Calendario
Info da proba

Baños de Molgas

30/07/2016 19:00 - 22:00
Regulamento IX CARREIRA POLULAR DO SAN SALVADOR CONCELLO DE BAÑOS DE MOLGAS

Data: Sábado 30 de xullo de 2016.
Hora: a partires das 19.00 h.
Lugar: saída e chegada nas piscinas municipais do Parque Ansuíña.
Distancias: 150, 750, 2.300 e 7.000 m.
Organiza: Concello de Baños de Molgas.
Inscrición: a partires do luns, 27 de xuño. Data límite o 28 de xullo ou o chegar a 300 inscritos na proba absoluta en www.championchipnorte.com (Pitufos non fai falta anotarse).
Web: www.concellodemolgas.es

REGULAMENTO DA CARREIRA:

1º - PERCORRIDO: Circuíto urbano con saída e chegada nas Piscinas Municipais do Parque Ansuíña.

2º - HORARIOS:
- 19:00: Pitufos
- 19:15: Benxamín/Alevín
- 19:30: Infantil/Cadete
- 20:00: Xuvenil, Promesa, Senior e Veteranos

3º - As CATEGORÍAS da carreira serán as seguintes:
- Pitufos: nacidos no 2011, 2012, 2013 e 2014.
- Benxamín: nacidos no 2007, 2008, 2009 e 2010.
- Alevín: nacidos no 2005 e 2006.
- Infantil/cadete (M-F): nacidos no 2001, 2002, 2003 e 2004.
- Xuvenil (M-F): nacidos no 1997, 1998, 1999 e 2000.
- Promesa (M-F): nacidos no 1994, 1995 e 1996.
- Senior (M/F): nacidos no 1993 ata veteranos A.
- Veteranos A (M/F): + 35 a 45 anos.
- Veteranos B (M/F): + 45 a 55 anos.
- Veteranos C (M/F): +55 anos en adiante.

4º - DISTANCIA:
- 150 m Pitufos.
- 750 m Benxamíns e alevíns.
- 2.300 m Infantís e cadetes (1 volta).
- 7.000 m Resto de categorías (3 voltas).

5º - PREMIOS:

Pitufos: Medallas Todos
Benxamín/Alevín:Medallas Todos
Infantil: Ouro, Prata e Bronce M/F
Cadete: Ouro, Prata e Bronce M/F
Xuvenil: Trofeo 1º Clasificado M/F
Promesa: Trofeo 1º Clasificado M/F
Senior: Trofeo 1º Clasificado M/F
Veteranos A: Trofeo 1º Clasificado M/F
Veteranos B: Trofeo 1º Clasificado M/F
Veteranos C: Trofeo 1º Clasificado M/F
Mellor atleta local: Trofeo 1º Clasificado
Atleta maior idade: Trofeo 1º Clasificado M/F
Clasificación Absoluta (7Km): Trofeos 3 primeiros M/F

¡¡¡OS TROFEOS NON SERÁN ACUMULATIVOS!!!
- Bebidas e froita e demais agasallos, ó termino de cada proba.
- Obsequio especial para os 3 primeiros clasificados da proba absoluta tanto Feminino como Masculino de 3 vales de 100€, 75€ e 50€ respectivamente na tenda LAMARGHA de Carballiño.

6º -INSCRICIÓNS: A partires do luns, 27 de xuño.
Faranse por medio da páxina web: www.championchipnorte.com
Será obrigatorio, Nome e apelidos, data de nacemento, localidade, DNI ou pasaporte, sexo, nº licenza federativa (os federados), nome do club, teléfono de contacto e_mail.
O custo de inscrición será de 6 € para os participantes da carreira de 7 Km, sendo para o resto dos participantes totalmente gratuíta.
O prazo de inscrición na Carreira Popular Absoluta (7 Km.) remata o xoves, 28 de xullo as 24 horas ou o completar 300 inscritos.
OS PITUFOS NON FAI FALTA ANOTARSE!!!

7º -DORSAIS: Entrega o Sábado, 30 de xullo de 18:00 a 19:30 horas para os participantes da carreira dos 7 Km nas Piscinas Municipais do Parque Ansuíña, debendo os atletas levar o dorsal visible e sen dobreces no peito.
Nas categorías menores recollida do dorsal o sábado ata 30 minutos antes da saída da proba.

8º -CHIP: os atletas, dende benxamín , estarán ademais, identificados a través dun chip que se entregará en aluguer a cada corredor e que deberán colocar nas zapatillas antes da saída. Chegar a meta sen chip, será obxeto de descalificación. Todos os participantes teñen a OBRIGA de devolvelo ó finalizar a proba nos puntos sinalados o pasar a meta menos os posuidores do chip amarelo.

9º -DUCHAS E VESTIARIOS: nas Piscinas Municipais.

10º -SERVIZO DE AMBULANCIA e PROTECCIÓN CIVIL durante o evento.

11º -A ORGANIZACIÓN DECLINA TODA RESPONSABILIDADE respecto ós incidentes físicos ou psicolóxicos, inmediatos ou posteriores, que poidan acontecer ós participantes desta carreira.

12º -DESCALIFICACIÓNS: Serán motivos entre outros os seguintes, non realizar todo o circuíto da carreira, non levar dorsal ou manipulado, falsificar os datos persoais.

13º -CONTROL: A Carreira Popular será controlada polos Xuíces da Organización que terá como máximo responsable o Xuíz Arbitro. O longo do percorrido, a organización establecerá controis que estimen oportunos, os cales poderán ser descalificantes para o que cometa algunha irregularidade.
Dado o carácter estritamente popular, festivo e deportivo desta proba, a organización agarda de tódolos participantes o mellor espírito deportivo.

14º -INFORMACIÓN: Para a Carreira: 629 95 37 59/699 92 08 92. Para outro tipo de información: Concello de Baños de Molgas (988 43 00 00 de luns a venres, de 9 a 14 h).




CIRCUITO 2.300m (1 Volta) 7.000m (3 Voltas)



PERFIL CIRCUITO 2.300m (1 Volta)



CIRCUITO 750m (1 Volta) e Pitufos (150m)