Calendario
Info da proba

Lalín - Catasós

19/06/2016 9:00 - 13:00
Regulamento Fragas de Catasós (Lalín)

O Roteiro VIII ten como protagonistas as fragas de Catasós. Catasós é unha das parroquias máis extensas do concello de Lalín. Nun documento do ano 1368 aparece nomeada como “couto de Casasoes”, e posiblemente estivo baixo o dominio do mosteiro de Carboeiro a partir do ano 1292. Nesta andaina pasaremos por varios dos seus lugares, a fraga de Casas Vellas, o souto de Cardiego, o castro e a igrexa de Catasós, a fraga de Quiroga, o Pazo de Don Freán e veremos muíños, cruceiros e outras mostras de arquitectura popular.

/ Comenta o Roteiro Fragas de Catasós neste tema do foro

DOMINGO DÍA 19 DE XUÑO de 2016

www.roteiros.lalin.gal

Roteiros de Lalín

Hora 8:30 Concentración na praza da Igrexa

Hora 9:00 Comezo da andaina dende Lalín.

Percorrido curto

Distancia 13 quilómetros
Dificultade baixa
Duración 4 horas (9:00 a 13:00)
Percorrido: Lalín, alto de Vales, Agruchave, Regoufe, Casas Vellas, Antuín, Barrio, Catasós, Cabreira, Fraga de Quiroga,Quintela, Celemín, Donfreán, Outeiro, Lalín de Arriba, Lalín.
Percorrido longo:

Distancia 17 quilómetros
Dificultade baixa
Duración aproximada 5 horas (9:00 a 14:00)
Percorrido: Lalín, alto de Vales, Agruchave, Regoufe, Casas Vellas, Antuín, Barrio, Catasós, Cabreira, Fraga de Quiroga, Belelle, Celemín, Donfreán, Outeiro, Lalín de Arriba, Lalín.
Recomendacións:

Non apto para menores de 12 anos.
Calzado de monte. Chuvasqueiro. Crema solar e sombreiro.
Levar avituallamento sólido e líquido.