Calendario
Info da proba

Vigo - Gaélica

23/07/2016 17:00 - 19:00
Regulamento I Carreira Gaélica (Calvario-Vigo) (APRAZADA)

/ Comenta a Carreira Gaélica neste tema do foro

AVISO: a organización avisa que, por motivos alleos a eles, posponse a proba para outra data na que están a traballar.



Fai clic na imaxe para ampliala



1º CARREIRA POPULAR GAÉLICA DO 2016 - REGULAMENTO

A asociación de veciños do Calvario organiza o próximo 23 de xullo de 2016 a 1º Carreira Gaélica.

A proba estará controlada por Cronotec.

1. HORA DE SAIDA E DISTANCIAS XA DEFINITIVAS
CATEGORÍA ANOS HORA DISTANCIA METROS
JUNIOR 1 De 5 a 7 anos 18:00 300
JUNIOR 2 De 8 a 11 18:15 600
JUNIOR 3 De 12 a 15 18:30 900
ABSOLUTA De 16 en diante 19:00 10.5 k

2. CATEGORÍAS
Establécense as seguintes categorías:
CATEGORÍA ANOS
JUNIOR 1 De 5 a 7 anos
JUNIOR 2 De 8 a 11 anos
JUNIOR 3 De 12 a 15 anos
ADULTOS 1 De 16 a 29 anos
ADULTOS 2 De 30 a 45 anos
ADULTOS 3 De 46 a 55 anos
ADULTOS 4 De 56 a 65 anos
ADULTOS 6 De 66 en diante

3. CARREIRA ABSOLUTA:
Sábado 23 de Xullo, a saída da carreira absoluta darase na rúa Portela ás 19 h. Os participantes deberán situarse na zona de saída 5 minutos antes do comezo da proba, tras a liña de meta. A zona de meta estará situada no cruce de Portela con Jesús Fernández. O avituallamiento será na rúa Urzáiz 225.
A Clasificación será absoluta e por categorías.
Poderán participar tódolos atletas que o desexen, estean ou non federados.

PREMIOS:
TROFEOS PARA OS TREIS PRIMEIROS CLASIFICADOS EN CADA CATEGORÍA.

4. CARREIRA MENORES
Sábado 23 de Xullo, a saída terá lugar no cruce da rúa Portela con Jesús Fernández a partir das 18 h. Os participantes deberán situarse na zona de saída 5 minutos antes do comezo da proba. A zona de meta será no mesmo punto con de saída.
ENTREGARASE TROFEO ÓS TREIS PRIMEIROS CLASIFICADOS DE CADA UNHA DAS CATEGORÍAS.

5. INSCRIPCIÓNS
O prezo das inscripcións será de 7€ adultos e 1€ junior. A data límite para inscribirse será o 15 de xullo.

Inscripcións online a través de www.cronotec.es

6. RECOLLIDA DE DORSAIS
Os dorsales e chips entregaranse na zona de saída o día da proba a partir das 17 h. e ata 15 minutos antes do comezo da proba. Para retirar o dorsal e chip é obrigatorio presentar o D.N.I ou pasaporte.

7. CONSIDERACIÓNS
Tódolos participantes inscritos estarán amparados por unha póliza de seguro de accidentes e responsabilidade civil.

A organización contará coa axuda dos organismos municipais que regularán o tráfico o longo do percorrido. Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda (bicicletas, patíns). O non cumprimento desta forma implicará o descalificación dos deportistas acompañados.
Control de resultados: Esta proba estará controlada por Cronotec. A carreira estará controlada ó longo de todo o percorrido a través dun chip informático que irá colocado no dorsal. Para participar nesta proba é obligatorio o uso do dorsal facilitado pola organización e o chip. Os participantes que cheguen a meta sen o dorsal e o chip non entrarán nas clasificacións.
As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro non máis tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.

Ó rematar a proba tódolos participantes teñen a obriga de devolver o chip. Aquel corredor que non faga entrega do chip non entra nas clasificacións e tampouco recibe agasallo algún.
O control de chegada péchase 50 minutos despois da entrada en meta do primeiro clasificado.
A organización contará cos servicios de protección civil.
Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas Normas de Competición da FGA para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.
Este regulamento poderá ser actualizado se hai normas federativas que así o aconsellen.
Tódolos participantes, polo feito de tomar a salida na carreira, aceptan o presente Reglamento.


8. SERVICIO DE DUCHAS
Estableceranse duchas nos vestiarios do pabillón de Lavadores a disposición dos participantes na proba.

9. AVITUALLAMENTOS
Haberá unha zona de avituallamiento líquido e sólido O avituallamiento será na rúa Urzáiz 225.