Calendario
Info da proba

Carballo

19/06/2016 10:00 - 12:50
Regulamento VI Carreira Popular 10Km Concello de Carballo

Data: 19 de Xuño.
Hora: Adultos 11:00h.
Lugar: Rúa Gran vía.
Distancia: 10Km homologados.
Organiza: Concello de Carballo.
Inscrición: en ChampionChipNorte.




- - -
Organizador e denominación da proba
O Concello de Carballo organiza o “10K CARBALLO. VI Carreira Popular Concello de Carballo”, proba oficial da Federación Galega de Atletismo (FGA en adiante) cunha distanza homologada de 10.000 metros, e baixo o control técnico do Comité de Xuíces da FGA.
Participantes
No “10K CARBALLO. VI Carreira Popular Concello de Carballo”, pode participar toda persona nada nas datas correspondentes por categoría, esté ou non federada, ate un máximo de 1200(distanza de 10 km, categorías junior, sénior e veteráns), con excepción das limitacións impostas pola regulamentación propia da Federación Galega de Atletismo para a participación de atletas federados de outras Federacións Autonómicas.
Cada participante acude a proba baixo a súa responsabilidade ou a do seu adestrador persoal ca forma física axeitada para realizala e cos controis médicos oportunos e por tanto asume persoalmente e exime á organización calquera incidente ou lesión acaecida por esa causa ou por actitude imprudente e/ou neglixente durante a participación.
Inscricións
As inscricións son personais, intransferibles, e gratuítas supoñendo a aceptación de todo o desposto no presente regulamento e incluíndo o servizo de seguro ó que obrigan os preceptos legais. Non obstante, o organizador poderá establecer o depósito dunha fianza en concepto de aluguer de chip, que será retida no caso de que o participante non devolva o mesmo ó remate da carreira.
Prazo de Inscricións
Admítense ate o día 15 de xuño de 2016 ou ata acadar as 1200 prazas nas categorías Junior, Senior e Veteráns, e as 600 no resto de categorías, respectivamente. As formas e lugares de inscrición son:
- Na web www.championchipnorte.com
- Na web www.carballo.org, no enlace creado ó respecto.
Información sobre a proba e asesoramento para a inscrición
Nas oficiñas do Concello de Carballo “Carballo Deporte” sitas na rúa Corcubión sn e nº teléfono 981702109.
Data
A data de celebración é o domingo día 19 de xuño de 2016.
Recollida de dorsais
Os dorsais e os chips recolleranse na zona habilitada a tal efecto no edicicio do Mercado da Praza do Concello nas seguintes datas e horarios:
- O día 18 de xuño entre as 10:30 h e as 14:00 h e entre as 16:00 h e as 20:00 h.
- O día da carreira entre as 8:45 h.e as 10:45 h ou no seu defecto 30 minutos antes da saída de cada categoría.
É necesaria a presentación do dni, licencia federativa, resgardo de inscrición ou documento similar acreditativo. Esta actuación enténdese como “Pasar Cámara de Chamadas”.
- - -


Regulamento 10K CARBALLO. VI Carreira Popular 10Km Concello de Carballo

Artigo 1: Organizador e denominación da proba. O Concello de Carballo organiza o “10K CARBALLO. VI Carreira Popular Concello de Carballo”, proba oficial da Federación Galega de Atletismo (FGA en adiante) cunha distanza homologada de 10.000 metros, e baixo o control técnico do Comité de Xuíces da FGA.

Artigo 2: Entidades Colaboradoras. Colaboran na organización da proba a FGA, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carballo e as entidades deportivas do Concello de Carballo que desexen formalizar a mesma.

Artigo 3: Participantes . No “10K CARBALLO. VI Carreira Popular Concello de Carballo”, pode participar toda persona nada nas datas correspondentes por categoría, esté ou non federada, ate un máximo de 1200(distanza de 10 km, categorías junior, sénior e veteráns), con excepción das limitacións impostas pola regulamentación propia da Federación Galega de Atletismo para a participación de atletas federados de outras Federacións Autonómicas.

Cada participante acude a proba baixo a súa responsabilidade ou a do seu adestrador persoal ca forma física axeitada para realizala e cos controis médicos oportunos e por tanto asume persoalmente e exime á organización calquera incidente ou lesión acaecida por esa causa ou por actitude imprudente e/ou neglixente durante a participación.

Artigo 4: Inscricións.
As inscricións son personais, intransferibles, e gratuítas supoñendo a aceptación de todo o desposto no presente regulamento e incluíndo o servizo de seguro ó que obrigan os preceptos legais. Non obstante, o organizador poderá establecer o depósito dunha fianza en concepto de aluguer de chip, que será retida no caso de que o participante non devolva o mesmo ó remate da carreira.

Prazo de Inscricións. Admítense ate o día 15 de xuño de 2016 ou ata acadar as 1200 prazas nas categorías Junior, Senior e Veteráns, e as 600 no resto de categorías, respectivamente.
As formas e lugares de inscrición son:
a) Na web www.championchipnorte.com
a) Na web www.carballo.org, no enlace creado ó respecto.
b ) Información sobre a proba e asesoramento para a inscrición: nas oficiñas do Concello de Carballo “Carballo Deporte” sitas na rúa Corcubión sn e nº teléfono 981702109.

Artigo 5: Data, probas, horarios e peche de control. A data de celebración é o domingo día 19 de xuño de 2016.
Celébranse as seguintes probas para diferentes categorías nos seguintes horarios e distanzas:
Categoría Datas de Nacemento Distanza Hora de
Saída
Hora final Tempo
Máx.
Xuvenil, Cadete 1999,2000,2001,2002 3.000 m 10:00h. 10:20h. 20 min.
Infantil, Alevín 2003,2004,2005,2006 1.600 m 10:25h. 10:40h. 15 min.
Junior 1997-1998
10.000m. 11:00h. 12:10 h. 70 min.
Promesa 1996-1994
Senior 19/06/81-1993
Veteráns A 35 a a 40 anos (Do 19/06/81 ó
20/06/75)
Veteráns B 41 a 49 anos (Do 19/06/75 ó
20/06/66)
Veteráns C 50 a 59 anos (Do 19/06/66 ó
20/06/56)
Veteráns D 60anos e máis(19/06/56 e
anteriores)
Benxamín 2007-2008 1.000 m. 12:35h. 12:45h. 10 min.
Pitufo 2009 150 m. 12:50h.
Pitufo 2010 125 m. 12:50h.
Pitufo 2011 100 m. 12:50h.
Pitufo 2012 100 m. 12:50h.
Biberón 2013 50 m. 12:50h.

Artigo 6: Os dorsais e os chips recolleranse na zona habilitada a tal efecto no edicicio do Mercado da Praza do Concello nas seguintes datas e horarios:
O día 18 de xuño entre as 10:30 h e as 14:00 h e entre as 16:00 h e as 20:00 h.
O día da carreira entre as 8:45 h.e as 10:45 h ou no seu defecto 30 minutos antes da saída de cada categoría.
É necesarfia a presentación do dni,licencia federativa, resgardo de inscrición ou documento similar acreditativo. Esta actuación enténdese como “Pasar Cámara de Chamadas”.

Aqueles chips entregados pola organización deberán ser devoltos á mesma á chegada a meta. O incumprimento desta norma acarrea descalificación e non devolución da fianza que se poida establecer no momento da inscrición.

Artigo 7: O dorsal acreditativo deberá levarse en todo momento á altura do peito, e claramente visible na súa totalidade. A participación sin dorsal, con dorsal non oficial, manipulado, ou co dorsal correspondente a outro corredor implica a exclusión inmediata da proba por parte do Control Técnico ou da Organización.

O deportista debe indicar no reverso do dorsal calquera circunstancia a ter en conta en caso de atención médica urxente durante a proba.(alerxia a medicamentos, etc.)

Artigo 8: Nas categorías Alevín, Infantil, Cadete, Xuvenil, Junior, Promesa, Senior e Veteráns o cronometraxe realízase mediante chip, que cada atleta deberá levar colocado correctamente. O chip é intransferible, e calquera irregularidade relacionada co mesmo así como o non ser detectado nos puntos intermedios de control e cronometraxe se os houbera, ou a participación sen chip implica a exclusión inmediata da proba por parte do
Control Técnico ou da Organización.

Artigo 9: O control técnico das carreiras é realizado polo comité galego de xuíces da FGA, sendo O xuíz árbitro a máxima autoridade técnica da proba, o cal supervisará o desenvolvemento desta así como os resultados finais. Así as reclamacións deberán ser feitas verbalmente ó xuíz árbitro, non mais tarde de 30 minutos da comunicación oficial dos resultados.

Artigo 10: O médico da proba, en coordinación co control técnico de carreira poderá descalificar a aquel participante que ó seu xuizo manifeste incapacidade para continuar a proba con seguridade.

Artigo 11: Serán descalificados os participantes que non respeten as indicacións da Policía Local, Protección Civil, Xuíces, Servizos Médicos ou membros da organización debidamente identificados, así como os que non realicen todo o circuito da carreira, non leven o dorsal ou o manipulen, ou falsifiquen datos personales.

Artigo 12: Circuito. No circuito o tráfico estará totalmente pechado ás persoas alleas á proba nos seguintes termos:
dende trinta minutos previos, e durante a celebración da mesma tendo os deportistas o uso exclusivo da vía entre o vehículo de apertura e o de peche, e só os vehículos autorizados poderán seguir a proba. Esta prohibición de vehículos comprende tamén bicicletas, carriños ou outros medios de desprazamento como patíns, etc.

As carreiras realízanse pola calzada de tráfico rodado sen invadir as aceras reservadas para peóns, con excepción dos espazos peonís que se inclúen no circuito. A non observancia desta norma, así como recortar sobre o trazado oficial poderá supoñer a descalificación na proba.

Artigo 12.1: Circuito para categorías Junior, Senior e Veteráns. Cunha distanza de 10 KM, segundo a seguinte folla de ruta: Saída da rúa Gran Vía e meta na rúa Colón pasando en dúas voltas por Gran Vía, Vázquez de Parga, Ánxel Fole, Enrique Sánchez, Ponte da Pedra, Perú, Luis Calvo, Castelao, Alexandre Bóveda, Avda. de Fisterra, Río Anllóns, Río Sil, Río Lérez, Río Miño,Río Anllóns, Fomento, Camiño Novo, Vázquez de Parga, Valle Inclán, Colón e Desiderio Varela con iclusión de punto de avituallamento a altura aproximada do KM 5,2 na rúa Gran Vía.

Artigo 12.2: Circuito para categorías Xuvenil e Cadete. Percorrerán unha distanza de 3 KM dende a Saída ata a chegada completando 3 voltas ó seguinte circuito: Rúa Gran Vía, Doutor Fleming, Valle Inclán, Colón e Desiderio Varela.

Artigo 12.3: Circuito para categorías Infantís e Alevíns.Percorrerán unha distanza de 2 KM en 2 voltas ó seguinte circuito: Rúa Gran Vía, Doutor Fleming, Valle Inclán, Colón e Desiderio Varela.

Artigo 12.4: Circuito para categorías Benxamíns. Percorrerán unha distanza de 800 metros en 2 voltas ó seguinte circuito:, Colón,Desiderio Varela, Rúa Gran Vía, Cervantes.

Artigo 13: Así mesmo establecerase unha zona de quencementos que comprende as seguintes rúas dende 20 minutos previos ó inicio da primeira proba, considerándose tódolos deportistas que incumpran esa delimitación horaria ou espacial usuarios normais da vía (Colón, Cervantes, Desiderio Varela, Gran Vía, Doutor Fleming, Valle Inclán).

Artigo 14: Cando un participante non se atope en condicións de cumplir o tempo máximo previsto dende o inicio da carreira ou o sobrepase, será superado polo vehículo con bandeira verde, que indica o final da zona de competición, e deberá abandonar a vía e en todo caso a partir de ese momento será considerado un usuario normal da vía, debendo cumprir as normas e señais.

Artigo 15: Categorías. Establécense as seguintes categorías subdivididas en masculina e feminina, ca necesidade de que se presente na liña de saída un mínimo de 10 atletas do mesmo sexo por categoría e de 5 no caso dos veteráns para a constitución das mesmas. Os atletas das categorías non constituidas serán asignados á categoría inmediantamente anterior á que lle corresponda.

Categoría Datas de Nacemento Distanza Hora de
Saída
Hora final Tempo
Máx.
Xuvenil, Cadete 1999,2000,2001,2002 3.000 m 10:00h. 10:20h. 20 min.
Infantil, Alevín 2003,2004,2005,2006 1.600 m 10:25h. 10:40h. 15 min.
Junior 1997-1998
10.000m. 11:00h. 12:10 h. 70 min.
Promesa 1996-1994
Senior 19/06/81-1993
Veteráns A 35 a a 40 anos (Do 19/06/81 ó
20/06/75)
Veteráns B 41 a 49 anos (Do 19/06/75 ó
20/06/66)
Veteráns C 50 a 59 anos (Do 19/06/66 ó
20/06/56)
Veteráns D 60anos e máis(19/06/56 e
anteriores)
Benxamín 2007-2008 1.000 m. 12:35h. 12:45h. 10 min.
Pitufo 2009 150 m. 12:50h.
Pitufo 2010 125 m. 12:50h.
Pitufo 2011 100 m. 12:50h.
Pitufo 2012 100 m. 12:50h.
Biberón 2013 50 m. 12:50h.

Artigo 16: Clasificacións.Establécense as seguintes clasificacións:
Clasificación Xeral Absoluta.
Clasificación por Categorías Masculina e Feminina
Clasificación Carballeses.
Clasificación Equipos: Deberán estar compostos por un mínimo de 5 participantes, non existindo límite máximo de compoñentes, clasificando só os catro mellores tempos.
As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non más tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados. Se son desestimadas por este poderase presentar reclamación por escrito e acompañada dun depósito de 60 euros ao Xurado de Apelación.
Artigo 17: Premios e Trofeos. Entreganse trofeos ó 1º, 2º, 3º clasicicados masculino e feminino de cada unha das categorías, excepto pitufos e biberóns.

Tamén se premiará ós seguintes participantes:
1ºcarballés masculino; 1º carballes feminino; Atleta de maior idade; Récord da proba; 1º Equipo clasificado.

Artigo 18: Está prevista a prestación de servizos complementarios como duchas e vestiarios, servizos de fisioterapia, avituallamento de meta e obsequio por rematar a carreira quedando condicionados cada un dos citados neste artigo á súa confirmación previa.

Artigo 19: Tódolos corredores polo feito de inscribirse aceptan a publicación do seu nome e imaxen na clasificación, medios de comunicación e Internet para promoción da proba, e consenten expresamente a cesión dos seus datos para todo o relacionado ca participación na proba ás entidades que a organización encomende os procedementos de inscrición, clasificación, reclamacións, aseguramento dos atletas, etc. indicándose nese momento a forma e lugar para exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición se fora o caso.

Artigo 20: Suspensión da proba. A organización poderá decidir a suspensión da proba con carácter previo ou durante a celebración da mesma por calquera causa que afecte á seguridade na celebración da mesma (alertas por temporal, etc.), non xenerándose dereito algún hacia os inscritos.
Artigo 21: Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de Competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.

Carballo, a 9 de marzo de 2016