Calendario
Info da proba

A Guarda

06/08/2016 18:00 - 20:00
Regulamento Carrera popular festa do Monte Trega 2016

INSCRIPCIONES en trega@trega.es
Info.en www.trega.es
Todas as categorias. Categorías menores gratuita/ absolutos 4 o 7 euros
Próximamente mas info

/ AXUDA a completar a información desta proba. Graciñas.
SOCIEDADE ATLÉTICA DO TREGA
CIF-G-36.050.672
Nº REXISTRO 1.361
REGULAMENTO
CARREIRAS POPULARES FESTAS DO MONTE TREGA 2016
ANDAR - MARCHAR - CORRER

O atletismo TREGA, o sábado día 6 de agosto do ano 2016 a partir das 18 horas, dirixe e controla as carreiras populares Festas do Monte, con autorización e patrocinio da Asociación Veciñal Cultural e Deportiva O CANCELÓN.
As inscricións, serán ilimitadas nas categorías menores a partir da categoría promesas o límite será 400 atletas e deberán efectuarse por correo electrónico trega@trega.es. (Tf. información 650 794 421- 664 865 003).
Constará de nome, apelidos, data de nacemento completa , DNI, residencia, Club, nº de ficha atletas federados, nº de teléfono, email e talla de camiseta a partir do ano 2000. O Trega reservarase o dereito de non inscribir a que non cubra correctamente os datos requiridos e, polo tanto, non poderá participar na proba.
O prazo péchase o día 4 a partir das 19 horas. Non se inscribirá ningún atleta fora de prazo pola imposibilidade de tramitar o seguro de accidentes. Se algún atleta inscrito a última hora non pode participar agradecemos a baixa urxente con aviso por email, ou teléfono, para evitar o gasto do seguro.


18:00 PULGAS MULLERES 2011/2015 100 m
18:10 PULGAS HOMES. 2011/2015. 100 m
18:20 PRE-BENXAMINS MULLERES. 2009/2010. 400 m
18:30 PRE-BENXAMINS HOMES 2009/2010. 400 m
18:40. BENXAMÍNS MULLERES e HOMES. 2007/2008. 600 m
18:50 INFANTILES MULLERES e HOMES. 2003/2004. 2.400 m – 2 Voltas
CADETES MULLERES e HOMES. 2001/2002. 2.400 m – 2 Voltas
19:15. PROMESAS MULLERES e HOMES 94/95/96/97/98/99/2000. 7.339 m ( 1 volta o monte)
19:15 SENIOR MULLERES e HOMES. 1993 ata veterano. 7.339 m ( 1 volta o monte)
19:15 VETERANOS HOMES – 35/44. 35 a 44 anos. 7.339 m ( 1 volta o monte)
19:15 VETERANOS HOMES – 45/54. 45 a 54 anos. 7.339 m ( 1 volta o monte)
19:15. VETERANOS HOMES – 55. 55 anos e mais. 7.339 m ( 1 volta o monte)
19:15. VETERANAS MULLERES – 35/44 35 anos a 44 anos. 7.339 m ( 1 volta o monte)
19:15. VETERANAS MULLERES - 45. 45 anos e mais. 7.339 m ( 1 volta o monte)
19:20 ALEVINS MULLERES e HOMES. 2005/2006. 1.000 m

A secretaría estará na alameda de A Guarda. Os atletas participantes estarán colocados 5´antes da saída da súa proba.
De pulgas ata cadetes a inscrición será gratuíta. Na carreira absoluta terase que pagar unha inscrición de 4 €, con dereito a recibir unha subscrición gratuíta durante 3 meses por acordo acadado con Outside Comunicación (editor da revista corricolari, es correr) en formato dixital. Para que este agasallo poida levarse a cabo, cederemos teus datos (Correo electrónico) a Outside Comunicación, S.L., se non estas de acordo terás que comunicalo na ficha de inscrición. De 7 € con dereito a revista dixital e camiseta ata fin de existencias.
O pago efectuarase no mesmo día que se retira o dorsal, facendo o pagamento con cartos xustos.
Tódolos dorsais serán entregados polo atletismo Trega.
Os dorsais terán que ser devoltos cando rematen a carreira.
Os premios serán: medallas para os tres primeiros clasificados en Pulgas e Pre Benxamíns e trofeos para os tres primeiros clasificados do resto de categorías. Serán entregados pola Comisión de Festas.
Tódolos atletas federados participantes deberán ter dilixenciadas a súa licenza federativa para a tempada 2015/2016.
Os participantes traerán imperdibles para suxeitar o dorsal, a organización non facilitará imperdibles.
Os gastos de desprazamento correrán a cargo de cada Club, e participantes.
En tódalas carreiras da xornada haberá unha clasificación, por categoría ou proba.
Os resultados enviaranse por correo electrónico a quen os solicite. Estarán colgados na web www.trega.es
Dado o carácter popular non se admiten reclamacións, esperando dos participantes o mellor espírito deportivo.
Admitiranse propostas e criticas, agradecendo que sexan por escrito.
Será motivo de descualificación calquera infracción grave ou comportamento antideportivo que estimen os xuíces da proba.Os participantes estarán obrigados a presentar documentación se a solicita a dirección da proba.
Os circuítos serán: saídas e chegadas na rúa Rosalía de Castro. Correrán pola R/ Rosalía de Castro e Avda. de Portugal. A Carreira absoluta será unha volta ao monte Trega, con dirección a Cruzada.
O Trega non se fan responsables dos posibles danos morais,físicos, psicolóxicos que por motivo da competición poidan sufrir os participantes, ou ocasionar a outros, sen prexuízo dos dereitos que puideran corresponder ante o seguro deportivo dos atletas federados. A Organización ten contratado un seguro de accidentes para os participantes da proba
As probas estarán controladas polos voluntarios da AVCD o Cancelón e do atletismo Trega..
O avituallamento estará en Camposancos aproximadamente no km 5.2 km.
Colaboran en esta proba: Coca Cola, Corricolari es Correr, Policía Local, Protección Civil,
AVCD o Cancelón e S.A.Trega agradece por anticipado a súa participación e deséxalles que gocen do atletismo popular.