Calendario
Info da proba

Ría do Burgo

05/06/2016 11:00 - 13:30
Regulamento V Carreira popular Ría do Burgo

REGULAMENTO
1.-O Concello de Culleredo organiza, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo e a
Deputación da Coruña, a V Carreira pola ría do Burgo, prevista para o domingo 5 de xuño, e
que chega á súa quinta edición logo de celebrarse de xeito ininterrompido desde o ano 2012
por iniciativa da Asociación Castelo Deporte. A proba forma parte do IV Circuíto Provincial de
Carreiras Populares da Deputación da Coruña.
2.-DENOMINACIÓN. A proba recibe a seguinte denominación: “V Carreira pola ría do Burgo”.
3.-DATA E LUGAR. A proba celebrarase o domingo 5 de xuño no paseo marítimo da ría do
Burgo, no termo municipal de Culleredo, con saída e meta nas instalacións situadas ao pé da
ría, na zona das pistas polideportivas
4.-CATEGORÍAS. Establécense as seguintes categorías, en función da data de nacemento dos
participantes, coas súas correspondentes distancias (existen ata cinco percorridos diferentes):
HORARIO CATEGORÍA SUBCATEGORÍA DATA NACEMENTO DISTANCIAS
Júnior Masculina e feminina 1997-1998
10 km aprox.
Promesa Masculina e feminina 1994-1996
Sénior Masculina e feminina 1993 ata os 34 anos
Veterán 1 Masculina e feminina 35-40 anos
Veterán 2 Masculina e feminina 41- 49 anos
Veterán 3 Masculina e feminina 50 -59
Veterán 4 Masculina e feminina Máis de 60 anos
Cadete Masculina e feminina 2001 -2002 1,800m aprox.
Xuvenil Masculina e feminina 1999 -2000
Entrega de trofeos e premios ás categorías anteriores
Infantil Masculina e feminina 2003 -2004 1.800 m. aprox.
Alevín Masculina e feminina 2005 -2006 1.km. aprox.
Benxamín Masculina e feminina 2007 -2008 1 km. Aprox.
Prebenxamín Mixts 2009 -2010 250 m.
Pitufo Mixts 2011 -2012 80 m.
Entrega de medallas a estas categorías
5.-HORARIOS A Carreira pola ría do Burgo consta de cinco distancias, a percorrer polos
participantes en diferentes momentos da mañá do domingo 5 de xuño, segundo o seguinte
horario:
10 km 11:00 horas
1,8 km 12:30 horas
1 km 13:10 horas
250 m 13:20 horas
80 m 13:30 horas
6.-INSCRICIÓNS Permanecerán abertas ata o mércores 1 de xuño ás 23.59 horas na web
www.carreirasgalegas.com ; os prezo da mesma será de 5 euros, agás nas carreiras de menos
dos 10 km. da proba absoluta, en cuxo caso o prezo será de 3 euros, que en todo momento se
aboará no momento da inscrición. O número máximo de participantes será de 900.
7,-PREMIOS Entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados das categorías masculina e
feminina de todas as categorías, agás todos os nenos e nenas participantes nas categorías
pequerrechos e prebenxamín que recibirán unha medalla.
8.-DORSAIS E CRONOMETRAXE A proba estará cronometrada pola Federación Galega de
Atletismo. Os chips de cronometraxe irán adhderidos ao dorsal, e se poderán recoller entre o
venres 3 de xuño de 18.00 horas a 20:30 horas e o sábado 4 de xuño de 11:00 a 13:00 horas e
de 18:00 a 20:30 horas no Xardín Botánico do Paseo Marítimo, ou ben na zona de saída e meta
entre as 9.00 e as 10.30 horas. Cronometraranse electrónicamente todas as categorías agás a
de pequerrechos e prebenxamín.
9.-AVITUALLAMENTOS: Será na zona de meta para todas as categorías.
10.-OBSEQUIO DE PARTICIPACIÓN. Cada participante terá acceso, coa inscrición, a unha
camiseta conmemorativa, que será entregada no momento de retirada de dorsais.
11.-SERVIZOS. Ademais de contar cos servizos dunha ambulancia medicalizada presente na
zona de meta, os participantes estarán cubertos polo correspondente seguro de accidentes da
proba.
12.-RECLAMACIÓNS. As reclamacións aos resultados oficiais deberán formularse verbalmente
ao xuíz árbitro da Competición non máis tarde de trinta minutos despois da publicación dos
mesmos. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co
Regulamento da F.G.A., e R.F.E.A. en vigor.
13.-MÁIS INFORMACIÓN na web www.carreirasgalegas.com
NOTA: Esta proba pertenceao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súainscrición o corredor
consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros,
dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidad Civil así como a xestión da licencia de día de ranking popular e probas
de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seusdereitos de
acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda de
Gasgow 13 15008 A Coruña.