Calendario
Info da proba

Portas

12/06/2016 9:45
Regulamento CLASICA DO ALBARIÑO K-10 VIÑA ALMIRANTE

Data: 12 de Xuño.
Hora: Menores 09:45h, Absoluta 11:00h.
Lugar: adega Viña Almirante SCG, situada no lugar A Peroxa, concello de Portas.
Distancia: 10Km.
Organiza: adega VIÑA ALMIRANTE S.C.G. en colaboración co Concello de Portas.
Inscrición: en EMEsports.


“ CLASICA DO ALBARIÑO K-10 VIÑA ALMIRANTE “
Adega VIÑA ALMIRANTE, SCG.
Portas ( Pontevedra ).
REGULAMENTO.
A adega VIÑA ALMIRANTE S.C.G. en colaboración co Concello de Portas organiza a
primeira edición da carreira popular “Clásica do Albariño” que se disputará o vindeiro
12 de xuño de 2016 ás 11:00h. na sua categoría absoluta , empezando as categorías
inferiores a 09,45 horas.
A proba absoluta disputarase íntegra no Concello de Portas sobre una distancia de
10.000 m.
Tanto a saída como a chegada será na adega Viña Almirante SCG, situada no lugar A
Peroxa, 5, Portas (Lat: 42°35'07.8"N Lonx: 8°39'12.7"W).

1. Categorías
As categorías da competición serán as seguintes:
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
ESCOLARES
PITUFO Atletas nados no 2011 e posteriores
PREBENXAMÍN Atletas nados no 2009 e 2010
BENXAMÍN Atletas nados no 2007 e 2008
ALEVÍN Atletas nados no 2005 e 2006
INFANTIL Atletas nados no 2003 e 2004
CADETE Atletas nados no 2001 e 2002
XUVENIL Atletas nados no 1999 e 2000
ABSOLUTA
JUNIOR Atletas nados no 1997 e 1998
PROMESA Atletas nados no 1994, 1995 e 1996
SENIOR Atletas nados entre 1982 e 1993
VETERÁN A Atletas nados entre 1971 e 1981
VETERÁN B Atletas nados entre 1961 e 1970
VETERÁN C Atletas nados en 1960 e anteriores
2. Distancias e horarios
O percorrido da proba absoluta estará indicado, controlado e sinalizado cada
kilómetro. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais
competentes, que regularán o tráfico ao longo do percorrido.
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO HORA DISTANCIA
ESCOLARES
PITUFO Atletas nados no 2011 e posteriores 09:45h 100 m
PREBENXAMÍN Atletas nados no 2009 e 2010 10:00h 500 m BENXAMÍN Atletas nados no 2007 e 2008
ALEVÍN Atletas nados no 2005 e 2006 10:10h 1.500 m INFANTIL Atletas nados no 2003 e 2004
CADETE Atletas nados no 2001 e 2002
10:25h 2.000 m
XUVENIL Atletas nados no 1999 e 2000
ABSOLUTA
JUNIOR Atletas nados no 1997 e 1998
11:00h 10 km
PROMESA Atletas nados no 1994, 1995 e 1996
SENIOR Atletas nados entre 1982 e 1993
VETERÁN A Atletas nados entre 1971 e 1981
VETERÁN B Atletas nados entre 1961 e 1970
VETERÁN C Atletas nados en 1960 e anteriores
3. Inscricións
I. Inscricións adultos (de junior a veteráns):
As inscricións faranse a través da paxina de www.emesport.es sendo a data límite das
mesmas o 10 de xuño do 2016 ás 23:59h. (única forma de inscrición).
II. Inscricións escolares (ata xuvenil):
As inscricións faranse a través da paxina de www.emesport.es sendo a data límite das
mesmas o 10 de xuño do 2016 ás 23:59h. (única forma de inscrición).
Para máis información pódense dirixir a:
- Teléfono de información sobre a plataforma de inscrición: 654285692
- Teléfono de información sobre a carreira: 620294293
Non se aceptarán inscricións fora de prazo ou con datos obrigatorios presentes no
formulario de inscrición online incompletos.
Ningún corredor poderá correr sen inscrición, posto que non contará cos seguros
obrigatorios da carreira. O feito de inscribirse supón a aceptación por parte do
participante da utilización de imaxes e vídeos nas redes sociais e paxinas web.
O límite de participantes será de 500 na categoría absoluta e de 400 nas categorías
inferiores (de pitufos a xuveniles).
III. Prezo:
- Categorías escolares (de pitufo a xuvenil): gratuita
- Categoría adultos (venior e veteráns):
o Ata o 05 de xuño: 10,00 €
o Dende o 06 ao 10 de xuño: 13,00€
O prezo inclúe un agasallo, avituallamento e seguro así como dorsal e aluguer do chip
(que deberá ser devolto ao finalizar a carreira).
A pre-inscrición de adultos non se completará se non se fai o pago no momento de
inscribirse na web www.emesports.es.
4. Retirada de dorsais e chips:
A retirada do dorsal poderá realizarse o sábado 11 de xuño na adega Viña Almirante
S.C.G. no seguinte horario:
- Mañá: entre as 10:00h e as 13:00h.
-
Tamén poderá retirarse o mesmo día da proba na adega Viña Almirante S.C.G., a carón
da liña de saída, entre as 08:30 da mañá e as 09:30h.
O dorsal outorgado pola organización deberá levarse colocado na parte anterior do
corpo (zona próxima ao peito), en toda a súa extensión e de xeito visible. Todo atleta
que non teña o seu dorsal na saída, durante a carreira e na chegada poderá ser
descualificado a criterio do xuíz árbitro da competición.
Pódese preparar a retirada de dorsais por grupos ou equipos dentro dese mesmo
horario enviando previamente un listado cos nomes dos participantes e co nome da
persoa que os vai recoller antes do día 9 de xuño ao correo electrónico
info@vinaalmirante.com.
Control con CHIP
A proba de adultos estará controlada a través dun CHIP que se entregará a cada
corredor no momento da recollida do dorsal e que deberá colocarse na zapatilla antes
da saída da súa proba.
TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP AO FINALIZAR A
SÚA PROBA ÁS PERSOAS DESTINADAS PARA A SÚA RECOLLIDA.
DESCUALIFICACIÓNS: todo corredor/a que incumpra as normas da competición, será
descualificado a criterio do Xuíz Árbitro da Competición. Todo corredor que non
respecte as indicacións da Policía Local, Protección Civil, Xurado, Servizos Médicos ou
calquera dos membros da organización debidamente identificados, será
descualificado.
Todas as reclamación deberán ser dirixidas ao Xuíz Árbitro da Competición nun prazo
máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba en cuestión.
5. Outras consideracións regulamentarias
- Os participantes deberán estar na zona de saída e preparados 10 minutos antes
da proba.
- A cronometraxe realizarase mediante sistema de chips e pode haber varios
puntos de control ao longo da carreira polos cales será obrigatorio pasar para
non ser descualificado.
- O chip deberá ir correctamente colocado e recordamos que é obrigatorio
devolvelo ao finalizar a carreira, en caso de non devolvelo de forma
involuntaria*, poden contactar co teléfono de información da carreira
620294293 ou ben no correo electrónico info@vinaalmirante.com
*A todo aquel que non entregue o chip poderáselle cargar 10 € na mesma
tarxeta na que foi feito o ingreso da inscrición.
- O percorrido transcorre por asfalto e estará perfectamente sinalizado en todo o
seu trazado así como os puntos kilométricos e os avituallamentos.
- Haberá polo menos avituallamento líquido preto dos kilómetros 3 e 7 así como
líquido e sólido na chegada. Así mesmo, poñeranse a disposición dos
corredores contedores suficientes para a recollida dos residuos que son de uso
obrigado.
- Os participantes teñen que competir cos seus propios medios físicos naturais
sen axudas materiais de ningún tipo. Non está permitido o acompañamento na
proba de ningún vehículo axeo á organización. Nin bicicletas, nin patíns ou
persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar
ritmos aos participantes. Do mesmo xeito non se permite a participación de
coches, sillas de nenos, nin correr acompañados destes en ningún intre.
- Prohibido competir acompañados de animais excepto os casos de cans ou
animais guía debidamente acreditados segundo a normativa.
- Deberanse respectar as indicacións da organización e carteleira en todo
momento.
- Non poderán participar corredores con doenzas diagnosticadas que lle impidan
a práctica deportiva. Si así o fan será baixo a súa responsabilidade.
- A organización ten o dereito de modificar calquer punto da carreira para
facilitar o mellor desenvolvemento da mesma.
- O participante ten a obriga de acatar todas as normas do regulamento e o seu
descoñecemento non o exime de cumprilo.
6. Vestiarios e duchas
Estarán sinalizados e con puntos de información.
Situaranse no complexo do Concello de Portas “ Azucreira” ( torre panorámica ) nas
instalación da piscina municipal. Ten amplia zona de aparcadoiro e atópase a 300
metros da adega VIÑA ALMIRANTE, saída e chegada da proba.
7. Aparcamentos
Complexo da AZUCREIRA. Capacidade : 500 coches.
Os aparcamentos estarán sinalizados e haberá puntos de información na entrada para
chegar a eles.
8. Servicio de gardarroupa
Os corredores disporán dun servizo de gardarroupa situado na adega Viña Almirante
S.C.G. preto da zona de saída e meta (lugar onde tamén se recollen os dorsais e os
chips).

9. Premios
CATEGORIA PREMIOS
ESCOLARES
PITUFO
Medallas a todos os participantes
PREBENXAMÍN
BENXAMÍN
ALEVÍN
INFANTIL
CADETE Medallas a todos os participantes
Trofeos aos 3 primeiros/as corredores/XUVENIL as por sexo e categoría
ABSOLUTA
JUNIOR Trofeos para:
- 3 primeiros/as corredores/as por sexo e categoría
- 1º corredor e corredora locáis (Concello de Portas)
- 1º corredor e corredora máis lonxevos da proba
Botella Magnum Albariño PIONERO* para:
- 5 primeiros/as corredores/as por sexo e categoría
- 3 primeiros/as corredores/as locáis (Concello de Portas)
- 3 primeiros/as corredores/as máis lonxevos da proba
Botella Albariño PIONERO* para:
- Todos/as os/as corredores/as da proba
PROMESA
SENIOR
VETERÁN A
VETERÁN B
VETERÁN C
*Premio reservado para corredores maiores de idade (18 anos)
PREMIOS EN METÁLICO DA PROBA ABSOLUTA
Ademáis, tamén se entregarán premios en metálico para os mellores corredores/as da
proba absoluta en base aos seguintes criterios:
CONCEPTO PREMIO
INDIVIDUAL
1º Clasificado masculino 400 €
2º Clasificado masculino 250 €
3º Clasificado masculino 175 €
4º Clasificado masculino 100 €
5º Clasificado masculino 50 €
1ª Clasificada feminina 400 €
2ª Clasificada feminina 250 €
3ª Clasificada feminina 175 €
4ª Clasificada feminina 100 €
5ª Clasificada feminina 50 €
1º Clasificado local (Concello de Portas) 100 €
1ª Clasificada local (Concello de Portas) 100 €
1º Clasificado máis lonxevo 100 €
1ª Clasificada máis lonxeva 100 €
PREMIOS EN METÁLICO DA PROBA ABSOLUTA PARA CLUBES
CONCEPTO PREMIO
CLUBES
Clube con maior número de participantes inscritos na
proba absoluta (maior de 10) 300 €
Clube mellor clasificado* 200 €
Clube que veña dende máis lonxe (mínimo 6
corredores/as e distancia máis de 30km) 100 €
* A clasificación por clubes será establecida a través dos 10 primeiros corredores/as en
cruzar a líña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos
acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 10º
compoñente.
Os equipos poderán ser mixtos.
SÓ SE ADMITIRÁ A PARTICIPACIÓN DE CLUBES FEDERADOS NOS PREMIOS EN
METÁLICO, que terán que remitir o listado dos atletas co selo oficial da Federación
Galega de Atletismo ou no seu defecto da Delegación correspondente ao correo
info@vinaalmirante.com no prazo de inscrición da proba absoluta.
Na confección do clube non poderán entrar atletas pertencentes a outros clubes nin
filiais do mesmo.
Todos os premios en metálico estarán suxeitos as correspondentes retencións legais.
10. Patrocinadores:
A carreira estará patrocinada por as seguintes empresas e entidades:
ABANCA , CORETI , DIAM , TERRAGLAS, SALNESVIN , TELEVISION DO SALNES, GRUPO
RADIO PONTEVEDRA, ALEUTO , CAPSULAS CANALS , e outros por determinar.
E para que surta os efectos oportunos, asina o Director da carreira:
D. José Estévez Pomar.
Portas ( Pontevedra ) a 9 de maio de 2.016
ANEXO CARREIRA MENORES
As carreiras para os menores non estarán controladas por chip (excepto a cadete
xuvenil) e non terán clasificación, levando todo os participantes unha medalla e
avituallamento como mínimo.
Por motivos de seguro de accidentes, o prazo e formalización de inscrición será do
mesmo xeito que a carreira absoluta coa diferenza de que non terán que pagar
inscrición.
Todas as carreiras terán a saída e a chegada no mesmo punto que a proba absoluta, a
carón de Adega Viña Almirante, SCG.
CATEGORIA DISTANCIA
ESCOLARES
PITUFO 100 m
PREBENXAMÍN 500 m
BENXAMÍN
ALEVÍN 1.500 m
INFANTIL
CADETE 2.000 m
XUVENIL