Calendario
Info da proba

Burela Bonita

23/07/2016 21:30 - 23:00
Regulamento I Carreira nocturna Burela Bonita

Regulamento “I Carreira 10k Nocturna Burela Bonita”

Artigo 1: Organización e denominación da proba.
A empresa Championchip Norte e o Concello de Burela organizan a "I Carreira 10 Km Nocturna Burela Bonita”, cunha distancia de 10.000 metros.

Artigo 2: Entidades colaboradoras.
Colaboran na organización da proba o Concello de Burela, Championchip Norte, as entidades deportivas locais, a grupación de Voluntarios de Protección Civildo Concello de Burela, Policía Local e marcas comerciais.

Artigo 3: Participantes.
Na carreira 10 k nocturna Burela Bonita poderán participar persoas maiores de idade de ámbolos sexos, masculino e feminino.

Artigo 4: Inscricións.
As inscricións son persoais e intransferibles e cunha cota de sete euros (7 euros). No momento derealizar a inscrición suponse a aceptación do regulamento da I Carreira 10k Nocturna burela Bonita. Prazo de inscrición na proba realizarase ata o 16 de Xullo de 2016. As formas e lugares de inscrición son as seguintes:
- Na web: www.championchipnorte.com

Artigo 5: Data,proba , horarios e peche control.
A I Carreira noctura burelaBonita realizarase o sábado 23 de Xullo de 2016 ás 21:30 horas, cerrando o prazo de recollida de dorsais trinta minutos antes da proba. O peche de control terá un tempo máximo de unha hora e media. O horario da proba estará comprendido de 21:30 a 23:00 horas.

Artigo 6: Dorsais.
Os dorsais poderán ser recollidos na Praza de Abastos de Burela nos seguintes horarios:
- Venres 22 de Xullo 2016: de 16:00 a 21:00 horas.
- Sábado 23 de Xullo 2016: de 17:00 a 20:30 horas.
É necesaria a presentación do DNI para a recollida dos dorsais.

Artigo 7: Dorsal acreditativo visible.
O dorsal acreditativo deberá levarse en todo momento á altura do peito, e claramente visible na súa totalidade. A participación sen dorsal, con dorsal non oficial, ou cun dorsal correspondente a outro corredor implica a expulsión inmediata da proba por parte da Organización. O/a corredor/a debe indicar no reverso do dorsal calquera circunstancia a ter en conta en caso de atención médica urxente durante a proba (alerxias a medicamentos, etc).

Artigo 8: Categorías.
Para poder participar na proba deberase ser maior de idade (+ 18 anos). A proba consta de categorías masculina e feminina.

Artigo 9: Control técnico de carreira.
O control da carreira realizarase a través de Championchipnorte, Protección Civil, Policía Local e Voluntarios.

Artigo 10: Médico.
O médico da proba, en coordinación có control técnico de carreira poderá descalificar a aquel participante que ó seu xuízo manifeste incapacidade para continuar a proba con seguridade.

Artigo 11: Descalificacións.
Serán descalificados os participantes que non respeten as indicacións da Policía Local, Protección Civil, Xuíces, Servizos Médicos ou membros da organización, así como os que non realicen todo o circuito da carreira, non leven o dorsal ou o manipulen, ou falsifiquen datos personales.

Artigo 12: Circuito.
No circuito o tráfico estará totalmente pechado ás persoas alleas á proba nos seguintes termos: dende os trinta minutos previos á proba e durante a celebración da mesma ,tendo os/as deportistas o uso exclusivo da vía entre o vehículo de apertura e o de peche, e sendo só os vehículos autorizados os que poderán seguir a proba. A carreira realízase pola calzada de tráfico rodado sen invadir as aceras reservadas para peóns, con excepción dos espazos peonís que se inclúen no circuito. A non observancia desta norma, así como recortar sobre o trazado oficial poderá supoñer a descalificación na proba. Circuito cunha distanza de 10 KM, segundo a seguinte folla de ruta: Saída da Praza da Mariña,Rúa Castelao, Avenida da Mariña, Rúa Pardo Bazán, Rúa Curros Enríquez,Rúa Rosalía de Castro, Rúa Beiramar, Rúa Nosa Señora do Carme, Praza do Mariñeiro, Rúa a Eijo Garai, Travesía do Porto, Avenida da Mariña, Rúa Concepción Arenal, Rúa Ramón Basanta Ben, Rúa Curros e meta Praza da Mariña. Circuito a dúas voltas de 5 kilómetros.

Artigo 13: Clasificacións.
Establécense as seguintes clasificacións:
Clasificación por categorías masculina e feminina.
Clasificación: Mellor corredor local clasificado.

As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non máis tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados. Se son desestimadas por éste poderase presentar reclamación por escrito e acompañada dun depósito de 60 euros ao Xurado de Apelación.

Artigo 14: Abandonos.
Cando un participante non se atope en condicións de cumplir o tempo máximo previsto dende o inicio da carreira ou o sobrepase, será superado polo vehículo con bandeira verde, que indica o final da zona de competición, e deberá abandonar a vía e en todo caso a partir de ese momento será considerado un usuario normal da vía, debendo cumprir as normas e señais.

Artigo 15: Premios e trofeos.

CATEGORíA MASCULINA :
PRIMEIRO CLASIFICADO 200 euros + Trofeo.
SEGUNDO CLASIFICADO 100 euros + Trofeo.
TERCEIRO CLASIFICADO 50 € euros + Trofeo.

CATEGORíA FEMININA :
PRIMEIRO CLASIFICADO 200 euros + Trofeo.
SEGUNDO CLASIFICADO 100 euros + Trofeo.
TERCEIRO CLASIFICADO 50euros + Trofeo.

MELLOR CORREDOR LOCAL DO CONCELLO
100 € + Trofeo.

Artigo 15: Uso da imaxe.
Tódolos corredores polo feito de inscribirse aceptan a publicación do seu nome e imaxen na clasificación, medios de comunicación e Internet para promoción da proba, e consenten expresamente a cesión dos seus datos para todo o relacionado coa participación na proba ás entidades que a organización encomende os procedementos de inscrición, clasificación, reclamacións, aseguramento dos atletas, etc. indicándose nese momento a forma e lugar para exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición se fora o caso.

Artigo 16: Suspensión da proba.
A organización poderá decidir a suspensión da proba con carácter previo ou durante o transcurso da mesma por calquer causa que afecte á seguridade na celebración da mesma ( alertas de temporais, etc ), non xenerándose dereito algún cara aos inscritos.

Artigo 17: Normativa aplicable.
Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de Competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.