Calendario
Info da proba

A Estrada - Nocturna

24/06/2016 21:00 - 24:00
Regulamento V Nocturna Estradense

O Concello da Estrada, en colaboración co Club Deportivo Sanpaio, organizan o vindeiro Venres día 24 de Xuño a V Carreira Nocturna Concello da Estrada; a proba será a terceira carreira puntuable para o IV Circuito “Corre A Estrada Corre” en todas as categorías.
A proba será nocturna, dándolle un maior atractivo, e celebrarase dentro do programa das festas patronais de San Paio 2016 nun circuito urbano de asfalto de 4 km o cal os corredores, na proba absoluta, deberán de dar duas voltas.
Tanto a proba absoluta como as probas escolares celebraranse en circuitos
pechados e valados. Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que colaborarán no control da carreira.
1. CATEGORÍAS:
Poderán participar todas as persoas, sexan ou non federadas, das seguintes
categorías:
 PITUFOS: Atletas nados/as no ano 2011 e posteriores.
 PRE-BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2009 e 2010.
 BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2007 e 2008.
 ALEVÍN: Atletas nados/as nos anos 2005 e 2006.
 INFANTIL: Atletas nados/as nos anos 2003 e 2004.
 CADETE: Atletas nados/as nos anos 2001 e 2002.
 XUVENIL: Atletas nados/as nos anos 1999 e 2000.
 JUNIOR: Atletas nados/as nos anos 1997 e 1998.
 PROMESA: Atletas nados/as nos anos 1994, 1995 e 1996.
 SENIOR: Atletas nados/as entre os anos 1982 e 1993.
 VETERÁN/A A: Atletas nados/as entre 1971 e 1981.
 VETERÁN/A B: Atletas nados/as no ano 1970 e anteriores.
2. HORARIOS E PERCORRIDOS:
HORA CATEGORÍA DISTANCIA APROX.
21:00 h PITUFOS 100 m
21:10 h PREBENXAMÍN 400 m (1 volta circuito A)
21:20 h BENXAMÍN 800 m (2 voltas circuito A)
21:45 h ALEVÍN 1.000 m (1 volta circuito B )
22:00 h INFANTIL 2.000 m (2 voltas circuito B )
22:45 h CADETE 4.000 m (1 volta circuito C)
22:45 h XUVENIL E JUNIOR PROMESA,SENIOR E VETERÁN
8.000 m (2 voltas circuito C)
23:45 h ENTREGA DE PREMIOS

3. INSCRICIÓNS:
* ADULTOS: (dende xuvenil ata veteráns) Ata o mércores día 22 de Xuño de 2016 as 23:59 horas na web www.emesports.es (única forma de inscrición). Unha vez dentro da páxina, seguir as instruccións para formalizar as inscricións que se desexen.
* ESCOLARES: (dende pitufos a cadetes) Ata o mércores día 22 de Xuño de 2016 as 23:59 horas na web www.emesports.es (única forma de inscrición) onde deberán indicar os datos da inscrición requeridos.
A organización resérvase o dereito de aceptar inscricións fora de prazo. Non se aceptarán inscricións con datos incompletos ou sin todos os datos obrigatorios presentes no formulario de inscrición online.
Haberá un límite de 500 inscritos na proba absoluta.
Calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono 886.153.589.
Calquera dúbida relacionada coa organización da proba poderán dirixirse os teléfonos 986.570.030 ou no correo deportes @ aestrada.es
O PREZO da inscrición será o seguinte:
 ADULTOS (xuvenil e superiores): 4,00 €
 CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a cadetes): GRATUITA
4. RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS:
Realizarase o día da proba nunha caseta habilitada para á organización da
carreira, a partir das 20:00 horas na zona de saída/meta, que será o punto de saída e chegada.
* CONTROL CON CHIP: A proba absoluta (22:30 horas) estará controlada a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal e que deberá colocarse na zapatilla antes da saída da súa proba.
TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O FINALIZAR A SÚA PROBA. AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON ENTRARAN NAS CLASIFICACIONS NIN RECIBIRÁN NINGUN TIPO DE OBSEQUIO.
(Agás propietarios de chip participantes no IV Circuito “Corre A Estrada Corre”).
5. CLASIFICACIÓNS:
A clasificación farase nas seguintes categorías: prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, junior, senior, veterán A e veteran B; tanto masculina como feminina. Establécese a clasificación segundo a orde de entrada en meta.
O participante que ó longo do percorrido cometa algunha irregularidade será descualificado.
* DESCUALIFICACIONS: Todo corredor/a que incumpra as normas da competición ou as establecidas nos regulamentos RFEA e FGA referentes a probas en ruta, será excluído a criterio da organización da proba. TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER DIRIXIDAS A ORGANIZACIÓN DA PROBA con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba da que se efectúe dita reclamación.
6. PREMIOS E TROFEOS:
- Obsequio conmemorativo da proba ata esgotar existencias.
- Trofeos os tres primeiros/as clasificados/as de todas as categorías, excepto na categoría pitufo, que non haberá trofeos e si medalla para todos os participantes.
7. OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGULAMENTARIAS:
- Os corredores/as deberán situarse na zona de saída cinco minutos antes do inicio da sua proba.
- O longo do percorrido haberá controis a cargo da organización.
- Haberá servizo de vestiarios e duchas no pavillón polideportivo Manuel Coto Ferreiro, sito na zona deportiva.
- Todos os participantes polo feito de tomar a saída aceptan o presente regulamento.
- A organización do V Carreira Nocturna Concello da Estrada non se fai responsable de perdas ou danos materiais que se poidan producir, así como outras persoas lle ocasionen os participantes desta carreira, nin dos que poidan recibir eles por parte de persoas ou obxectos.
- Haberá un servizo de urxencia dispoñible durante a duración da carreira.