Calendario
Info da proba

A Silva

18/06/2016 16:00
Regulamento 12ª CARREIRA POPULAR PEDESTRE -A SILVA 2016

Data: 18 de Xuño.
Hora: Absoluta 19:30h.
Lugar: Campo da Feira, A Silva - Cerceda.
Distancia: 10Km.
Organiza: Club Atlética A Silva e Concello de Cerceda.
Inscrición: en Carreiras Galegas.


Concello de Cerceda. Club: Atlética A Silva. Federación Galega de Atletismo.
12ª CARREIRA POPULAR PEDESTRE -A SILVA 2016-
O clube ATLÉTICA A SILVA, xunto co CONCELLO DE CERCEDA, organizan
o sábado 18 de XUÑO, a partires das 16 horas, a 12ª Carreira Popular Pedestre “A
Silva 2016” con saída e chegada no campo da feira de A Silva (a 9 km de Cerceda e a
17 km de Ordes), discurrindo toda por terreo asfaltado.
REGULAMENTO DA PROBA
1. Poderán participar atletas federados e non federados.
2. CATEGORÍAS DE COMPETICIÓN (feminina e masculina):
-*CHUPETE: nacidos no 2011 e posteriores.
-*PITUFO: nacidos no 2009-2010
-BENXAMÍN: nacidos no 2007-2008
-ALEVÍN: nacidos no 2005-2006
-INFANTIL: nacidos no 2003-2004
-CADETE: nacidos no 2001-2002
-XUVENIL: nacidos no 99-2000
-JUNIOR: nacidos no 97-98
-PROMESA: nacidos no 94-95-96
-SENIOR: nacidos do ano 1982 ata a 1993.
-VETERÁNS 1: do 1976 ata o 1981.
-VETERÁNS 2: do 1975 ata o 1967.
-VETERÁNS 3: do 1966 ata o 1957.
-VETERÁNS 4: en 1956 e anteriores.
-DISCAPACITADOS: (correrán na categoría que lle corresponda por idade).
-*AFECCIONAD@S: nacidos no 1997 e anteriores (nesta categoría so poderán correr
atletas non federad@s) *As categorías CHUPETE , PITUFO e AFECCIONAD@S non
son categorías federadas.
3. HORARIOS e DISTANCIAS:
16:00 h (Proba “Velocidade na rúa”) información e inscrición: atleticasilva.blogspot.com
17:00 h CHUPETE (100 metros)
17:10 h PITUFO (300 metros)
17:20 h BENXAMÍN (800 metros). 2 voltas ao campo da feira.
17:40 h ALEVÍN (1200 metros). 3 voltas ao campo da feira.
18:00 h INFANTIL (1800 metros). 1 volta ao circuito mediano.
18:30 h. CADETE – XUVENIL – AFECCIONADOS (2200 metros).
1 volta campo da feira (400 m) + 1 volta ao circuito grande (1800 m).
19:30 h ABSOLUTA - SENIOR-JUNIOR-PROMESA.-VETERANS (10.000 metros).
1 volta ao circuito grande.
20:30 h. ENTREGA DE TROFEOS empezando da categoría chupete en adiante.
4. INSCRIPCIONS CARREIRA:
- Inscricións a través da web www.carreirasgalegas.com. Información en
www.atletismogalego.org e www.fgatletismo.es/santiago.
PREZOS DE INSCRICIÓN
CARREIRAS CATEGORÍAS MENORES DENDE PITUFOS A CADETE
INCLUSIVE:
*Prezo ata o Martes 14 de XUÑO = GRATUITA
*Prezo mércores 15 e 16 de XUNO = 3 €
CARREIRA ABSOLUTA e XUVENIL/AFECCIONADOS:
*Prezo ata o Martes 14 de XUÑO = 5 €
*Prezo mércores 15 e xoves 16 de XUÑO = 7 €
¡Non se admitirán inscricións despois do xoves 16 DE XUÑO!
5. PREMIOS e OBSEQUIOS
Os trofeos non serán acumulativos. Se entregarán:
- Trofeo aos 3 primeiros homes e mulleres da carreira ABSOLUTA.
- Trofeo aos 3 primeiros de cada categoría e sexo.
- Camiseta conmemorativa (debuxo orixinal concurso escolar 2016) aos 400 primeiros
chegados á meta.
- Trofeo ao mellor atleta local (Concello de Cerceda) de cada categoría (sempre e
cando non se clasifiquen entre os 3 primeros da súa categoría).
- Trofeo ao atleta de maior idade, tanto feminino como masculino.
- Bebidas e froita e demáis agasallos (chocolatada), ao término de cada proba.
- Obsequio especial aos primeiros atletas locais masculino e feminino da carreira
ABSOLUTA.
6. SAÍDA - META: Campo da feira de A Silva.
7. DORSAIS: A tódolos participantes facilitaráselle dorsal correspondente a súa
carreira, debendo levarse colocado na parte anterior do corpo de forma visible para a
súa identificación durante o transcurso da proba. O feito de non levalo dará lugar á
descualificación do corredor. A RECOLLIDA do dorsal faráse o mesmo día 18 de xuño,
dende 1 h antes do comezo de cada proba ata media hora antes de cada categoría.
8. CHIP: os atletas, dende cadete, estarán ademais, identificados a través dun chip
integrado no dorsal.
9. CONTROIS: O longo do percorrido, a organización establecerá os controis que
estimen oportunos, os cales poderán ser motivo de descualificación en caso de
incumprimento das normas de competición recollidas nos regulamentos da FGA, RFEA
e IAAF para probas en ruta.
10. Avituallamiento: entregaráse auga no km 5 da carreira absoluta e na meta de todas
as probas.
11. Dado o carácter estrictamente popular, festivo e deportivo desta proba, a
organización agarda de tódolos participantes o mellor espíritu deportivo. Todo o non
recollido no presente regulamento regularase polas normas da FGA e RFEA en vigor
para probas en ruta.
12. O descoñecemento deste regulamento, non exime do seu cumprimento.
13. ANEXO: Percorridos