Calendario
Info da proba

Vimianzo

18/06/2016 21:00 - 22:30
Regulamento II Legua Irmandiña

Ao abeiro da festa do Asalto ao Castelo, a celebrar no seu día central o sábado 2 de xullo de 2016, XXI edición, foi o ano pasado demanda popular atendida artellar unha carreira popular vertebrada co Castelo e cunha distancia baseada nas antigas unidades de medida. Un ano despois o alento popular cristalizou no club de atletismo vimiancés Terra de Soneira, coorganizador do evento xunto co Concello de Vimianzo e coa A. C. Cherinkas.

Por suposto, a carreira nace imbuída do espírito do Asalto, de tal xeito que a chegada ao Castelo estará ambientada e decorada, máis alá dese momento final monumento e da competición organizada no morrer do día.

Tamén por suposto, todas as idades terán acubillo nas distintas categorías que conforman a carreira. Alén disto, este ano tamén contaremos cunha carreira integradora, protagonizada por persoas con diversidade funcional, co gallo de contribuír a integración mutua entre estas persoas e o resto da sociedade.

Os actos da proba concluirán con animación musical no patio do castelo, alén da cerimonia de entrega de premios e do avituallamento líquido e sólido de rigor.

Desde o máis amable ánimo irmandiño convidámosvos a participar e a asaltar ás carreiras o castelo. Arde Soneira!

Categorías, horarios e distancias
- Pitufos (2009-2012): 21:00h. (100 m. aprox.)
- Benxamín: (2007-2008): 21:15h. (900 m. aprox.)
- Alevín: (2005-2006): 21:15h. (900 m. aprox.)
- Infantil: (2003-2004): 21:40h. (2.000 m. aprox.)
- Cadete: (2001-2002): 21:40h. (2.000 m. aprox.)
- Xuvenil: (1999-2000): 21:40h. (2.000 m. aprox.)
- Absoluta: (1998 e anteriores): 22:00h. (5.500 m. aprox.)
- Integradora: (1998 e anteriores para persoas con discapacidade funcional): 22:00h. (1.200 m. aprox.)

Inscrición:
Ata o xoves 16 de xuño ás 23:59h. na web de Championchip.

Máis información:
Web Asalto ao Castelo de Vimianzo