Calendario
Info da proba

Tomiño

09/07/2016 18:30 - 20:30
Regulamento IV Carreira Popular de Tomiño

TODA A INFORMACIÓN EN: http://carreirapopulartomino.blogspot.com.es/

Sábado 9 de Xullo - 18:30 h

INSCRICIÓNS: 2 € ADULTOS, NENOS GRATIS

Categorías e horario:
Pitufo - 18:30 h
Prebenxamín - 18:40 h
Benxamín - 18:55 h
Alevín - 19:10 h
Cadete - Infantil - 19:30 h
Absoluta (Xuvenil, Senior, Veteráns) - 20:30 h

As horas son aproximadas.

http://carreirapopulartomino.blogspot.com.es/



REGULAMENTO

Regulamento da IV Carreira Popular de Tomiño 2016

1.- ADETO (Asociación de Autónomos de Comercio, Hostalaría e Industria de Tomiño ) coa colaboración do Excmo Concello de Tomiño organiza a IV CARREIRA POPULAR DE TOMIÑO, que se celebrará o sabado, día 9 de Xullo, a partir das 18:30 horas no centro de Tomiño.

2.- Dado o carácter popular da proba, poderán participar todas as persoas que o desexen, sen límite de idade.

3.- Se os participantes teñen Licencia Federativa de atletismo en vigor ou ben seguro deportivo, pregamos nolo fagan saber, posto que para os participantes non federados a organización disporá dun seguro específico de accidentes para esta proba.

4.- A inscripción poderá realizarse a través do aparatado inscripción recheando o formulario. DATA LÍMITE O MERCORES DÍA 6 de XULLO ás 24:00 h como máximo para todas as categorías. Non se aceptarán máis inscripcións a partir de esa data.

5.- Nas inscripcións farase constar o nome, apelidos, data de nacemento, número de licencia ou seguro deportivo (de telo) e lugar de procedencia.

6.- Na carreira absoluta establécese un donativo de 2€, para as categorías Senior, Veteráns A e Veteráns B. O resto das categorías son de balde.
O pago farase mediante ingreso na conta bancaria, mediante transferencia bancaria ou en efectivo ata o peche de inscricións no local de Adeto, en Confecciones Isabel ou en Liliput Puericultura, en Tomiño.
Conta ABANCA: ES61 2080 5064 8830 4000 5865
Especificando Nome, Apelidos e DNI.
Unha vez feito o ingreso deben remitir o xustificante cos seus datos ó mail xerencia@adeto.org ou entregalo nos comercios antes citados.

7.- A organización non se responsabiliza dos danos morais ou físicos ocasionados na participación da proba, esperando dos participantes o mellor espírito deportivo.

8.- Polo simple feito de participar, os corredores e corredoras aceptan todo o reflexado neste regulamento.

9.- Os dorsais serán entregados pola organización ata media hora antes do comenzo de cada proba na secretaría, que estará ubicada na praza da Mina.
Haberá dispoñiblidade de duchas no Ximnasio VYP (a 200 mt da meta)

10.- Entregaranse trofeos os tres primeiros clasificados de cada categoría e ao primeiro corredor tomiñés e tomiñesa, agás Pitufos e Prebenxamins, que levarán todos medalla.

11.- CATEGORIAS.
Son 10 as Categorías: Xuvenil, Senior, Veterans A,Veterans B, Cadete, Infantil, Alevin, Benxamin, Prebenxamin, Pitufos.
Categoria – Ano Nacemento - Distancia:

Pitufos Nacidos en 2011 e posteriores - 150 mt.
Prebenxamin Nacidos en 2009 e 2010 - 300 mt.
Benxamin Nacidos en 2007 e 2008 - 600 mt.
Alevin Nacidos en 2005 e 2006 - 900 mt.
Infantil Nacidos en 2003 e 2004 - 2.700 mt.
Cadete Nacidos en 2001 e 2002 - 2.700 mt.
Xuvenil Nacidos entre 1999 e 2000 - 8.600 mt.
Senior Nacidos entre 1979 e 1998 - 8.600 mt.
Veterans A Nacidos entre 1969 e 1978 - 8.600 mt.
Veterans B Anterior a 1968 e anteriores - 8.600 mt.

12. Os tempos serán medidos manualmente, non haberá cronometraxe por chip. As distancias son aproximadas.

13. Cesión dos dereitos de imaxe: Durante o evento deportivo vanse tomar imaxes dos corredores e do entorno xeral da carreira. Coa inscrición dos participantews, acéptase a cesión dos dereitos de imaxe para o uso das fotografías co obxectivo da difusión da actividade nos diferentes medios de comunicación. Os datos cedidos para a inscrición serán empregados exclusivamente para a correcta organización do evento, dacordo coa Ley Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal (LOPD).

14. Todo o non recollido neste regulamento, resolverase polo comité organizador dacordo coas normas vixentes de copetición da RFEA e o Manual 2013 da IAAF.