma championchip www.championchipnorte.com.A autorización paterna para os menores de idade deberá imprimirse e ser presentada debidamente cuberta e asinada á hora de recoller o dorsal e o chip (o chip terán que devolvelo despois de cada carreira nos espazo habilitados pola organización do Concello).
• A autorización poderá ser descargada en www.championchipnorte.com .3.- CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIOS da I Carreira Pedestre Concello de Malpica
CATEGORÍA IDADES DISTANCIAS HORARIOS
Xuvenil Masculino 2000-1999 8.650 m 18:30 H
Feminino
Sénior Masculino 1977-1998 8.650 m 18:30 H
Feminino
Veteranos M40 Masculino 1967-1976 8.650 m 18:30 H
Feminino
Veteranos M50 Masculino 1966 (incluído) e anteriores 8.650 m 18:30 H
Feminino
4.- PERCORRIDO I Carreira Pedestre Concello de Malpica
a) Tempo máximo de remate da proba 1h e 30´.
Percorrido: Saída dende a Praza de Anselmo Vilar Amigo (enfrente do Concello), Eduardo Vila Fano, Rúa do Porto, Dársena, Camiño do Rio, Eduardo Vila Fano, Guardia Pardines, Paseo da Praia, Rúa Canido, Cancela de Areas, Seaia, Estrada á Praia de Seaia, Instituto Urbano Lugris, Estrada de Santo Hadrian ata a Capela, Camiño do Santo, Canido, chegada no Paseo da Praia.

5.- NORMATIVA XERAL E DE SEGURIDADE da I Carreira Pedestre Concello de Malpica
1. A rexerase pola regulamentación de Seguridade Vial do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, que establece os requisitos esixidos para a celebración de probas deportivas na vía urbana (Real Decreto 1428/2003 do 21 de novembro, publicado no BOE nº 306 do 23 de decembro de 2003 sobre a ocupación da vía pública; e o Real Decreto 849/1993 do 4 de xuño de 2003, sobre a contratación do seguro de responsabilidade civil e de accidentes).
2. A proba estará subscrita ao seguro de responsabilidade civil do Concello correspondente neste caso do Concello de Malpica. Tamén contará cun seguro de accidentes que terá as coberturas mínimas esixidas no Real Decreto 849/1993.
3. Así mesmo a proba contará cun servizo médico-sanitario, que constará dunha ambulancia e un médico no caso que superen os 750 participantes.
4. A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios e ou percorridos, así como aprazar ou suspender a carreira se así o estima oportuno por razóns de seguridade.
5. No caso de que para o día de celebración da proba se decrete unha alerta laranxa a proba será suspendida automaticamente. Buscarase unha data axeitada para desenvolvela e non se devolverán os cartos da inscrición.
6. Os atletas que durante o transcurso da proba que circulen por fóra do espazo delimitado polos vehículos de sinalización de inicio e fin de carreira, considéranse a todos os efectos usuarios normais da vía. Pese a que a organización fará o máximo esforzo no control do tráfico rodado, indicamos aos participantes a posibilidade que nalgún punto podan coincidir cunha circulación mínima de vehículos. Solicitamos que se extreme a atención para mitigar posibles riscos.
7. Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá participar de trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da proba.
8. Poderanse efectuar reclamacións ante o Xuíz Árbitro da proba. A participación é libre e leva implícito a aceptación do Regulamento Xeral da proba. Todo o non previsto neste regulamento resolverase de acordo, por esta orden, as normas da F.G.A., RFEA e I.A.A.F. en vigor.
9. O Concello de Malpica porá a disposición dos participantes na carreira o Pavillón Polideportivo de Malpica para que se podan cambiar e duchar,así como un servizo de garda roupa. No Centro Cívivo (lugar onde se recollerán os dorsais e chips, haberá servizo tamén de garda roupa.
10. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola organización.
11. @s participantes na proba recibirán un agasallo cando recollan os seus dorsais e chips.
12. Haberá avituallamento final para todos os participantes e un líquido intermedio na carreira.
13. Descualificacións:
O servizo médico da competición está facultado para retirar durante a proba a calquera atleta que manifeste un mal estado físico.
Todo atleta que non realice o percorrido completo.
O atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere en protestas ante a organización.
6.- DEREITOS DE IMAXE, USO DE DATOS E AUTORIZACIÓNS
Os deportistas inscritos comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación.
A solicitude de inscrición para os deportistas menores de idade deberá ir acompañada dunha autorización paterna segundo o modelo establecido pola organización. Dito modelo poderase descargar na páxina www.championchipnorte.com.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se expoñen:
O atleta inscrito declara que está en bo estado físico e ten pasado os pertinentes recoñecementos de saúde.
Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións especiais,...) deberá facelo constar no reverso do dorsal da proba.
O atleta inscrito autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a súa imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e internet,(…) para a promoción do deporte.
Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito.
7.- SISTEMA DE CRONOMETRAXE / CHIPS E RECOLLIDA DE DORSAIS na I Carreira Pedestre Concello de Malpica
Para controlar a proba estableceranse controis de cronometraxe por chip (deberá ir suxeito aos cordóns das zapatillas).
Será obrigatorio o uso de chip para todas as categorías (facilitado pola organización).
Será obrigatorio o uso de dorsal para todas as categorías (facilitado pola organización).
O atleta que non porte o chip non poderá entrar na clasificación da proba.
O atleta que non porte dorsal poderá ser descualificado se así o estima a dirección de carreira.
O horario de apertura das mesas de recollida de dorsais será de 10:00 a 13:00 da mañá e de 15:00 a 17:45 no Centro Cívico de Malpica. Os dorsais e chips poderanse recoller ata 45 minutos antes do inicio da proba.
Os chips son persoais en intransferibles polo que a suplantación da personalidade dos atletas, sancionarase coa expulsión da carreira do portador e do/a atleta suplantado, anulando todos os dereitos adquiridos coa inscrición.
8.- INSCRICIÓNS na I Carreira Pedestre Concello de Malpica.
As inscricións realizaranse a través da páxina web www.championchipnorte.com data límite o Martes 6 de setembro ás 24h.
As inscricións para os atletas menores de idade poderá realizarse a través da plataforma championchip, presentando un formulario de inscrición no departamento de deportes do concello organizador, ou no lugar indicado polo concello organizador a tal efecto.
Cotas de inscrición:
A inscrición para a carreira terá un custo de 3 € para aqueles corredores que posúan chip, e de 4 € para aqueles corredores que deban alugar o chip.

Data límite martes 6 de setembro.
1) Plataforma championchip ( www.championchipnorte.com. ) A autorización paterna deberá imprimirse e ser presentada debidamente cuberta e asinada á hora de recoller os dorsais. Dita autorización poderá ser descargada en www.championchipnorte.com.
2) Presentando a autorización paterna asinada no Departamento de Deportes do Concello de Malpica.
9.- CALIFICACIÓNS E TROFEOS/MEDALLAS NA I CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE MALPICA
Clasificacións da proba.
• Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
• Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as en cada unha das categorías (xuvenil, sénior, M40 e M50).
• Recibiran trofeo e/ou medalla o primeiro e primeira clasificado/a empadroado/a do Concello de Malpica.

A entrega de trofeos no palco situado diante da Meta, se o tempo o permite, e no suposto que non fose así no salón de actos do Centro Cívico.

O Concello de Malpica, organizador desta carreira aproveita a ocasión para agradecer súa participación.