Calendario
Info da proba

Taboada

17/09/2016 17:00 - 19:30
Regulamento V Carreira Popular de Taboada "Entre pazos e carballos"
Na Carreira Popular de Taboada poderás gozar dun percorrido entre as extraordinarias panorámicas de cor que agasalla o comezo do outono, as fermosas construcións do románico, a beleza das pendentes da Ribeira Sacra, e a grandeza de pazos e casonas. Situada a medio camiño entre Lugo e Ourense agárdate un tesouro único. Para descubrilo achégate a correr por Taboada o 17 de setembro e levarás un agasallo ecolóxico. Non faltes!
Data e lugar: sábado, 17 de setembro de 2016 en Taboada (Lugo)
Hora: Categoría absoluta: 17:45 h
Categorías escolares: 18:45 h
Distancia: dende 100 a 7.400 m (distancia aproximada)
Organiza: Asociación Cultural e Deportiva O Carballo (Taboada)
CARREIRA ABSOLUTA
Disputarase a partires das 17:45 da tarde con saída da Alameda de Taboada e un percorrido de 7,4 Km (aproximadamente).
Establécense as seguintes categorías (masculinas e femininas):
Categoría D: nad@s entre 1999 e 1991.
Categoría E: nad@s entre 1990 e 1981.
Categoría F: nad@s entre 1980 e 1971.
Categoría G:nad@s entre 1970 e 1961.
Categoría H: nad@s entre 1960 e anteriores.
CARREIRAS CATEGORÍAS DE MENORES
Disputaranse a partires das 18:45 da tarde nos arredores da Alameda de Taboada.
Establécense as seguintes categorías (masculinas e femininas):
Categoría Chupete: nad@s en 2011 e posteriores – 100 metros
Categoría A: nad@s entre 2010 e 2008 – 400 metros
Categoría B: nad@s entre 2007 e 2005 – 800 metros
Categoría C: nad@s entre 2004 e 2000 - 1.500 metros
INSCRICIÓNS: Ata o xoves 15 de setembro de 2016 ás 23:59 en www.championchipnorte.com (2 € categoría absoluta)
A inscrición das categorías menores é gratuita, e tamén se pode realizar por correo electrónico enviando os datos ó enderezo ac.ocarballo@gmail.com, ou no número de teléfono 646 372 511. Para poder inscribirse serán obrigatorios os seguintes datos:
-Nome
-Apelidos
-Data de nacemento
-Sexo
-Clube (se pertence a algún)
-Localidade
-Teléfono de contacto
-Enderezo electrónico de contacto
PERCORRIDO
A saída e a meta estarán na Avenida de Lugo (ó carón da Alameda) e discurrirá por varias rúas da vila, para logo dirixirnos á aldea de San Pedro, e a continuación ata preto de Fiunte. Voltamos a San Pedro pasando a carón da súa eirexa románica. Dende este punto continuaremos durante 2 Km por camiños de terra cara a Fonte dos Mouros, baixo a sombra de soutos e carballeiras, ata chegar de novo ós arredores de Taboada. Xa na vila, acadaremos a meta despois dun percorrido ó redor de 7,4 Km.
RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE
Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba (17 de setembro) na carpa da organización sita na Alameda de Taboada a partires das 15:30 e ata media hora antes do inicio de cada proba.
PREMIOS
 CATEGORÍAS DE MENORES: Todos os participantes recibirán unha medalla e unha árbore autóctona. Os tres primeiros atletas (masculinos e femininos) de cada categoría levarán un trofeo conmemorativo da carreira e un vale para unha ruta a cabalo coa Escola de Equitación “A Cruz”.
 CATEGORÍA ABSOLUTA: Todos os participantes levarán un agasallo ecolóxico. Os 3 primeiros atletas (masculinos e femininos) da clasificación absoluta, ademáis dun trofeo conmemorativo, recibirán:
1º/1ª Clasificad@: estancia de turismo rural en “Casa Romualdo” e produtos típicos da comarca.
2º/2ª Clasificad@: ruta a cabalo coa Escola de Equitación “A Cruz” e un lote de produtos típicos da comarca.
3º/3ª Clasificad@: lote de produtos típicos da comarca.
Tamén, haberá trofeos/agasallos para os 3 primeir@s clasificados de cada categoría e premios especiales para o primeir@ corredor@ local.
Considérase como local @ atleta empadroad@ en Taboada.

O atleta de menor e o de maior idade que finalicen a proba, recibirán un trofeo.
Avituallamento final para tod@s @s atletas ó remataren a proba, na zona habilitada pola organización e degustación de balde de produtos da zona tras da entrega de premios.
Os premios non son acumulables.
Proba puntuable para o circuito correrengalicia.

Máis información en https://www.facebook.com/acocarballo