Calendario
Info da proba

Barreiros - Ría do Masma

24/07/2016 11:00 - 14:00
Regulamento BASES “III REAL CARREIRA DE RELEVOS RIA DO MASMA”

ORGANIZA: Hotel Ría do Masma
DATA: 24 de xullo de 2016
HORA: 11.00 H.
LUGAR: DIANTE DO HOTEL RÍA DO MASMA - PUNTA ANGUIEIRA- SAN BARTOLO – BARREIROS – LUGO
SAIDAS E CHEGADAS: Diante do Hotel Ría do Masma.
COLABORA: Vicepresidencia da Deputación de Lugo, Area de cultura e deportes
Concello de Barreiros.
Protección Civil de Barreiros.

/ Máis información da Carreira de Relevos neste tema do foro

SISTEMA DE COMPETICIÓN E NORMATIVA:
Poderán participar todolas persoas que o desexen.
Trátase dunha carreira de relevos por equipos, formados por 4 atletas.
Trátase dun percorrido de 8 km. ó que haberá que dar unha volta cada membro do equipo. Discurre por pistas asfaltadas, camiños de terra e pola propia zona de ría, con espectaculares vistas e paisaxes.

CATEGORÍAS:
Establécense 3 subcategorías: equipos masculinos, equipos femeninos e equipos mixtos (2 homes e 2 mulleres).
Os participantes correrán cun testigo que farán entrega ó compañeiro seguinte na zona de saida-meta.
No intre da inscripción deberase indica-los nomes dos participantes.
Os relevistas deberán poñerse a disposición do persoal de control, antes de toma-la saida.
A clasificación final será por orde de chegada do último relevista.
Os participantes deberán levar sempre visible o dorsal ou maracaxe que facilitará a organización. En caso contrario poderán ser descalificados.
Os participantes deberán pasar por todo-los puntos sinalados do percorrido. O incumprimento disto, dará lugar á descalificación do infractor.
Os participantes poderán ser descalificados por comportamento antideportivo ou outro tipo de accións que a organización considere inapropiadas.
A descalificación dun atleta conleva a descalificación do seu equipo.
Os participantes aceptan o regulamento desta proba, así como autorizan á organización á publicación de fotografías, vídeos, e clasificacións nas que poidan aparecer.
A organización poderá pedir un documento acreditativo da identidade.
A organización resérvase o dereito a modificar este regulamento ante calquer imprevisto.

INSCRIPCIÓNS:
Inscripción 10,00 € por participante, 40,00 € por equipo, o que da dereito a avituallamento líquido ó remate da carreira, agasallos e a comida no Restaurante Café Bar Moderno.
O prazo remata o día da carreira 1/2 h. antes do comezo da proba.
Agradécese inscripción anticipada chamándo ó teléfono 615 09 21 15 (Suso)
Pago: Ingreso en conta bancaria: ES0402388170930600004464. Indicar no resguardo o nome do equipo.
Información: Tfno: 615 09 21 15
Os acompañantes poderán acudir á comida por un prezo de 10 € adultos e 5 € nenos.
Datos a aportar polos participantes:
Nome do equipo, nome, apelidos e DNI dos participantes, tfno. de contacto do “capitán do equipo, e-mail, categoría na que se inscriben.
Recollida de dorsais ata media hora antes da saida, na zona de meta.

CATEGORIAS:
Masculino
Feminino
Mixto

PREMIOS:
Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría.

PERCORRIDOS:
Saida dende explanada diante do Hotel Ría do Masma, Viladaide por senda costeira, Campo de fútbol do Cascabeiro, A Áspera, Vilar, Anea, Ria do Masma (percorrido pola zona da marisma aproveitando a marea baixa – zona técnica), Punta Anguieira, Hotel Ría do Masma.
Atoparémonos con zona de asfalto, camiños de terra, zona de ría.
Distancia aproximada percorrido 8 km. (1 volta cada relevo)

VARIOS:
A organización ofrecerá obsequios varios ós participantes.
Ofrecerase avituallamento líquido ó remate e comida post-carreira.
Os acompañantes que desexen participar na comida post-carreira terán que abonar 10 € por adulto e 5 € por neno (ata 12 anos). Inscripción no tfno. 615 09 21 15 (Suso)
A organización non se fai responsable dos danos físicos, materiáis, moráis e de calquer índole que poidan sufri-los participantes ou os seus acompañantes.
Haberá servizo de duchas e aseos no Hotel Ría do Masma.
Zona de aparcamento.

/ Máis información da Carreira de Relevos neste tema do foro