Calendario
Info da proba

Muxía

10/07/2016 10:30 - 13:00
Regulamento III Carreira Pedestre Concello de Muxía

Data: 10 de Xullo de 2016.
Hora:
10K ás 10:30H
3K ás 11:45h
Menores ás 12:15h.
Lugar: Rúa Marina, Muxía.
Distancia: 3 e 10 km.
Organiza: Concello de Muxía.
Inscrición: en ChampionChipNorte.

3.- CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIOS DA 3ª CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE MUXÍA


4.- PERCORRIDOS
Carreira 10K (categorías Sénior, M40 e M50): Dobre volta a un circuítos de 5.000 m. (10:30 h.)



- Saída dende a Rúa Marina (Fronte Raxaría A Marina), en dirección a Berdoias.
- Xiro a dereita na Rúa Manuel Lastres.
- Circulación pola Rúa Manuel Lastres hacia as Rúas Castelao e Saúde.
- Xirar a esquerda e incorporarse o carril esquerdo da Avda. Doctor Toba (DP-5201).
- Xirar e volta polo mesmo carril da mencionada Avda. Doctor Toba (DP-5201), punto indicado máis adiante do campo de fútbol.
- Xiro a esquerda no Coído e circulación pola Rúa Ramón Caamaño.
- Xiro a esquerda e circulación pola Rúa Atalaia, ata Santuario da Virxe da Barca.
- Xiro a dereita pola Estrada Provincial DP-5202 (Rúa Virxe da Barca).
- Circulación pola Rúa Virxe da Barca e xiro a esquerda fronte a “Casa de Ramoneu”, para incorporarse a Rúa Marina.
- Xiro a dereita en dirección a Saída e Meta.
- Paso polo lugar de Saída e Meta.
- Circulación pola Rúa Marina hacia a Rúa Manuel Lastres.
- Xiro a dereita na Rúa Manuel Lastres.
- Circulación pola Rúa Manuel Lastres hacia as Rúas Castelao e Saúde.
- Xirar a esquerda e incorporarse o carril esquerdo da Avda. Doctor Toba (DP-5201).
- Xirar e volta polo mesmo carril da mencionada Avda. Doctor Toba (DP-5201), punto indicado máis adiante do campo de fútbol.
- Xiro a esquerda no Coído e circulación pola Rúa Ramón Caamaño.
- Xiro a esquerda e circulación pola Rúa Atalaia, ata Santuario da Virxe da Barca.
- Xiro a dereita pola Estrada Provincial DP-5202 (Rúa Virxe da Barca).
- Circulación pola Rúa Virxe da Barca e xiro a esquerda fronte a “Casa de Ramoneu”, para incorporarse a Rúa Marina.
- Xiro a dereita en dirección a Saída e Meta.
- Chegada a Meta.

Carreira 3K Contra o Cancro (categorías Absoluta, Xuvenil, Cadete e Infantil): 3.000m aproximadamente (11:45 h.)
- Saída dende a Rúa Marina (Fronte Raxaría A Marina), en dirección a Berdoias.
- Xiro a dereita na Avda. López Abente na rotanda .
- Circulación pola Avda. López Abente e xiro a esquerda na Rúa Manuel Lastres.
- Circulación pola Rúa Manuel Lastres hacia as Rúas Castelao e Saúde.
- Xiro a dereita pola Avd. Doctor Toba.
- Xiro a esquerda no Coído e circulación pola Rúa Ramón Caamaño.
- Xiro a esquerda e circulación pola Rúa Atalaia, ata Santuario da Virxe da Barca.
- Xiro a dereita pola Estrada Provincial DP-5202 (Rúa Virxe da Barca).
- Circulación pola Rúa Virxe da Barca e xiro a esquerda fronte a “Casa de Ramoneu”, para incorporarse a Rúa Marina.
- Xiro a dereita en dirección a Saída e Meta.
- Chegada a Meta (lugar de saída).

Carreira Alevín e Benxamín: 1.000 m. aproximadamente (12:15 h.)
- Saída dende a Rúa Marina (Fronte Raxaría A Marina), en dirección a Berdoias.
- Volta na rotonda situada entre a Rúa Marina e a Avda. López Abente e regreso ao lugar de saída (Meta) Por Rúa Real e Rúa Virxe da Barca .

Carreira Pitufos: 300 m aproximadamente (12:30 h.)

- Saída dende a Rúa Marina (Fronte Raxaría A Marina), en dirección a Berdoias.
- Volta na mesma rúa no Paso de Peóns (situado fronte o Banco Popular) e regreso ao lugar de saída (Meta).

5.- NORMATIVA XERAL E DE SEGURIDADE DO 3ª CIRCUÍTO DE CARREIRAS POPULARES CORRENDO POLA COSTA DA MORTE E PARTICULAR DA III CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE MUXÍA

1. Todas as probas incluídas no programa do circuíto de carreiras populares “Correndo pola Costa da Morte” rexeranse pola regulamentación de Seguridade Víal do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, que establece os requisitos esixidos para a celebración de probas deportivas na vía urbana (Real Decreto 1428/2003 do 21 de novembro, publicado no BOE nº 306 do 23 de decembro de 2003 sobre a ocupación da vía pública; e o Real Decreto 849/1993 do 4 de xuño de 2003, sobre a contratación do seguro de responsabilidade civil e de accidentes).

2. Cada proba estará subscrita ao seguro de responsabilidade civil do concello onde se realice, ou da Federación Galega de Atletismo. Tamén contará cun seguro de accidentes que terá as coberturas mínimas esixidas no Real Decreto 849/199.

3. Así mesmo todas as probas contarán cun servizo médico-sanitario, que constará dunha ambulancia e un médico para aquelas probas que non superen os 750 participantes.

4. A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios e ou percorridos, así como aprazar ou suspender a carreira se así o estima oportuno por razóns de seguridade.

5. No caso de que para o día de celebración da proba se decrete unha alerta laranxa a proba será suspendida automaticamente. Buscarase unha data adecuada para desenvolvela e non se devolverán os cartos da inscrición.

6. Os atletas que durante o transcurso da proba, circulen por fóra do espazo delimitado polos vehículos de sinalización de inicio e fin de carreira, considéranse a todos os efectos usuarios normais da vía.

7. Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá participar de trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da proba.

8. Poderanse efectuar reclamacións ante o Xuíz Árbitro da proba. A participación é libre e leva implícito a aceptación do Regulamento Xeral da proba. Todo o non previsto neste regulamento resolverase de acordo, por esta orden, as normas da F.G.A., RFEA e I.A.A. F. en vigor.

9. O concello de Muxía porá a disposición dos participantes na carreira o Pavillón Polideportivo de Muxía para que se podan cambiar e duchar. Así mesmo tamén porá a disposición dos corredores un servizo de garda roupa situado no mesmo pavillón.

10. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola organización.

11. O concello de Muxía porá a disposición dos corredores e corredoras da carreira 3K Contra o Cancro e 10K un servizo de fisioterapia.

12. Os e as participantes adultos recibirán un agasallo conmemorativo no momento da recollida dos dorsais.

13. Descualificacións:
- O servizo médico da competición está facultado para retirar durante a proba a calquera atleta que manifeste un mal estado físico.
- Todo atleta que non realice o percorrido completo.
- O atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere en protestas ante a organización.

6.- DEREITOS DE IMAXE, USO DE DATOS E AUTORIZACIÓNS
Os deportistas inscritos comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación.
A solicitude de inscrición para os deportistas menores de idade deberá ir acompañada dunha autorización paterna segundo o modelo establecido pola organización. Dito modelo poderase descargar da páxina web do concello organizador así coma de www.championchipnorte.com.

A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se expoñen:
- O atleta inscrito declara que está en bo estado físico e ten pasado os pertinentes recoñecementos de saúde.
- Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións especiais,...) deberá facelo constar no reverso do dorsal da proba.
- O atleta inscrito autorizae acepta a publicación do seu nome e apelidos e a súa imaxenas clasificacións, medios de comunicación e internet,(…) para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito.

7.- SISTEMA DE CRONOMETRAXE / CHIPS E RECOLLIDA DE DORSAIS
- Para controlar as probas estableceranse controis de cronometraxe por chip (deberá ir suxeito aos cordóns das zapatillas).
- Será obrigatorio o uso de chip para todas as categorías (facilitado pola organización), agás pitufos.
- Será obrigatorio o uso de dorsal para todas as categorías (facilitado pola organización).
- O atleta que non porte o chip non poderá entrar na clasificación da proba nin lle computará na clasificación do circuíto.
- O atleta que non porte dorsal poderá ser descualificado se así o estima a dirección de carreira.
- O horario de apertura das mesas para a recollida de dorsais será ás 9:00 horas na planta baixa da Casa do Concello. Os dorsais e chips poderanse recoller ata 30 minutos antes do inicio da proba.
- Os corredores de circuíto10K ou 3K Contra o Cancro que participan na liga deberán usar obrigatoriamente o “chip amarelo”. Do mesmo xeito empregarán un único dorsal para todas as probas do circuíto.

- Tanto o dorsal coma o chip (no caso de non posuílo) recollerase na primeira proba do circuíto na que participen os inscritos, no lugar habilitado para tal efecto. A retirada de dorsal e chip deberá realizarse como mínimo con 30 minutos de antelación ao inicio da carreira.
- No caso da perda do chip o atleta deberá mercar outro a través da páxina de Championchip.
- No caso da perda ou rotura do dorsal, poderá solicitar outro á organización. Non haberá posibilidade de solicitar un terceiro dorsal.
- Os corredores de carreira e os corredores de categorías inferiores (os de circuíto e carreira) usarán o “chip de carreira”, que deberán devolver á organización ao remate da mesma.
- Estes corredores deberán recoller o seu dorsal e chip antes da carreira no lugar habilitado para tal efecto ata 30 minutos antes do inicio da proba.
- Os chips son persoais en intransferibles polo que a suplantación da personalidade dos atletas, sancionarase coa expulsión do circuíto do portador e do/a atleta suplantado, anulando todos os dereitos adquiridos coa inscrición no circuíto.

8.- INSCRICIÓNS
As inscricións realizaranse a través da páxina web www.championchipnorte.com, ata o mércores 6 de xullo ás 23:59.
As inscricións para os participantes nas categorías sénior, M40 e M50 só se poden facer a través da plataforma de Championchip.
As inscricións para os atletas menores de idade poderá realizarse a través da plataforma championchip ou presentando un formulario de inscrición no departamento de deportes do concello organizador, ou no lugar indicado polo concello organizador a tal efecto.

Existen dous tipos de inscrición para atletas adultos:
- Corredores de circuíto: son os atletas que participan na liga.
- Os atletas poderán participar no circuíto 10K ou no 3K Contra o Cancro (deberán especificalo no momento de realizar a inscrición).
- Teñen que asistir a un mínimo de sete probas do total do circuíto.
- Deben usar obrigatoriamente “chip amarelo” e usarán un dorsal único para todo o circuíto.
- Realizarán a inscrición e o pago unha única vez.
- As inscricións para os corredores de circuíto pecharanse antes da celebración da cuarta proba puntuable.
- Corredores de carreira: son atletas (adultos) que só participan de maneira puntual nalgunha das probas do circuíto.
- OS CORREDORES DE CARREIRA PODERÁN INSCRIBIRSE NA PROBA 10K OU NA PROBA 3K CONTRA O CANCRO.
- Non participan na liga.
- Deberán realizar a inscrición para aquelas probas nas que queiran participar.
- Deberán correr cun chip que se lles facilitará no momento da recollida do dorsal e que deberán devolver ao remate da proba.
Cotas de inscrición:
- A inscrición para os atletas adultos (sénior e veteranos) para unha proba determinada terá un custo de 5 € para aqueles corredores que posúan chip, e de 6 € para aqueles corredores que deban alugar o chip.
- A inscrición para os atletas adultos (sénior e veteranos) para o circuíto terá un custo de 25 € para aqueles que teñan chip en propiedade, e de 35 € (25 € de inscrición + 10 € pola compra do “chip amarelo”) para aqueles que deban mercar o chip.
A participación no circuíto de carreiras populares “Correndo pola Costa da Morte” permite aos atletas adquirir o “chip amarelo” en propiedade por un prezo reducido de 10 €. Dito chip será válido para participar en calquera proba cronometrada por Championchip.

Existen dous tipos de inscrición para atletas de categoría base (as cales serán gratuítas)
- Corredores de circuíto (todas as categorías excepto Pitufo): son os atletas que participan na liga.
- As inscricións para os corredores/as de circuíto pecharanse antes da celebración da cuarta proba puntuable. - Farase na Plataforma championchip www.championchipnorte.com. A autorización paterna para todo o circuíto deberá imprimirse e ser presentada debidamente cuberta e asinada á hora de recoller os dorsais en cada unha das probas do circuíto. Dita autorización poderá ser descargada en www.championchipnorte.com ou en www.concellomuxia.com
- Teñen que asistir a un mínimo de sete carreiras do total do circuíto.

- Corredores de carreira:
1) Plataforma championchip www.championchipnorte.com A autorización paterna deberá imprimirse e ser presentada debidamente cuberta e asinada á hora de recoller os dorsais. Dita autorización poderá ser descargada en www.championchipnorte.com ou www.concellomuxia.com.

2) Presentando a autorización paterna asinada no Departamento de Deportes do Concello de Muxía.
Os participantes de categoría Pitufo poderán facer a inscrición do seguinte xeito: 1) Plataforma championchip www.championchipnorte.com A autorización paterna deberá imprimirse e ser presentada debidamente cuberta e asinada á hora de recoller os dorsais. Dita autorización poderá ser descargada en www.championchipnorte.com ou na páxina web dos diferentes Concellos organizadores.

2) Presentando a autorización paterna asinada no Departamento de Deportes dos diferentes Concellos organizadores. O prazo de inscrición pecharase o mércores 6 de xullo ás 23:59 h. e non se aceptará ningunha inscrición unha vez rematado dito prazo.

9.- CARREIRA 3K CONTRA O CANCRO
Na 3ª edición do Circuíto é que este ano a carreira 5K pasa a ser 3K e seguiremos colaborando coa Asociación Provincial Contra o Cancro. Deste xeito todo o que se recade coas inscricións desta proba (agás o correspondente ao aluguer ou compra de chips) irá destinado a ese fin e será entregado a dita asociación cando remate do circuíto, na gala de entrega de trofeos.

Así mesmo todas aquelas persoas que desexen colaborar coa Asociación Provincial contra o Cancro, sen participar en ningunha competición, poderán facelo inscribíndose no apartado Fila 0 que aparecerá na web www.championchipnorte.com, dentro de cada unha das probas que compoñen o circuíto.

10.- CLASIFICACIÓNS E TROFEOS/MEDALLAS NA 3ª CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE MUXÍA
A entrega de trofeos das diferentes probas realizarase ás 13:00 na explanada do peirao.
- Clasificacións da proba 10K:
- Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
- Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as en cada unha das categorías (sénior, M40 e M50), independentemente da súa condición de corredores de carreira ou de corredores de circuíto.
- Recibiran trofeo e/ou medalla o primeiro e primeira clasificado/a empadroado/a do Concello de Muxía.
- Clasificacións da proba 3K Contra o Cancro:
- Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
- Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as en cada unha das categorías Absoluta (nados en 1998 ou antes), Xuvenil, Cadete e Infantil independentemente da súa condición de corredores de carreira ou de corredores de circuíto.
- Clasificacións da proba Benxamín e Alevín:
- Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
- Recibirán trofeo e/ou medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as en cada unha das categorías Benxamín e Alevín.
- Medallas conmemorativas:
- Ademais nas categorías Pitufo, Benxamín e Alevín, recibirán medalla conmemorativa todos os participantes en ditas probas.

11.- CLASIFICACIÓNS E TROFEOS/MEDALLAS DO III CIRCUÍTO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE
- Clasificacións do circuíto 10K:
- Para poder optar a esta clasificación os atletas deben inscribirse no circuíto 10K. Os atletas que participen en todas as probas pero non se inscriban no circuíto non optan a esta clasificación.
- Os atletas participantes no circuíto deberán completar un mínimo de sete probas para poder optar aos premios.
- No caso de correr máis de 7 probas, o atleta puntuará cos mellores 7 resultados acadados.
- A puntuación acadada irá en función do posto obtido en cada unha das probas (1º posto=1 punto / 2º posto=2puntos / 3º posto=3 puntos….de xeito que o/a atleta con menor suma de puntos, será o/a vencedor/a en cada unha das categorías.

- No caso de empate a puntos o sistema de desempate será o seguinte:
-- Número de probas rematadas.
-- Maior número de mellores postos.
-- Maior distancia en quilómetros percorridos (no caso de que as carreiras teñan distintas distancias).

- Recibirán trofeo e/ou medalla de campións do circuíto os tres primeiros e tres primeiras clasificados/as das categorías sénior, M40 e M50.
- Recibirán trofeo e/ou medalla o primeiro e primeira clasificado/a local (empadroados nos concellos organizadores do circuíto).
- Recibirán trofeo e/ou medalla o primeiro e primeira clasificado/a foráneo (atletas non empadroados nos concellos organizadores do circuíto).
- Clasificacións do circuíto 3K Contra o Cancro:
- Para poder optar a esta clasificación os atletas deben inscribirse no circuíto 3K Contra o Cancro. Os atletas que participen en todas as probas pero non se inscriban no circuíto non optan a esta clasificación.
- Os atletas participantes no circuíto deberán completar un mínimo de sete probas para poder optar aos premios.
- No caso de correr máis de7 probas, o atleta puntuará cos mellores 7 resultados acadados.
- A puntuación acadada irá en función do posto obtido en cada unha das probas (1º posto=1 punto / 2º posto=2puntos / 3º posto=3 puntos….de xeito que o/a atleta con menor suma de puntos, será o/a vencedor/a en cada unha das categorías.
- No caso de empate a puntos o sistema de desempate será o seguinte:
-- Número de probas rematadas.
-- Maior número de mellores postos.
-- Maior distancia en quilómetros recorridos (no caso de que as carreiras teñan distintas distancias).

- Recibirán trofeo e/ou medalla de campións do circuíto os tres primeiros e tres primeiras clasificados/as da categoría absoluta.
- Clasificacións do circuíto de base:
- Para poder optar a esta clasificación os atletas deben inscribirse no circuíto de cada categoría de base. Os atletas que participen en todas as probas pero non se inscriban no circuíto non optan a esta clasificación.
- Recibirán trofeo e/ou medalla de campións do circuíto os tres primeiros e tres primeiras clasificados/as das categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil.
- Os atletas participantes no circuíto deberán completar un mínimo de 7 probas para poder optar aos premios.
- No caso de correr máis de sete probas, o atleta puntuará cos mellores 7 resultados acadados.
- A puntuación acadada irá en función do posto obtido en cada unha das probas na súa categoría (1º posto=1 punto / 2º posto=2puntos / 3º posto=3 puntos….de xeito que o/a atleta con menor suma de puntos, será o/a vencedor/a en cada unha das categorías.


- No caso de empate a puntos o sistema de desempate será o seguinte:
-- Número de probas rematadas.
-- Maior número de mellores postos.
-- Maior distancia en quilómetros recorridos (no caso de que as carreiras teñan distintas distancias).

- Premios especiais:
- Recibirán un diploma conmemorativo todos/as os/as corredores/as de circuíto que rematen todas as probas do circuíto na modalidade na que se inscribiron.
- Recibirán un diploma conmemorativo todos/as os/as corredores/as de circuíto de base que rematen todas as probas do circuíto na modalidade na que se inscribiron.
- Entrega de trofeos aos campións de circuíto:
Unha vez rematadas as probas do Circuíto de Carreiras Populares “Correndo pola Costa da Morte” organizarase un acto de entrega de trofeos/medallas a todos/as os/as tres primeiro atletas en cada unha das categorías, así como un acto de entrega dos premios especiais.
O lugar e data no que terá lugar dito acto de entrega será comunicado coa suficiente antelación.