Calendario
Info da proba

Meaño

11/09/2016 11:00
Regulamento XXXII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MEAÑO
Día: 11 de setembro de 2016
Hora: 11:00 da mañá
Lugar: Meaño
Organiza: Concello de Meaño

/Máis información da Carreira Popular de Meaño neste tema do foro


REGULAMENTO XERAL

A inscrición debe realizarse no prazo sinalado, debendo facilitar os seguintes datos: nome e apelidos, sexo, concello, data de nacemento, DNI, teléfono e, se procede, clube.
ATENCIÓN: Inscricións ata o xoves 8 de setembro ás 23:59 horas. En ningún caso se admitirán inscricións fora de prazo.

Facilitaráselle a cada participante o dorsal e o chip correspondente á súa categoría. Deberán colocar o dorsal no peito e o chip na zapatilla, que terá que ser de cordóns.

O chip e o dorsal recolleranse o día da proba na zona de saída/meta (Praza da feira) entre as 9:00 e as 10.30 h. da mañá (cumprimento estricto de horario).

Dado que o chip e os dorsais son intransferibles, cada quen debe retirar o seu de xeito individual.

O longo do percorrido a Organización establecerá os controis que estime oportunos para a entrega de testemuños ou para seguridade da proba. Estes controis poderán ser fixos ou móbiles e estarán autorizados para descualificar aos participantes que cometan algunha irregularidade ou atenten contra a seguridade individual (tanto propia como allea) ou colectiva durante a proba.

6º O chip deberá ser devolto antes de saír da zona acoutada trala liña de meta. A Organización colocará os postos para que se efectúe esta devolución. No caso de non producirse esta devolución, o participante será descualificado.

7º Prohibido acompañar aos rapaces. De facelo o neno ou nena terá que ser descualificado.

Será motivo de descualificación calquera infracción grave estimada polo xurado da proba, sendo a súa decisión inapelable.

A categoría de chupetes, correspondente a participantes nados no ano no ano 2012 ou posteriores, non ten carácter competitivo, só ten por obxecto fomentar o deporte entre os máis pequenos. A carreira pertencente a esta categoría celebrarase unha vez finalizada a Carreira Popular (Aprox. sobre as 12:00 h.).

10º A Organización establece unha categoría de ANDANTES (non competitiva), sobre un circuíto de 3,5 Km. Os interesados en participar na andaina só se poderán inscribir presencialmente o día da proba, na Praza da Feira, de 9:00 a 10:30 h.

11º Recibirán trofeos especiais: 1º Clasificado masculino e feminino do municipio (empadroado); Atleta máis veterano do municipio (empadroado); Atleta máis veterano absoluto.

12º A Organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir os participantes desta Carreira, antes, durante e despois da proba, se ben en todo momento estará disposto un equipo de primeiros auxilios.

13º Dado o carácter eminentemente popular e festivo desta proba, a Organización agarda de todos os participantes o mellor espírito deportivo.

14º O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.

15º Acción social: A Carreira recadará alimentos para o Programa de Emerxencia Social do Concello de Meaño, querendo convidar a cada participante que doe un quilo de alimentos non perecedoiros cando recolla o dorsal o día da carreira. Os alimentos recollidos será repartidos ás familias que máis o precisen do Concello.

16º A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos de estar en bo estado físico e pasado os pertinentes recoñecementos de saúde; autoriza a organización para a utilización da imaxe en publicacións, carteis… para a promoción do deporte.

17º Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable o Concello de Meaño. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para a Carreira Popular así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo dirixíndose por escrito á dirección sinalada no punto anterior, xuntando unha fotocopia do seu DNI.

CATEGORÍAS

HOMES
Chupetes: nados ata o 2012
A: nados entre 2009/2011
B: nados entre 2006/2008
C: nados entre 2003/2005
D: nados entre 1999/2002
E: nados entre 1981/1998
F: nados entre 1972/1980
G: nados entre 1962/1971
H: nados entre 1956/1961
I: nados entre 1948/1955
L: nados antes de 1947

MULLERES
Chupetes: nadas ata o 2012
M: nadas entre 2009/2011
N: nadas entre 2006/2008
O: nadas entre 2003/2005
P: nadas entre 1999/2002
Q: nadas entre 1979/1998
R: nadas entre 1972/1978
S: nadas antes de 1971

PERCORRIDO

CIRCUÍTO LONGO (6.330 m) para as categorías: D - E - F - G - H - I - L - P - Q - R - S
CIRCUÍTO MEDIANO (1.600 m) para as categorías: B - C - N - O
CIRCUÍTO CURTO (1.070 m) para as categorías: A - M
CATEGORÍA CHUPETES: aprox. 100 m


INSCRICIÓNS

MOI IMPORTANTE: NON SE ADMINTIRÁN INSCRICIÓNS FÓRA DE PRAZO.

Para inscribirse, pódese facer ata o xoves 8 de setembro ata as 23:59 horas en:

www.championchipnorte.com

ADVERTENCIA: CUMPRE COA ETICA DEPORTIVA E INSCRIBETE SÓ SI VAS A PARTICIPAR. DO TEU COMPROMISO DEPENDE PODER SEGUIR MANTENDO A GRATUIDADE DA PROBA.


PREMIOS

1º. PREMIO “PACO & LOLA”
1º clasificado masculino e feminino.
300 € + peso do gañador/a en botellas de viño Paco & Lola

2º PREMIO “QUINTA DE SAN AMARO”
2º clasificado masculino e feminino.
200 € + un fin de semana para dúas persoas no Hotel con encanto
“Quinta de San Amaro”

3º PREMIO “SUPER LAGE”
3º clasificado masculino e feminino.
100 € + cesta de productos típicos galegos.

TROFEOS DESEÑADOS POR MAR BARRAL PARA OS TRES PRIMEIROS DE CADA CATEGORÍA.

RÉCORD DO CIRCUÍTO MASCULINO E FEMINO
Sendos reloxos Viceroy (Xoiería Portonovo)

CAMISETA TÉCNICA PARA TÓDOLOS ATLETAS QUE ENTRE EN META

FIDELÍZATE
Premio especial para todos aqueles corredores que acabaran a carreira os
últimos 5 anos (2012, 2013, 2014, 2015 e rematen este 2016)