Calendario
Info da proba

Boimorto

03/09/2016 18:30
Regulamento X Carreira Popular de Boimorto (e Canicross)

A partires das 18:30
Lugar: Boimorto
Organiza: Concello de Boimorto

X CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE BOIMORTO

O Concello de Boimorto celebra a X edición da Carreira Pedestre Popular o sábado 3 de setembro de 2016 na localidade de Boimorto baixo o control e cronometraxe de championchipnorte e de acordo co seguinte

REGULAMENTO

1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación conxunta. A cronometraxe da carreira estará a cargo de championchipnorte.

2. CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES:
PITUFO atletas nados no 2012 e posteriores
PREBENXAMÍN atletas nados no 2009, 2010 e 2011
BENXAMÍN: atletas nados nos anos 2007 e 2008
ALEVÍN: atletas nados nos anos 2005 e 2006
INFANTIL: atletas nados nos anos 2003 e 2004
CADETE: atletas nados nos anos 2001 e 2002
PROMESA: atletas nados nos anos 1997, 1998,1999 e 2000
SENIOR: atletas nados en 1996 ata veteráns
VETERANO A: atletas nados entre 1981 e 1972
VETERANO B: atletas nados entre 1971 e 1962
VETERANO C: atletas nados en 1961 e anteriores
VETERANA A: atletas nadas entre 1981 e 1972
VETERANA B: atletas nadas en 1971 e anteriores

3. DISTANCIAS E HORARIOS:
O percorrido da carreira seguirá un circuito de 3.167 metros a partires da categoría infantil e cadete.
18:30 h INFANTIL e CADETE (3.167 m) (1 volta ó circuito)
19:00 h. CARREIRA ABSOLUTA (6330 m, dúas voltas ó circuito)
19:45 h. BENXAMÍN e ALEVÍN (1000 m)
20:00 h. PREBENXAMÍN (500 m)
20:15 h. PITUFO (200 mts)
21:15 h. ENTREGA DE PREMIOS (Pavillón polideportivo)

4. INSCRICIÓNS.
As inscricións realizaranse a través da web www.championchipnorte.com
A inscrición é gratuíta para os participantes das categorías escolares, os da Carreira Absoluta deberán aboar 5 €uros os propietarios do chip amarelo e 6€uros os non propietarios (1€ en concepto de aluguer de chip)..
Os atletas locais (censados no concello mínimo dende o día 2 de xaneiro de 2016) deberán indicalo cubrindo a casilla correspondente no momento da inscrición.
Os atletas da proba absoluta que non son propietarios do chip correrán cun que lles será entregado na SECRETARÍA no momento de recoller o dorsal; unha vez crucen a liña de meta deberán entregalo de xeito obrigatorio nuns recipientes habilitados para tal efecto. De perdelo deberán aboar 15 €uros e serán descualificados.
Os corredores que se inscriban na Carreira Absoluta e no Canicross pagarán tan só unha inscrición.
Para formalizar a inscrición é obrigatorio facilitar os seguintes datos: nome e apelidos, sexo, dirección postal, concello, data de nacemento, DNI, teléfono, mail, clube (se se ten) e nº de licencia (se se ten).

Admitiranse inscricións ata o xoves 1 de setembro de 2016 ás 23:59 horas. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO.
Os dorsais recolleranse na Secretaría da Competición sita no colexio público de Boimorto (Campo do Rosario) ata media hora antes do inicio de cada proba.
Para calquer información adicional ou incidencia chamar ó teléfono 645 98 01 35


5. Haberá servizo de vestiario e duchas a disposición de tódolos atletas sito no polideportivo municipal (a carón da saída).

6. PREMIOS
Haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados das categorías establecidas (en homes e mulleres), agás na categoría Pitufo que levarán medalla todos os que rematen a proba. Os 3 primeiros/as clasificados/as da proba absoluta (categorías PROMESA, SENIOR e VETERÁNS), percibirán trofeo da proba así como o correspondente premio en metálico e non computarán a efectos da premiación por categoría. Tamén outorgarase trofeos os 3 primeiros clasificados/as censados no Concello. Os trofeos non serán acumulativos.
No caso de non haber 4 participantes na categoría haberá só trofeo ó gañador (agás nos locais).
Trofeo ó atleta máis xoven e máis veterán que sexan capaces de finalizar a carreira polos seus propios medios e sen axudas externas.
Tamén haberá agasasllo conmemorativo da carreira para os corredores da proba absoluta, así como froita e bebida a quen finalice a proba (para absoluta e escolares).
Os atletas das probas escolares que rematen a proba tamén terán un obsequio da organización.
Premio especial Fidelidade: para todo aquel que esta sea a súa 5ª carreira consecutiva rematada.


PREMIOS EN METÁLICO
(Só para a Carreira Absoluta: PROMESA, SENIOR e VETERÁNS)
PREMIOS INDIVIDUAIS PREMIOS POR CLUBES*
1º Clasificado/a: 150 € 1º Clube Clasificado: 150 €
2º Clasificado/a: 100 € 2º Clube Clasificado: 100 €
3º Clasificado/a: 50 € 3º Clube Clasificado: 50 €

PREMIOS ESPECIAL POR RÉCORD E PREMIO GAÑADOR/A LOCAL DA PROBA
BATIR O RÉCORD DA CARREIRA ABSOLUTA MASCULINA OU FEMININA: 60 €
(Carlos Villamor Castiñeira 2014: 19´14´´)
(Maria Yolanda Gutiérrez Robles 2013: 21´55´´)

1º Clasificado/a Local: 50 €

* Para a entrar na premiación por clubes deberán inscribirse os atletas individualmente na web www.championchipnorte.com e remitir un correo electrónico ó mail carreiradeboimorto@hotmail.com cos datos do clube xunto co listado de atletas que participarán na proba, só se admitirán clubes federados e atletas con licencia en vigor de atletismo. SEN ESTE CORREO ELECTRÓNICO NON PODERÁN OPTAR OS PREMIOS POR CLUBES.

A clasificación por clubes será establecida a través dos 6 primeiros corredores en cruzar a líña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 1º compoñente. Os equipos poderán ser mixtos. Para puntuar nesta clasificación é necesario que alo menos 8 corredores do clube logren concluir a carreira.
O abono dos premios en metálico realizarase ó concluir a entrega de premios, para o cal os gañadores dos mesmos deberán acreditar a súa identidade coa presentación do DNI.

7. Será motivo de descualificación calquera infracción grave estimada polo xurado da proba, sendo a súa decisión inapelable. Dado o carácter popular e festivo desta proba, a organización agarda de todos os participantes o mellor espíritu deportivo.

8. A realización da inscrición implica que se aceptan os compromisos de estar en bo estado físico, que
se superaron os pertinentes recoñecementos de saúde e que se autoriza á organización para a utilización da imaxe en carteis, publicacións, medios de comunicación e outros para a promoción do deporte.

9. A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir os participantes na carreira antes, durante ou despois, se ben en todo momento haberá un posto de primeiros auxilios nas inmediacións da saída e da meta.

10. Conforme á Lei orgánica 15/1999, infórmase de que os datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro do que é responsable o Concello de Boimorto. A súa finalidade é levar a cabo a xestión de datos para a carreira popular e informalo de futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderá facelo dirixíndose por escrito ó enderezo rúa Vilanova. 1, 15,817 Boimorto (A Coruña), achegando unha fotocopia do seu DNI.

11. Entre os inscritos para a Proba Absoluta e/ou Canicross sortearanse entradas para o Festival da Luz. O sorteo será público e realizarase durante a entrega de premios.